Salvemos La Gran Vía de Vigo: “Hai rúas de Vigo onde o saneamento deixa que desexar, e eses vigueses tamén pagan impostos”

Concentracion Gran Via
Protesta na Gran Via/Miguel Nuñez

Cidadáns vigueses, agrupados na plataforma Salvemos la Gran Vía de Vigo, concentráronse este xoves ao pé da estatua dos redeiros en contra da posible obra futura das ramplas de Gran Vía, que en calquera caso tardará en acometerse trala negativa de Patrimonio a este proxecto do Concello de Vigo.

Non hai vigueses de primeira e de segunda. Hai rúas de Vigo onde o saneamento deixa que desear, e eses cidadáns tamén pagan impostos“, denuncia Ana García Román, voceira de Salvemos la Gran Vía de Vigo. Xa denunciara para este medio que o principal beneficiado pola rampla sería “un centro comercial privado, El Corte Inglés, en detrimento dos pequenos comercios da contorna”.

“A estatua dos redeiros, que queren eliminar para a obra, é unha alegoría da nosa xente do mar. E nin sequera dirixíronse persoalmente ao seu creador, Ramón Conde, para comunicarlle que ían cambiar o seu emplazamiento“, destaca Ana, mentres engade que “se o pobo máis pequeno de Pontevedra respecta o ditame de Patrimonio, por que non o vai facer Vigo, por ser máis grande?

Recoñece o relativo fracaso da xornada de hoxe xoves, a pesar da tranquilidade que lles proporciounou coñecer a postura de Patrimonio: “Un día porque fai calor, outro que chove, outro por Rajoy ou o que sexa, tras reunir case 5.000 firmas e unha plataforma con miles de membros, e concentrámonos tan poucos. Hai mouto activista de ordenador“.

No futuro, pensan en facer quedadas para informar aos vigueses, “que aínda non están enterados do que pode ocorrer na Gran Vía”, subliña. De tódolos xeito, García Román recoñece que están a tomalo con máis calma dende que Patrimonio freou o inicio das obras, que suporían eliminar a estatua dos redeiros, talar e trasplantar multitude de árbores e crear a devandita rampla.

 

Concentracion na Gran Via
Concentracion na Gran Via/Miguel Nuñez

A Ana e seus compañeiros recibiunos xa o PP e Marea de Vigo, tamén falaron con López-Chaves, delegado da Xunta en Vigo. Iso si, solicitaron unha xuntanza co alcalde da cidade, Abel Caballero, así como poder participar no pleno deste pasado mércores, e non recibiron resposta algunha.

“E si recibiron a outros que solicitaran máis tarde a súa participación”, denuncia García Román. “En Localia fartouse a dicir que o informe de Patrimonio non era vinculante, pero hai edificios catalogados á marxe esquerda e dereita dos redeiros, que son intocables. Patrimonio é un organismo que depende da Xunta, si, pero son técnicos profesionais, pola defensa do patrimonio cultural e arquitectónico”, subliña.

E engade: “Traballan para manter as cidades, que non chegue o alcalde de turno e decida tirar unha construción emblemática. Patrimonio negoulle xa o proxecto ao alcalde de Vigo, así que somos optimistas porque non pode empezar a obra, e ten dúas semanas para cambiar o seu proxecto”.

“El di que podemos perder os fondos europeos, pero ata o 2021 temos de prazo para utilizalos nesta ou outra iniciativa. Uns fondos que serían para a obra simplemente, no seu 80%, o mantemento corre a costa nosa, dos traballadores e traballadoras de Vigo, cos seus impostos“, conclúe.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here