InicioDeportesZona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un "pulmón verde"...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial de Balaídos, que incluirá un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados que se converterá na cuarta zona verde máis grande da cidade.

Nun comunicado, o organismo estatal informou de que remitiu á Xunta este venres o plan estruturante de ordenación do solo empresarial (Peose), que é o instrumento de ordenación urbanística co que se planificará a ampliación do ámbito de 244.422 metros cadrados.

Así, o proxecto contempla un novo espazo empresarial duns 110.000 metros cadrados co que se pretende fortalecer o HUB da automoción para seguir impulsando o emprego tecnolóxico. “Trátase dun gran proxecto de cidade no que estamos a cumprir as nosas expectativas, tanto en dotacións, equipamentos e sinerxías cos veciños, aos que lles agradecemos as súas achegas no diálogo destes meses”, reivindicou o delegado do Estado, David Regades.

Precisamente, Zona Franca subliñou que o Peose recolle “o 100%” das achegas veciñais, entre elas unha gran cuberta vexetal para mellorar a transición coa zona urbana e residencial próxima ao polígono.  Esta contará con parques infantís, espazos para persoas maiores e contornas naturais para o desfrute da cidadanía. Ademais, porase en valor o patrimonio arqueolóxico, xa que nese ámbito está o petróglifo de Redondelo, ademais de hórreos e o lavadoiro de Matamá.

ÚLTIMAS

Rede de Mulleres manifestarase o 25N en Vigo: “Estamos a sufrir un retroceso que non podemos permitir”

A Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo mobilizarase o vindeiro...

Stellantis Vigo inicia a produción en serie da nova versión das súas furgonetas compactas

Stellantis Vigo comezou a produción en serie da nova versión Smart Compact Van dos...

“Vigo ten unha oportunidade”: Louzán abre a porta ao Mundial de 2030 e anuncia unha visita a Balaídos

O presidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), Rafael Louzán, destacou este xoves...

Nova resposta da Xunta a Caballero polo Mundial de 2030: “Mantemos a mesma postura desde hai tempo”

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, insistiu en que a Xunta...