Inicio Blog Páxina 2042

Homenaxe a Cunqueiro na UVigo cun ciclo de charlas no 40 aniversario do seu falecemento

A Universidade de Vigo (UVigo) deu comezo este martes aos actos que organizou para conmemorar o 40 aniversario do falecemento de Álvaro Cunqueiro, os cales arrincaron cun relatorio do escritor e expresidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín.

Na súa intervención neste acto, organizado pola Facultade de Filoloxía e Tradución da UVigo, o académico destacou que “falar de Cunqueiro é falar do caudal principal da literatura galega do século XX”, tras o que a docente e escritora Rexina Veiga puxo en valor “a descomunal dimensión literaria do escritor”.

Posteriormente, o reitor, Manuel Reigosa, remarcou que “as humanidades teñen que xogar un papel fundamental”, pois “o pensamento crítico baséase nas humanidades”. A continuación, parafraseando a Cunqueiro, desexou “1.000 primaveras máis para Galicia, para o galego e para as filoloxías galega e española na UVigo”.

Para finalizar o acto deste martes, proxectouse un documental sobre a obra do autor lucense, dirixido polo docente da UVigo Manuel Forcadela, aínda que non foi posible, debido ao covid, estrear en Europa a musicación de dúas dos seus poemas.

Este evento enmárcase nun ciclo de charlas sobre Cunqueiro que se celebrarán ata este xoves e que poderán seguirse en directo a través de UVigoTV. Ademais, levará a cabo a presentación do libro ‘Escolma de poesía anosada de A.C. co adaxo do seu cuadraxéximo cabodano”, editado por Xosé Henrique Costas.

Finalmente, organizouse o concurso Concita Cunqueiro, polo que mozos de entre 15 e 30 anos poderán presentar ata o 15 de marzo unha cita de calquera obra de Álvaro Cunqueiro. Os tres mellores recibirán premios de 300, 200 e 100 euros.

Zona Franca de Vigo e Asime promocionan a feira Mindtech, á que dotan con 100.000 euros

A Zona Franca de Vigo e a Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (Asime) asinaron este venres un convenio de colaboración para a promoción e impulso da feira Mindtech, que este ano, entre o 10 e 12 de setembro, celebrará no Instituto Feiral da cidade a súa primeira edición.

A través deste acordo, o organismo estatal compromete unha achega máxima de 100.000 euros para as dúas primeiras edicións do certame (2019 e 2021), que servirán para axudar na difusión do evento, captación de expositores ou facilitar cooperación técnica, segundo explicou o delegado do Estado na Zona Franca, David Regades.

Precisamente, Regades aproveitou a presentación deste convenio para expresar novamente a necesidade de que o organismo estea presente na dirección do Instituto Feiral, nunha etapa na que fai unha aposta decidida polos certames como Mindtech, que son “xanelas para o crecemento económico” de Vigo e de Galicia.

Esta feira, organizada por Asime, pretende converterse nun “referente do Polo Ibérico” no ámbito da industria e das novas tecnoloxías. Así, o secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, sinalou que reunirá en Vigo a máis de 200 expositores, con presenza de países como México, Israel ou Alemaña, que mostrarán os seus produtos e o seu traballo en áreas como a fabricación de automoción ou aeronáutica, os compoñentes, ou as aplicacións tecnolóxicas para estas industrias.

O presidente do pleno de Zona Franca e alcalde de Vigo, Abel Caballero, subliñou que este acordo é mostra da “nova dinamización da economía” desde o ámbito da industria, e da “nova andaina” de Zona Franca na cidade olívica.

Varios profesores da ESAD son chamados a declarar como investigados por acoso sexual

O Xulgado de Instrución número catro de Vigo chamou a declarar en calidade de investigados por supostos delitos de acoso sexual a varios profesores da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD), con sede na cidade olívica.

A investigación xudicial partiu das denuncias de varias alumnas do centro educativo. A partir destes acontecementos, estudantes e profesoras iniciaron a principios de 2020 un calendario de protestas e paros para denunciar a situación.

OS ABUSOS “NON FORON EPISODIOS PUNTUAIS”

Naquel momento, unha das profesoras que apoiou ás estudantes asegurou que estes supostos abusos “non foron episodios puntuais”, xa que tamén exalumnas confirmaron “comportamentos que exceden meros comentarios” e supoñen “violencia contra as mulleres”.

Unha gran marcha entre Vigo e Pontevedra contra a leucemia

A 10ª Marcha solidaria ‘700 camisetas contra a leucemia’, na que se inscribiron 900 persoas, parte este domingo desde Vigo ata Pontevedra “coa intención de sensibilizar á poboación sobre a necesidade de que se formalicen novos rexistros de doantes de medula ósea non emparentados e unidades de sangue do cordón umbilical”.

A saída, desde o Centro Comercial A Laxe da cidade olívica, será ás 09:00 horas para os camiñantes e ás 10,00 horas para os corredores e os membros do Discamino e Proxecto Rodando, que un ano máis participarán nesta experiencia solidaria. Así, os participantes percorrerán os 36 quilómetros que separan a Vigo da capital da provincia a través do Camiño de Santiago.

“Esta edición ten como obxectivo asentar esta iniciativa na nosa sociedade, dando así valor á acción altruísta e solidaria de moitas persoas que son ou serán doantes e que regalarán vida aos que nos necesiten para recibir un transplante”, subliñou David Gil, o presidente da Asociación Frangil contra a leucemia, promotora desta marcha solidaria.

Como novidades para esta edición, e coa intención de que poidan participar máis persoas, sexa cal for a súa condición física, pódese realizar a marcha completa ou ben facela desde Arcade. Tamén haberá unha “Saída Pelona” a cinco quilómetros de Pontevedra, indicada para familias e nenos oncolóxicos.

Este é o nivel de irresponsabilidade co que se enfrontan os rastreadores de coronavirus

1

Un enfermeiro da Comunidade de Madrid publicou un fío na rede social de Twitter que levantou a indignación polas respostas que as persoas en corentena e obrigadas a estar en illamento ofrecen a este sanitario que atende a sospeitosos e persoa que deron positivo en coronavirus.

Gente así me encuentro todos los días, y gente de todas las edades. Y, sinceramente, ya no acepto las disculpas, ya no entiendo los comportamientos. No se puede confiar en la responsabilidad individual de nadie y los profesionales estamos MUY quemados.

— Dani. (@daniofsuburbia) July 29, 2020

O bar

Buenas tardes, te llamo del centro de salud para informarte del resultado de la PCR.
– Sí, dime.
– Mira, el resultado es positivo. ¿Has estado haciendo el aislamiento como comentamos?
– Sí… bueno, el otro día estuve en la inauguración de un bar, ¿tengo que avisar a alguien?

— Dani. (@daniofsuburbia) July 29, 2020

A discoteca

Viene otra persona a hacerse una PCR por sintomatología compatible con COVID:
– Bueno, y cuéntame, ¿has estado en contacto con alguien positivo?
– No te voy a mentir, he estado en una discoteca el fin de semana. Lo siento mucho, la verdad.

— Dani. (@daniofsuburbia) July 29, 2020

As vacacións

Otra persona a la que se le realiza PCR:
– Oye, ¿el resultado cuándo me lo dan, que me voy ahora al pueblo?
– Mire, señora, es que usted no puede salir, ya no de la Comunidad, sino de su casa hasta tener el resultado.
– Huy, sí, claro. Yo me voy a ir y si eso ya me aislo allí.

— Dani. (@daniofsuburbia) July 29, 2020

Os comentarios dos usuarios e usuarias na rede non se fixeron esperar

Piden fondos para reparar o bote tradicional irlandés que fixo o camiño desde Dublín

A Asociación Galega para o Patrimonio Industrial ( Buxa) iniciou unha recollida de fondos para poder reconstruír a embarcación tradicional coa que catro amigos irlandeses viaxaron de Dublín a Santiago en 2014 e que se converteu en símbolo do Camiño Xacobeo por mar.
O bote, chamado Naomh Gobnait, está depositado no Museo do Mar de Galicia en Vigo despois de que varase en Portugal. Será reconstruído coa colaboración da asociación irlandesa Meitheal Mara e serán os propios remeiros os que realicen os traballos, que comezarán en xuño. Os interesados en colaborar na iniciativa, que puxo en marcha Buxa, poden facelo a través dun donativo na súa páxina web www.asociacionbuxa.com.
Os traballos de restauración poderán verse no marco da exposición ‘O camiño por mar’ que poderá visitarse no Museo do Mar do 7 ao 31 de outubro. O bote foi utilizado por un grupo de amigos irlandeses en 2014, que o construíron para emprender o Camiño Xacobeo a remo desde Dublín a Santiago, nunha viaxe de 2.500 quilómetros por mar e que se fixo de forma espaciada durante tres anos.
Tras pasar polas costas inglesas e francesas, o bote bordeou costas españolas, para desembarcar finalmente no porto da Coruña. Desde alí, os tripulantes continuaron a peregrinación a pé ata Santiago de Compostela.
A aventura concluíu con éxito en 2016. Pero un ano máis tarde, os catro amigos decidiron facer un roteiro pola costa galega, que acabou cun fatídico accidente en Caminha, no que falecido un dos tripulantes da embarcación.
 

A Xunta inicia a tramitación ambiental do plan de urbanismo de Vigo

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda iniciou a tramitación ambiental do futuro Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Vigo.

Segundo precisou a Consellería nun comunicado, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático publicou a documentación do proxecto na páxina web de Avaliación Ambiental Estratéxica.

Precisamente, o Concello de Vigo remitiu o Documento Inicial Estratéxico e Borrador do plan e as emendas de documentación sinaladas pola Dirección Xeral de Urbanismo, polo que durante dous meses permanecerá aberto o prazo de consultas previas.

Posteriormente, terá lugar a aprobación inicial do plan de urbanismo por parte do Concello e o seu sometemento a información pública e informe sectorial das administracións públicas afectadas. Precisamente, o goberno local prevé que a aprobación inicial da PXOM se realice no primeiro trimestre de 2021 e, a definitiva, en 2023.

Tras o período de información pública e a integración do seu resultado, o Concello deberá solicitar a emisión da Declaración Ambiental Estratéxica, o que permitirá finalizar o támite ambiental iniciado este luns, antes de realizar a aprobación provisional da PXOM.

LEI DO CHAN DE GALICIA

Adicionalmente, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda lembrou que a Lei do chan de Galicia fixa medidas que permiten axilizar a tramitación de normas urbanísticas, como o informe único e o prazo máximo de tres meses, para o que opera o principio de silencio positivo.

Ademais, remarcou que o urbanismo é competencia municipal, polo que os promotores destas iniciativas deben ser os concellos. Con todo, destacou que o Goberno galego sustenta de modo económico e técnico os traballos destas administracións para iniciar, avanzar e concluír a tramitación dos plans urbanísticos.

Tamén apuntou que, tras a anulación da PXOM de 2008 da cidade olívica por sentenza, a Xunta “traballou para dar unha solución á situación urbanística de Vigo”, para a que incidiu en que a única resposta debe pasar pola aprobación dun novo plan.

Por este motivo, a Consellería lembrou que “tendeu a man” ao goberno local vigués mediante un convenio de colaboración para a redacción do plan que fixa a achega autonómica en máis de 1 millón de euros.

Vídeo: Buenafuente reúne a Led Zeppelin e Caballero para cantar por máis luces de Nadal

Desde logo en Movistar + non escatiman no que respecta ás parodias de Caballero, como pode verse nestes dous vídeos que republicaron vía Twitter os de Late Motiv, o coñecido programa de Buenafuente, incombustíbel cómico e presentador.

Velaquí un dos momentos álxidos do derradeiro programa: o imitador do rexedor olívico interpreta ‘Stairway to heaven’ coa súa banda de cabeceira. Por suposto, falamos de Led Zeppelin.

El alcalde de Vigo está que se sale.#LateMotiv pic.twitter.com/7v36bjgXrX

— Late Motiv en Movistar+ (@LateMotivCero) 14 de febrero de 2019

E se querías caldo toma dúas tazas:

Xunta e Norte de Portugal piden manter abertos os máximos pasos posibles na fronteira

0

Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal solicita que se teñan en conta as peculiaridades das áreas transfronteirizas e se manteñan abertos os máximos pasos posibles, para amortecer os efectos do peche de fronteiras emprendido polo país luso para conter a pandemia.

O obxectivo é tentar paliar ou “limitar no posible o impacto negativo” que poida ter tanto na economía “como na vida cotiá” dos habitantes da ‘raia’, para que non se repita a situación creada o pasado ano que obrigou a traballadores a realizar grandes desprazamentos debido aos poucos puntos de cruzamento permitidos.

Advertiron de que manter estes puntos en Verín e o de Salvaterra suporá “volver ao peor momento” do pasado ano e podería ocasionar, de novo, “obstáculos na circulación” e problemas para estes traballadores transfronteirizos.

Detido en Vigo por agredir sexualmente a unha muller que se atopou mal tras unha copa

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a un veciño da cidade, de 36 anos de idade e de nacionalidade dominicana, como presunto autor dun delito de agresión sexual cara a unha muller, á que levou ao seu domicilio co pretexto de axudala, porque ela se atopaba mareada despois de tomarse unha copa.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos tiveron lugar a principios do pasado mes de marzo, e as pescudas foron asumidas polo grupo UFAM da Brigada de Policía Xudicial, que realizaron unha complexa investigación para dar co suposto autor da agresión.

A vítima relatou á Policía que se atopaba de madrugada nun local de copas da rúa Churruca cando, despois de tomarse unha bebida que lle ofreceu un home, empezou a atoparse mareada e saíu do establecemento para coller aire e tentar recuperarse.

Neses momentos achegóuselle outro home que se ofreceu a axudala e díxolle que podía ir á súa casa, que se atopaba preto. A pesar de que a muller respondeu que só quería tomar un taxi, este home insistiu en acompañala cara á rúa Urzáiz e, en lugar de levala a unha parada de taxis, aproveitando que se atopaba mal, acabouna levando ao seu domicilio, onde abusou dela.

Ao día seguinte, o sospeitoso díxolle que tiña que irse, porque debía ir traballar, e a moza foise a casa dun amigo, ao que lle relatou o que ocorrera, a pesar de que non lembraba demasiado ben os feitos. Por indicación do seu amigo, a muller trasladouse a un centro médico para facerse un recoñecemento e, posteriormente, presentou denuncia na Policía.

No transcurso da investigación destes feitos, os axentes lograron localizar un número de teléfono que podería ter relación co autor da agresión, aínda que comprobaron que o titular do cartón non era o sospeitoso (senón que este sospeitoso estaba a usar ese cartón telefónico a nome doutra persoa).

Esta pista permitiu á Policía acoutar as pescudas e, finalmente, identificou a un home como sospeitoso dos feitos denunciados. A vítima identificouno, polo que foi detido. Unha vez en Comisaría, os axentes comprobaron que o detido ten varios antecedentes policiais. O arrestado e as dilixencias practicadas foron postos a disposición do xulgado de instrución 4 de Vigo.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed