InicioSociedade"Non pode ser que sufran un dano importante": Caballero esixe compensacións xustas...

“Non pode ser que sufran un dano importante”: Caballero esixe compensacións xustas para aos afectados polo Ofimático

O alcalde de Vigo reclama á Xunta un acordo cos propietarios dos terreos afectados polo PIA de Lavadores e pide garantir o realoxo das familias que teñan que abandonar as súas vivendas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu expresar este xoves o seu apoio aos veciños afectados polo PIA de Lavadores (ámbito Ofimático) e sinalou que responsables de Urbanismo mantiveron unha reunión con eles.

Nas declaracións remitidas polo PSOE de Vigo, Caballero insistiu en que o goberno local defende que os afectados e a Xunta “pacten unha compensación pola expropiación dos seus terreos que sexa xusta e axeitada”. “Pero tamén queremos que se garantan os realoxos das familias”, engadiu.

“Porque o que non pode ser é que aquelas cuestións que teñen interese común e global, e isto é significativo, supoñan un dano importante para os propietarios deses terreos”, proclamou, e reiterou que os afectados deben ser tratados “de acordo co valor da súa propiedade e co que significa que teñan que deixar ben o espazo ou, nalgúns casos, a súa vivenda”.

ÚLTIMAS

“Que asinen mañá”: Caballero desafía a Rueda e á Deputación polo Mundial de Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este xoves en que nin a Xunta...

Media ducia de detidos e diversas drogas intervidas en só dúas semanas, en operativos contra o ‘menudeo’ en Vigo

A Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detivo seis persoas en cinco operacións contra...

Morre Xosé Luís Méndez Ferrín, o escritor político que levaba a Vigo e Ourense no corazón

Primeiro Beiras e agora Ferrín. A cultura galega perde unha das súas figuras máis...

‘Eterno 10’: así se chama a escultura de Iago Aspas que se instalará xunto ao estadio de Balaídos

Hai futbolistas que transcenden os resultados dun partido, os títulos e as estatísticas para...