InicioDeportesNova resposta da Xunta a Caballero polo Mundial de 2030: "Mantemos a...

Nova resposta da Xunta a Caballero polo Mundial de 2030: “Mantemos a mesma postura desde hai tempo”

Diego Calvo defende o apoio autonómico a Vigo e xustifica que non se celebre este venres a reunión proposta polo alcalde por coincidir coa campaña electoral.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, insistiu en que a Xunta apoiará Vigo para ser sede do Mundial de Fútbol 2030: “Mantemos a mesma postura desde hai tempo”. Así o sinalou despois de ser preguntado sobre se se reuniría co alcalde da cidade olívica, Abel Caballero, logo de que o rexedor propuxese un encontro este venres, que foi rexeitado polo Goberno autonómico e pola Deputación de Pontevedra ao estar en plena campaña electoral.

Calvo lembrou que xa en 2022 a Xunta anunciou que apoiaría as cidades que fosen elixidas pola FIFA para ser sedes mundialistas, polo que o Executivo galego “vai estar aí”. Preguntado polo cambio de postura de Caballero, que nas últimas horas se amosou aberto a que o Goberno central financie parte das obras necesarias para que Balaídos poida acoller partidos do Mundial, Calvo vinculouno a que o rexedor prevé a derrota electoral de Pedro Sánchez. Con todo, dixo que a Xunta mantén a súa proposta de que o financiamento parta das catro administracións: Goberno, Xunta, Deputación e Concello.

ÚLTIMAS

“Non pode ser que sufran un dano importante”: Caballero esixe compensacións xustas para aos afectados polo Ofimático

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu expresar este xoves o seu apoio aos...

“Que asinen mañá”: Caballero desafía a Rueda e á Deputación polo Mundial de Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este xoves en que nin a Xunta...

Media ducia de detidos e diversas drogas intervidas en só dúas semanas, en operativos contra o ‘menudeo’ en Vigo

A Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detivo seis persoas en cinco operacións contra...

Morre Xosé Luís Méndez Ferrín, o escritor político que levaba a Vigo e Ourense no corazón

Primeiro Beiras e agora Ferrín. A cultura galega perde unha das súas figuras máis...