InicioPolíticaAs dunas do Vao, declaradas Espazo Natural de Interese Local

As dunas do Vao, declaradas Espazo Natural de Interese Local

O Concello de Vigo terá que garantir a conservación das especies e hábitats presentes neste espazo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consello da Xunta aprobou este xoves o Plan de conservación do Espazo natural de interese local do complexo formado polas dunas e o areal do Vao-Baluarte, en Vigo, un instrumento que establecerá o réxime de usos e as actividades que se permiten, así como as limitacións necesarias para garantir a súa conservación.

Con este trámite, do que deu conta o presidente, Alberto Núñez Feijóo, este conxunto convértese no primeiro Espazo Natural de Interese Local declarado de forma definitiva no Concello de Vigo.

Segundo indicou a Xunta, o plan de conservación, redactado pola propia Administración local para un período inicial de seis anos, fixa a normativa e as medidas de xestión necesarias para garantir a conservación dos valores naturais presentes neste espazo, pertencente na súa totalidade ao dominio público marítimo-terrestre.

Deste xeito, o Concello de Vigo terá que garantir a conservación das especies e hábitats presentes neste espazo e, para iso, disporá dunha serie de medidas que se detallan no propio plan e dun financiamento previsto de 815.652,52 euros.

ÚLTIMAS

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...

A Fiscalía pide ano e medio de prisión para un home acusado de acosar con insultos homófobos a un traballador en Vigo

Un home de 39 anos enfróntase a unha petición fiscal de ano e medio...