Inicio Blog Páxina 2040

Vigo quenta motores para a gran manifestación polo clima

Centos de persoas participaron este luns en Vigo nunha protesta para iniciar os actos da Semana de Loita contra o Cambio Climático que organizan colectivos como Fridays For Future-Vigo, Movemento Galego polo Clima, Vigo sen Bombeiros e Vigo Histórico.

Entre as demandas locais, piden ao Concello vigués que revise o plan para construír un túnel baixo a Porta do Sol co fin de peonalizar 200 metros de rúa, para o que o proxecto chegue ao Paseo de Alfonso, pero sen túnel.

O acto central é este venres, cunha manifestación polo clima, ás 20.00 horas que sairá de Vía Norte cara a Porta do Sol.

Localizada en bo estado en Nigrán a menor que desapareceu o pasado xoves en Vigo

Axentes da Garda Civil localizaron este martes á menor de 17 anos de idade que desapareceu en Vigo o pasado xoves, e cuxa familia pedira axuda para localizala, dado que necesita medicación.

Segundo confirmaron fontes do Instituto Armado, a moza foi localizada por efectivos do posto de Baiona-Nigrán á primeira hora da tarde deste martes en Nigrán, e “aparentemente atópase ben”.

Os seus achegados deran a voz de alarma despois de que o pasado xoves saíse cara á academia onde estuda e non regresase ao centro no que vive. A menor, que está tutelada pola Xunta, está en tratamento por problemas psiquiátricos, segundo a súa familia, e non é a primeira vez que se ausenta de forma voluntaria.

Abel Caballero insiste no seu modelo de área metropolitana: “Non pagamos aos de fóra de Vigo”

0

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que “a área metropolitana se retomará cando se poida constituír sen pagar o transporte aos de fóra”, situación que, na súa opinión, terá lugar cando o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, “perda as eleccións (autonómicas)”, que terán lugar en 2020.

Durante unha rolda de prensa celebrada este martes en Vigo, o rexedor volveu a mostrarse contrario ao requirimento que contempla a normativa e que leva a necesaria adhesión ao Plan de Transporte Metropolitano, que ofrece descontos nos traxectos realizados dentro da área.

A ese respecto, Caballero lembrou que a cidade olívica non se sumou ao plan debido a que supuña que o Concello abonase traxectos realizados por persoas non domiciliadas na urbe. “Vigo non paga o transporte dos de fóra“, sentenciou. Neste sentido, acusou a “Feijóo” de “vetar” a área metropolitana ao incluír a adhesión ao plan de transporte como claúsula previa”.

SUSPENSIÓN

Nestes momentos, os tribunais manteñen suspendido o ente supramunicipal de forma cautelar tras a presentación por parte da Xunta dun contencioso.

Por outra banda, como resposta ás críticas do portavoz do Grupo Municipal Popular, Alfonso Marnotes, ao “atraso” no proxecto de alta velocidade que conectará á cidade con Madrid, o rexedor volveu a asegurar que debería iniciarse en 2015 e acusou unha vez máis á exministra de Fomento Ana Pastor de “metelo nun caixón”.

Ademais, puxo en valor que a redacción do estudo hidroxeolóxico do tramo que conecta Vigo e Ourense, que se acha en proceso, se sufrague con “fondos de Adif”.

En que se converteu o edificio da temible PIDE, a policía política de Salazar

Un antigo edificio da PIDE, a Policía política do réxime de Salazar en Portugal, é xa, desde hai uns meses, a sede da eurocidade de Monção e Salvaterra do Miño, para potenciar as relacións entre as dúas localidades fronteirizas.

Símbolo de opressão e repressão durante o Estado Novo, o imóvel onde funcionaram serviços da Polícia Internacional e de Defesa do Estado (PIDE) e que também já foi café assumir-se-á, a partir de agora, como ponto de partida para o reforço de atividades conjuntas entre as duas localidades vizinhas, unidas pelo rio Minho”, asegura o Goberno portugués nun comunicado. O edificio que agora é a sede da eurocidade luso-galaica foi reabilitado en 2012 no ámbito da terceira fase da ecopista do río Miño e foi inaugurado este 1º de maio.

Nesta mesma liña, a Cámara municipal de Monção, tamén cre que esta sede supón “umha etapa no proceso de geminação das dúas localidades vecinhas”. Este proceso de unión comezou en 2015, logo da conmemoración dos 20 anos da ponte internacional que une aos dous municipios transfronteirizos, coa sinatura dun protocolo que formalizou a creación da terceira eurocidade entre o Norte de Portugal e de Galicia.

PONTE INTERNACIONAL

Precisamente, aquela ponte sobre o río Miño foi foi inaugurada o día 29 de marzo de 1995 para potenciar as relacións culturais, sociais, deportivas e o intercambio económico entre as dúas localidades veciñas. Por iso, entre os obxectivos desta nova eurocidade estará o de potenciar a enoloxia e a gastronomia locais, e promover o desenvolvemento do turismo, a través da creación de rutas turísticas conxuntas, como as rutas fluviais, a ecopista Salvaterra/Monção/Valença e fomentar intercambios culturais e deportivos.

A nova eurocidade privilexia tamén o empreendedorismo transfronteirizo, o intercambio deportivo, cultural e educativo,así como partillar equipamentos colectivos, como piscina, biblioteca e museos. Outra das finalidades do acordo prevé a formalización de “candidaturas conxuntas a programas comunitarios de apoio para zonas de fronteira, garantindo proxectos comúns dirixidos para a melloría da calidade de vida das persoas desta rexión transfronteiriza”.

Trátase da segunda eurocidade entre municipios do distrito de Viana do Castelo e de Galicia, despois de Valença e Tui, e a terceira entre o Norte de Portugal e Galicia, tras Chaves e Verin. Alén da sede da eurocidade tamén se restaurará un antigo edificio da Garda Fiscal que servirá de sede da Asociación Transfronteiriza de Educación Ambiental (ATEARAIA).

O Concello de Salceda ameaza con demandar a Telefónica para que retire un poste contra o que chocou un coche

0

O Concello de Salceda de Caselas ameaza con emprender accións xudiciais contra Telefónica para que retire un poste, colocado “sen a pertinente licencia municipal” e nunha curva de pouca visibilidade, despois de que un coche chocase contra el.

Oo goberno local confirma que xa deu traslado ao seu departamento xurídico da situación deste poste situado na estrada Portela-Maceira.

Segundo relata o Concello, o pasado verán, cando xa estaba aprobado un proxecto de mellora para esta vía, Telefónica procedeu a instalar esta nova liña na zona de actuación das obras e “sen a pertinente licencia municipal”.

A administración local deuse conta da existencia do poste cando quixo iniciar os traballos en outubro. Entón, envioulle unha comunicación á empresa para solicitar a súa retirada e incidindo no “perigo” da súa localización, xa que despois do ensanche da estrada o poste quedaba colocado tras unha curva con pouca visibilidade.

Así, como dita petición “non foi atendida”, o Concello tivo que acabar a obra deixando na zona do asfalto mentres “se seguía reiterando a petición” a Telefónica.

Agora, a administración local anuncia que demandará á compañía despois de que un vehículo chocase co poste e a imaxe correse polas redes sociais “facendo responsable ao Concello” polo ocorrido.

Ante este suceso e co obxectivo de evitar que se produza outro accidente, o Consistorio volveu a reforzar a sinalización no lugar e informou da situación ao seu departamento xurídico para que traballe nas accións legais que se poidan levar a cabo.

“Xa noutras ocasións tardouse meses por parte de Telefónica en mover algúns postes en situacións similares, polo que desde o Concello está a buscarse a mellor solución para que isto non volva ocorrer”, conclúe.

Tecnoloxía 5G para adaptar aos estudantes da UVigo ás novas demandas laborais

0

A Universidade de Vigo (UVigo) acollerá desde setembro o curso de Especialista en Tecnoloxías Celulares de Quinta Xeración (5G) para dar resposta á “demanda” deste tipo de perfís rexistrada no mercado laboral, segundo indicou a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira.

En concreto, a formación desenvolverase ao longo de 200 horas en distintos módulos e os interesados poderán cursar distintas etapas ou o curso completo. As persoas que realicen toda a actividade recibirán un título propio da universidade.

A impartición do curso terá lugar na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (ETT) e incluirá un total de 20 prazas. A Universidade de Vigo converterase, deste xeito, na segunda a nivel estatal en ofertar unha especialización en 5G.

Este proxecto enmárcase nun programa formativo da Xunta que forma parte do Plan Galicia 5G da Xunta. O convenio que posibilitará a súa realización foi asinado este mércores en Vigo pola directora da Amtega, o director-xerente de Retegal, Miguel Rodríguez, e o reitor da universidade, Manuel Reigosa.

PERFIL DO ESTUDANTE

Neste contexto, Pereira precisou que o curso está dirixido a estudantes que superasen o 75 por cento dos créditos da súa titulación e a profesionais con tres anos de experiencia. Será impartido por docentes da universidade e expertos internacionais, un modelo educativo que, xunto á formación público-privada, defendeu a directora da Amtega.

Así mesmo, subliñou a importancia de garantir unha “especialización rápida” dos titulados do sector tecnolóxico que, segundo subliñou, ofrece “expectativas de emprego moi importantes” a nivel autonómico e mesmo europeo. Por iso, incidiu na necesidade de adaptar os perfís ás demandas do mercado laboral.

O reitor da universidade, Manuel Reigosa, puxo en valor esta iniciativa, que, tal e como indicou, busca situar a Galicia como “pioneira” na impartición de estudos centrados na tecnoloxía 5G e insistiu na importancia da actualización dos profesionais en relación aos seus coñecementos.curso de Especialista en Tecnoloxías Celulares de Quinta Xeración (5G)

Neste sentido, apostou por unha formación que se desenvolva ao “longo de toda a vida” para evitar que os estudos finalicen tras a obtención dun grao universitario.

O Festival de Cans, entre os catro mellores eventos culturais de Galicia en 2020

0

O Festival de Cans foi seleccionado como un dos eventos culturais mellor valorados de Galicia en 2020, segundo o informe anual da Fundación Contemporánea, unha das entidades culturais de maior prestixio de España.

Esta fundación, que ten a súa sede en Madrid, realiza este informe anual do que denomina ‘principais insignias culturais’, recollendo as opinións dun milleiro de expertos de prestixio no campo cultural en toda España, entre os que están representantes de fundacións, directores de grandes museos, produtores, promotores, xestores culturais e representantes de diferentes administracións.

En Galicia, o Festival de Cans ocupa o cuarto lugar en prestixio e valoración, só por detrás de grandes institucións como a Cidade da Cultura, a feira de industrias culturais Culturgal e o Centro Galego de Arte Contemporánea, de Santiago de Compostela.

Neste cuarto lugar, ademais de Cans, empatan a puntos o Teatro Rosalía de Castro e o Festival S8 de Cinema Periférico da Coruña, xunto co Festival Curtocircuito, de Santiago de Compostela.

Silvia Pérez, profesora da UVigo, galardoada pola súa tese sobre a trata sexual

A socióloga independente e docente universitaria na Universidade de Vigo Silvia Pérez Freire vén de gañar o premio á mellor tese de 2018 sobre violencia de xénero, un galardón concedido polo Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade, pola investigación desenvolvida na USC baixo o título ‘Vitimización da trata sexual: imaxinarios e invisibilización’.

Pérez Freire analiza na súa tese de doutoramento como a prostitución “se constitúe como un sistema global de grandes beneficios económicos no que a trata sexual é unha forma máis de captación de continxentes femininos para a súa retroalimentación”.

De feito, a trata convértese no chivo expiatorio para non afrontar o fenómeno da prostitución e con elo, aspirar a eludir a nosa responsabilidade social co fenómeno: “A trata sexual como mecanismo de ocultación da prostitución implica outra manifestación da violencia de xénero”, afirma Silvia Pérez Freire, que no segundo cuadrimestre do curso conducirá a materia Políticas de xénero e xestión cultural do marco do Máster Universitario en Servizos Culturais impartido pola USC na Facultade de Humanidades do campus de Lugo.

A investigadora aglutina na súa tese de doutoramento, dirixida por José Luis Pintos de Cea Naharro, preto de 70 testemuñas dos denominados observadores de primeira orde, tales como o son institucións públicas, corpos e forzas xurídicas e policiais (garda civís, policías nacionais, fiscais…), Ong´s de acreditada experiencia na materia, expertas, puteros e vítimas.

Estas achegas ofrecen unha cosmovisión da que se extraen os imaxinarios sociais da prostitución e da trata sexual. “O non recoñecemento do dano que produce a prostitución nas mulleres xera un estado de indefensión no que se está enquistando a vitimización, invisibilizándoa”, subliña.

“Neste proceso non hai tránsito para as vítimas de trata sexual: son invisibles ou hipervitimízanse, o que anula o sentido crítico e ético sobre o fenómeno”, conclúe a investigadora, profesora de Socioloxía na Universidade de Vigo desde hai máis dunha década.

Alén do seu cometido como docente universitaria, Silvia Pérez Freire é socióloga independente que imparte tamén formación en xénero para a Escola Galega da Administración Pública, ademais de consultora técnica en investigación social para diversas Universidades e xestora de proxectos socioculturais a través da empresa Rizoma social, da que é socia fundadora e directora.

Rescatan e trasladan a un hospital a dúas mulleres tras envorcar co coche en Mos

0

Dúas mulleres necesitaron axuda para ser rescatadas tras envorcar o coche no que circulaban por Mos. Despois, os servizos médicos encargáronse de trasladalas ao Hospital de Fátima, en Vigo.

Segundo a información do 112 Galicia, ocorreu sobre as 22,00 horas deste luns na A-55 ao seu paso pola parroquia de Tameiga. En concreto, o turismo viaxaba desde Puxeiros en dirección O Porriño.

Sobre esa hora, unha das mulleres implicadas no accidente contactou co 112 para solicitar axuda e explicou que a situación do coche tras a saída da vía era “inestable”, o que “dificultaba o acceso” ata elas.

Por isto mesmo, foi necesaria a intervención dos membros do Servizo Municipal de Emerxencias de Mos, quen viraron con precisión o volante do coche e lograron facilitar a atención das feridas por parte do persoal sanitario.

Para colaborar neste operativo, o 112 pasou o aviso aos bombeiros do Porriño, á Garda Civil de Tráfico e ao servizo de mantemento da vía. Finalmente, as mulleres foron evacuadas ata o Hospital de Fátima de Vigo.

En Marea considera dun “grande cinismo” que Caballero fale de recuperar as dunas de Samil

O pasado martes, anunciábase que o alcalde o PSOE, Abel Caballero, trasladáballe á Ministra de Transición Enerxética e Medio Ambiente unha petición para a rexeneración do areal de Samil, seguindo o exemplo da intervención realizada no Vao no ano 2005, pola que o areal gañaba máis de 3 metros e recuperaba gran parte da flora autóctona.

Pero Rubén Pérez, voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo, vén de lembrar que “o complexo hostaleiro Marina Cíes, autorizado de xeito teimoso por Abel Caballero, está situado en terreos destinados ao Sistema Xeral de Zona Verde Alcabre-Samil, cuxa ficha indica que a ordenación do ámbito determinarase pormenorizadamente no Plan de Rexeneración, no que quedaba claro que a nova adxudicación dunha nova concesión para un uso terciario resultaba totalmente incompatible cos usos que o PXOM vixente naquela altura proxectaba no ámbito”.

Ante estas circunstancias, o grupo municipal da Marea de Vigo considera dun “grande cinismo” que Abel Caballero traslade agora á Ministra a recuperación dun Plan de Rexeneración que el mesmo dinamitou coa licenza do Marina Cíes Beach Club, xa que é evidente que a instalación resultante das obras “nin é provisional, nin é facilmente desmontable. O que se fixo foi demoler unha estrutura existente e executar unha edificación totalmente nova orzamentada naquel momento nun millón cincocentos mil euros”.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed