InicioMedio Ambiente e PatrimonioAbel Caballero: "Sen o alcalde de Vigo, xamais haberá candidatura de Illas...

Abel Caballero: “Sen o alcalde de Vigo, xamais haberá candidatura de Illas Atlánticas a Patrimonio da Humanidade”

PUBLICADO O

- Advertisement -

Abel Caballero, proclamou este venres que “sen o alcalde de Vigo xamais haberá candidatura de Illas Atlánticas a Patrimonio da Humanidade“, porque esta candidatura, impulsada pola Xunta, non conta co consenso nin de Vigo nin doutros municipios afectados, como Bueu e, por tanto, está “fracasada estrepitosamente”.

Así o trasladou o rexedor olívico nunha rolda de prensa na que, un día máis, volveu a denunciar o intento do goberno autonómico de “frear” a candidatura que promove o Concello (e que pide a declaración de Patrimonio da Humanidade só para as illas Cíes).

Abel Caballero lembrou de novo que a candidatura da Xunta foi feita “contra Vigo, contra o alcalde de Vigo, contra Bueu e contra os veciños de Ons, e contra a candidatura de Cíes”, porque non foi consultada con ninguén dos directamente afectados.

A ese respecto, incidiu en que o goberno vigués iniciou o traballo da súa iniciativa en 2013, mentres que a Xunta presentou a súa candidatura en 2017, “manobrando torticeiramente”, nun exemplo de “abuso político”, e todo para prexudicar á proposta viguesa.

Segundo recalcou o alcalde, xa non é só que non se acordou dita candidatura, é que “non cumpre” cos requisitos que impón a Unesco. “Sen o alcalde de Vigo hamás haberá esa candidatura, a única que pode triunfar é a de Cíes”, proclamou Caballero, que pediu ao goberno de Feijóo que retire a súa proposta. Ademais, o primeiro edil vigués denunciou que, a pesar de non cumprir os requisitos, a Xunta presentou a súa proposta “enganando ao Ministerio de Cultura e 16 Comunidades Autónomas”, e repetiu que esa candidatura está “fracasada estrepitosamente”.

ÚLTIMAS

UXT ve “desproporcionada” a sanción a unha vixiante do Cunqueiro de Vigo por darlle unha labazada a un paciente agresivo

A Federación de Servizos, Mobilidade e Consumo de UXT (FeSMC-UXT) cualificou como "desproporcionada" a...

Alertan do aumento dos discursos de odio cara as persoas sen fogar en Vigo

A Fundación Érguete-Integración alertou este venres do aumento da aporofobia en Vigo e reclamou...

SOS Sanidade Pública pide unha unidade de Grandes Queimados en Vigo “referente” para todo o sur de Galicia

SOS Sanidade Pública reclamou a creación dunha unidade de Grandes Queimados en Vigo que...

Municións, 20 quilos de haxix e máis de medio millón na desarticulación dunha banda criminal en Vigo e Ponteareas

A Policía Nacional desartellou unha rede de tráfico de drogas nun operativo con 6...