InicioSociedade"A indiferenza tamén é violencia": Vigo sae á rúa baixo a choiva...

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas concentráronse na Praza América convocadas por Os Ninguéns para denunciar a aporofobia, os discursos de odio e a falta de respostas das administracións ante o sinhogarismo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e a “indiferenza” das administracións públicas ante a situación das persoas sen fogar na cidade. A mobilización, convocada polo Foro Socioeducativo Os Ninguéns, celebrouse na Praza América a partir das 18.30 horas, co obxectivo de denunciar a exclusión social e reclamar unha resposta institucional aos problemas que afrontan as persoas máis vulnerables.

Baixo a forte choiva que caía sobre a cidade olívica, as persoas manifestantes berraron consignas como “Non soportamos a vosa aporofobia” ou “A indiferenza tamén é violencia”. No manifesto lido durante a protesta, a organización puxo o foco nos discursos de odio e de exclusión social dirixidos contra as persoas empobrecidas e sen fogar, e denunciou tamén a existencia de violencia institucional. Neste sentido, os convocantes subliñaron que ofrecer unhas noites nun albergue público non supón solucionar o problema das persoas que carecen dunha vivenda, e insistiron en que estas persoas non “elixen” vivir nesa situación.

PREOCUPACIÓN POLAS AGRESIÓNS A PERSOAS SEN FOGAR

Durante a concentración tamén se fixo referencia aos numerosos actos de violencia contra persoas sen fogar rexistrados nos últimos meses, unha situación que, segundo os manifestantes, “preocupa enormemente”. Os convocantes sinalaron que se trata de actos “individuais” cuxos responsables son as persoas que os cometen, polo que reclamaron que os tribunais os condenen.

Con todo, advertiron de que estas agresións se producen nun contexto social no que “determinados discursos” fomentan “o odio e a deshumanización” das persoas sen fogar. Por iso, a protesta serviu tamén para cuestionar a resposta das administracións públicas e reclamar unha maior atención á exclusión social e ás condicións de vida das persoas que se atopan na rúa.

ÚLTIMAS

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...

Rede de Mulleres manifestarase o 25N en Vigo: “Estamos a sufrir un retroceso que non podemos permitir”

A Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo mobilizarase o vindeiro...