InicioMovementos SociaisCC.OO acusa á patronal de enxeñería de abusar dos seus bolseiros, e...

CC.OO acusa á patronal de enxeñería de abusar dos seus bolseiros, e convoca unha concentración en Vigo

Convocaron unha concentración en Vigo o 5 de febreiro.

PUBLICADO O

“TECNIBERIA, asociación patronal estatal do sector de enxeñería, pretende un sector sen convenio colectivo, un feito contrastado e publicado por TECNIBERIA na súa páxina web”, denuncian desde Comisións Obreiras.

“Trátase dun convenio de por si desfasado e precario en aspectos fundamentais: Salarios baixos e conxelados desde 2014, desregulación e abuso de bolseiros cobrando 600€, enxeñeiros e técnicos de FP traballando polo salario mínimo, categorías profesionais obsoletas, mobilidade xeográfica conxelada ou non regulada… “, enumeran.

“Queremos un convenio que garanta condicións de traballo dignas e salarios axustados ó mercado, acordes coa formación dos profesionais do sector (principalmente enxeñeiros e técnicos de formación profesional), remunerando o alto valor engadido que aportamos nas nosas empresas co noso traballo. Só queda a resposta sindical”, aseguran.

“Iniciamos un proceso de mobilización que comeza con concentracións a nivel estatal de delegados e delegadas, ás que están invitados a participar todo traballador ou traballadora do sector que por circunstancias laborais poida asistir. En Galicia a concentración terá lugar o 5 de febreiro de 12:00 a 13:00, en fronte a Ageinco, patronal galega de enxeñerías, sita en Vigo na calle progreso, 36”, selaron.

ÚLTIMAS

Sanidade non garante os salarios do persoal de ambulancias e realizará unha intervención pública da empresa

Altos cargos da Consellería, Sergas e 061 con representación do comité de folga da...

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...