Inicio Blog Páxina 2041

Abel Caballero reorganiza o goberno de Vigo e cambia ás áreas de catro concelleiros

O novo concelleiro do grupo municipal socialista de Vigo, o avogado Pablo Estévez, que tomou posesión como edil o pasado luns, asumirá as áreas de Participación Cidadá e Festas, segundo confirmou este xoves o alcalde, Abel Caballero.

O rexedor olívico explicou nunha rolda de prensa que Estévez, que entra na Corporación para substituír a Isaura Abelairas (tras a súa elección como deputada do PSdeG no Parlamento galego) terá unha dedicación parcial, xa que “quere seguir no seu traballo”.

Así mesmo, Abel Caballero informou doutros “retoques” no seu equipo e sinalou que Abel Losada manterá as competencias en Cultura e Emprego (mentres que deixa Participación Cidadá). A concelleira María del Carmen Lago, que ata agora tiñas as áreas de Festas e Turismo, mantén Turismo e asume tamén Xuventude e o proxecto ‘Cíes Patrimonio da Humanidade’.

Gorka Gómez deixa as responsabilidades de Xuventude para centrarse na súa outra área, Educación, e no seu labor na Deputación de Pontevedra (na área de Deportes). “Está sobresaturado”, recoñeceu Abel Caballero, quen lembrou a relevancia e consecuencias que a pandemia de COVID tivo no ámbito educativo.

Outra as áreas que maior esforzo fixo nos últimos meses, e que segue cargada de traballo, é a de Benestar Social, por iso a edil Yolanda Díaz encargarase en exclusiva deste ámbito, deixando as súas responsabilidades no proxecto ‘Cíes Patrimonio da Humanidade’. “A dedicación e o tamaño desta área é moi superior á que nunca foi”, explicou o alcalde.

Ciudadanos insta a Abel Caballero a investigar se existen casos como o do ‘enchufe’ da cuñada de Silva en Vigo

0

A agrupación de Ciudadanos en Vigo instou ao alcalde, Abel Caballero, a investigar se existen casos similares ao do ‘enchufe’ da cuñada da presidenta da Deputación, Carmela Silva, no Concello e demandou “que non tente bloquear” investigacións relativas a este tipo de situacións.

Nun comunicado, a formación laranxa defendeu que Abel Caballero debe dar “explicacións públicas a todos os vigueses” e sinalou a necesidade de establecer novos mecanismos de control para evitar que se produzan casos similares no futuro.

A este respecto, afirmou que este tipo de situacións provocan que os cidadáns “sentan afastados das institucións”. Por esta razón, apostaron por que o goberno local leve a cabo “políticas de prevención” co fin de loitar contra estas prácticas xa que, o contrario, sería, ao seu xuízo, “inadmisible”.

En concreto, a Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a Francisco Javier G.O. a 5 anos de prisión e 9 de inhabilitación por colaborar co xerente dunha concesionaria municipal (tamén condenado) co fin de adxudicar a elaboración de enquisas a unha empresa e, deste xeito, pagar un soldo a unha cuñada de Carmela Silva, que, segundo a sentenza, non chegou a elaborar estes informes.

Caballero celebra o recoñecemento da UE ao Vigo Vertical: “É a mellor forma de transformar unha cidade”

“O proxecto Vigo Vertical obtivo unha mención especial da Unión Europea. É o recoñecemento de toda Europa á construción dos ascensores, das escaleiras mecánicas, das ramplas da Gran Vía”, vén de celebrar o alcalde da cidade, Abel Caballero.

Porque este é “o recoñecemento de toda Europa a unha nova forma de entender unha cidade, de entender a modernidade e o transporte urbano. Un recoñecemento que nos enche de orgullo tras competir con cidades de toda Europa”, subliñou.

Gran via
Estatuas dos redeiros da Gran Vía/ Miguel Nuñez

“Estamos facendo unha cidade máis accesible para as persoas con discapacidade, para a xente maior, para as familias con nenos pequenos, papás, mamás (…) Con centos de millóns de euros adicados a estas funcións”, engadiu o rexedor, considerando que esta “é a mellor forma de facer unha cidade e transformar unha cidade”.

“Sentímonos moi orgullosos de que a UE, este territorio enorme de 500 millóns de habitantes, recoñecera a Vigo. É a forma de seguir facendo o Vigo que nos gusta, o Vigo accesible, con estradas amplas, para que todos os vigueses salven a orografía complicada que tiña Vigo, que agora se transforma nunha maneira habitual de transporte cos ascensores”, destacou.

Non obstante, este proxecto de Vigo Vertical non se librou de certa controversia, chegando a crearse a plataforma cidadá Salvemos La Gran Vía contra os posibles efectos negativos destas transformacións, como a tala de árbores ou as consecuncias no comercio local.

En concreto, Vigo foi recoñecida pola Comisión Europea pola súa “arquitectura innovadora nunha difícil tipografía”, e quedou entre as finalistas do premio ‘Ciudad Accesible’. Porque en primeiro lugar quedou a cidade de Breda, nos Países Baixos.

Así son os efectos do furacán Michael en Vigo

Primeiro foi Leslie e agora Michael. Galicia e o norte de Portugal comezaron o outono de xeito brusco coa chegada de dous ciclóns debilitados. O máis potente deles, Leslie, que chegou a fin de semana e pasará á historia da ciencia meteorolóxica xa que stivo varias semanas deambulando polo Atlántico sen un rumbo fixo, gañando e perdendo intensidade.
De feito, os modelos metereolóxicos non eran quen seguir o seu errático comportamento. Se a previsión inclinábase por unha ruta o furacán tomaba outra.  Galicia notou a súa influencia con fortes ventos, choivas torrenciais e grandes ondas. Os efectos de Leslie sumaríanse aos da borrasca explosiva Callum.
Na costa de Lugo os refachos alcanzaron os 141 quilómetros por hora. Tamén as precipitacións deixaron rexistros destacados no oeste da comunidade. En Santa Comba acumuláronse 75 litros por metro cadrado. Tras a mar ha de Leslie chega outra borrasca. Son os restos doutro ciclón, Michael, moito máis debilitado que a primeira. E estas son as imaxes en directo.

Moaña tínguese de amarelo en apoio aos políticos cataláns presos

1

Moaña amenceu este martes con algúns dos seus monumentos ‘vestidos’ con lazos amarelos, o símbolo do independentismo catalán en defensa dos políticos presos tralo referendo do 1 de outubro do pasado ano e a frustrada declaración de independencia.

Entrada da igrexa do Carme de Moaña, con lazos amarelos
Entrada da igrexa do Carme de Moaña, con lazos amarelos / BNG

A estatua en homenaxe aos mariñeiros,a escultura de peixes de Juan Rivas, valos do parque infantil da alameda, a entrada á igrexa parroquial do Carme e outros lugares da localidade.

Os lazos colocáronse a pasada madrugada coincidindo coa Diada, ou “Día Nacional de Cataluña”.

A estatua do Fisgón, cun lazo amarelo / BNG.
A estatua do Fisgón, cun lazo amarelo / BNG.

Detido un home por ameazar de morte e empurrar a súa propia nai

Axentes da Policía Local trasladáronse ás 09:35 horas deste xoves ás proximidades da Travesía de Vigo, onde unha muller de 51 anos que tivera unha forte discusión co seu fillo, requiría os servizos dos Axentes. A muller explicou aos Policías que uns días antes o denunciara por ameazas de morte cara a ela. Arrepentida, posteriormente retirou a denuncia, pero o xoves produciuse outro episodio violento.

Segundo relatou, o seu fillo non durmira en casa e cando chego pola mañá estaba baixo os efectos do alcohol. Ela non quería que entrase nese estado no domicilio, ofrecéndolle como alternativa que durmise no coche.

De camiño ao vehículo, produciuse unha discusión entre ambos, volvendo o seu fillo a ameazala e a empuxala, marchándose seguidamente do lugar ao decatarse da presenza de transeúntes.

A muller manifestou aos policías, que lle acompañaban en todo momento para tranquilizala, o medo que sente pola súa vida. O resto de patrullas en servizo localizaron ao presunto autor do feito nunha rúa próxima, procedendo á súa detención.

Caballero propón un tren de alta velocidade de Porto a Vigo que “tardaría só 35 minutos”

O presidente da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) e alcalde de Vigo, Abel Caballero, propuxo á ANMP a creación dun tren de alta velocidade entre Porto e Vigo para facer desta eurorrexión “unha das grandes áreas industriais de Europa”. “Sería unha revolución”, asegurou.

Estas declaracións realizounas antes de participar na reunión que mantivo este mércores en Vigo o Grupo de Infraestruturas e Cooperación Transfronteiriza da FEMP, xunto a representantes da Deputación de Ourense, a Associação Nacional de Municípios Portugueses (ANMP), e as cámaras municipais de Viseu e Seixal.

Caballero remarcou que Vigo e O Porto son dúas cidades que teñen “altísimo potencial e capacidade industrial, moi elevada poboación e moi importante nivel económico” e “poden constituír unha gran área industrial de Europa”, aínda que para iso requiren de maior unión en infraestruturas.

Neste sentido, lembrou que estas dúas cidades xa están unidas pola autovía, pero manifestou que un tren de alta velocidade que as conecte en 35 minutos “sería unha revolución” e “permitiría conectar en tempos asumibles” Porto, Vigo, Madrid e o resto de Europa.

Segundo indicou, a súa intención é que este proxecto o asuman os gobernos de España e Portugal. “Agora co goberno de España as cousas irán mellor e confío en que o Goberno de Portugal tamén”, apuntou, insistindo en que hai que promover a cooperación transfronteiriza para levar esta área “a ese alto nivel das grandes áreas industriais de Europa”.

Tal e como manifestou, hai un ano a FEMP e ANMP acordaron nunha reunión reforzar a relación entre os municipios españois e portugueses, a partir do que iniciaron unha dinámica de cooperación. Así, arrincaron con cooperación transfronteiriza pero aspiran a que a cooperación sexa total, incluíndo transportes, infraestruturas, turismo e políticas sociais.

Detido o dono dun local en Vigo onde se atoparon 1.500 pastillas, clientes sen máscara e algúns con armas

0

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a un veciño da cidade, de 48 anos de idade e dono dun local de hostalaría da zona de Taboada Leal, como presunto autor dun delito de tráfico de drogas, tras descubrir no establecemento centos de pastillas, máis de medio cento de persoas reunidas, sen máscara, algunhas consumindo drogas e tamén portando armas prohibidas.

Segundo explicaron fontes policiais, a investigación iniciouse a principios de mes, ao ter sospeitas de que podería haber un punto negro de distribución de drogas na zona de Taboada Leal.

Como resultado das pescudas, os axentes detectaron este local que, a partir das 1,00 horas da madrugada, pechaba ao público só en aparencia. Así, durante as vixilancias, comprobouse que seguían chegando clientes máis aló desa hora e que, unha vez na porta, chamaban por teléfono e púñanse diante dunha cámara exterior de seguridade para que os identificasen e permitirlles o acceso.

Unha madrugada, os axentes contabilizaron a entrada de máis de 15 persoas polo que, pasadas as 3,00 horas e, aproveitando a entrada dunha desas persoas, os axentes bloquearon o peche da porta e entraron ao establecemento, nun operativo no que contaron con apoio da Policía Local.

Unha vez no interior, comprobaron que había máis de medio cento de persoas reunidas, sen máscara, moitos deles fumando. Ao cachear aos presentes, a Policía incoou diversas propostas de sanción, por non portar máscara, por consumir drogas e por tenencia de armas prohibidas. Así, os axentes incautáronse de varias navallas, armas de fogo simuladas, un machete, unha bate de béisbol, ou unha chave de puxilato, entre outras armas.

MÁIS DE 1.500 PASTILLAS

Ao rexistrar o interior do almacén do local, os axentes localizaron, ocultas baixo unha escaleira, varias caixas con pastillas (máis de 1.500 comprimidos de metadona, benzodiacepinas e tranquilizantes), así como substancias para a transformación e venda de drogas.

Por outra banda, no local vendíase tabaco de forma irregular, sen dispor de máquina expendedora, e había dispositivos de amplificación de son que carecían dos permisos oportunos.

Por todos estes feitos os axentes detiveron ao dono do establecemento, que foi trasladado a Comisaría, onde se comprobou que lle constan seis antecedentes policiais, algúns deles por feitos similares aos investigados agora.

As dilixencias practicadas e o home detido foron postos a disposición do xulgado de instrución de garda de Vigo.

Dous mortos no centro de Chapela: “Os EPIs que temos son grazas a doazóns e seguen tardando as probas”

O Centro de Atención para Persoas Dependentes (CAPD) de Chapela ten xa máis de 60 infectados por coronavirus. O centro conta cunhas 170 persoas entre traballadores e residentes. Dos infectados, 40 son residentes e máis de 20 traballadores. Ademais, nos últimos días 8 persoas foron hospitalizadas, das que recentemente faleceron dúas.

Os traballadores do centro, xa viñeron advertindo desde o inicio da crise da toma “lenta e mala” de decisións por parte da administración, competencia da Xunta. “Aínda que agora estamos máis protexidos, moitos dos EPIs que nos chegaron foron a través de doazóns de particulares”, sinala un coidador do centro.

As dúas persoas falecidas rondaban os 50 anos. “Non contábamos con ningunha destas mortes”, lamenta unha traballadora. Pese a esta situación, destacan os traballadores o bo estado no que se atopa a terceira planta da residencia, sen ningún contaxiado.

Ante o medo ás baixas laborais pola crise, a administración do centro sí aumentou a plantilla, chegando a traballar os liberados sindicais. “Polo menos agora non sufrimos a carga de traballo que temíamos“, sinala a mesma traballadora. “Penso que a mellora nos servizos e na hixiene foi grazas a presión dos pais a través da alcaldesa”.

Con todo, os traballadores quéixanse da lentitude das probas para a COVID-19. “Hai a quen se lle fixo a proba fai 4 días e aínda non sabemos se é positivo ou non”, manifestan.

Aumentan as denuncias por neglixencias médicas en Pontevedra e empeora a xestión das Urxencias

0

Galicia sitúase como a sexta comunidade autónoma máis denunciada en casos de neglixencia médico-sanitaria, segundo recolle a ‘Memoria 2019’ da Asociación El Defensor del Paciente que tamén alerta da intención da Xunta de “privatizar” a sanidade pública.

Segundo a memoria difundida este luns, recollida por Europa Press, Defensor del Paciente rexistrou en Galicia en 2019 un total de 640 casos denunciados de neglixencias, das que 281 corresponderon á provincia da Coruña; 259 á de Pontevedra; 64 á de Ourense e 36 á de Lugo.

En toda España esta asociación recibiu 13.454 denuncias en 2019, o que supón 881 menos que en 2018, das que 757 foi con resultado de morte, o que implica 53 menos que en 2018.

Os hospitais máis denunciados foron o Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac), seguido do complexo vigués (Chuvi); do de Santiago (CHUS), do de Pontevedra (CHOP) e o de Ourense (CHOU).

O mesmo documento da Asociación El Defensor del Paciente sitúa as urxencias como o servizo ou especialidade máis denunciado en Galicia; seguido das listas de espera; Cirurxía Xeral; Traumatoloxía e Xinecoloxía e Obstetricia.

“Os hospitais andaluces, madrileños e galegos son os que peores servizos de Urxencias teñen por unha xestión deficiente” en España, conclúe na citada asociación na súa ‘Memoria 2019’, na que o CHUS se sitúa en sexto lugar e o Chuac no décimo. Toda a información en Galicia Confidencial.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed