InicioMovementos Sociais"Estamos desesperados", veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que "cumpra a...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

PUBLICADO O

- Advertisement -

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria (Sareb) que “cumpla a sentenza” e arranxe os seus pisos: “Estamos desesperados”.  Así o sinalaron este venres ante os medios de comunicación, ao pedir unha solución á situación que viven desde hai anos, con graves problemas nas súas vivendas sen que o propietario destas, a Sareb, os resolva, malia que seguen pagando mensualmente o alugueiro.

Tal como explicaron, existe unha sentenza firme do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que obrigou a Sareb a arranxar as 42 vivendas da rúa, ao desbotar a intención do “banco malo” de declarálas en ruína.  Con todo, tres anos despois, as obras aínda non comezaron e xa só quedan seis familias, con outras 36 vivendas baleiras que foron tapiadas.

É o caso de Carmela Guntín, de 90 anos, que recoñece que leva máis de 50 anos vivindo nun dos pisos e “non se vai ir”. Ela loita para que a Sareb arranxe o tellado do seu inmoble, xa que no seu fogar sofre grandes humidades que o fan inhabitable.  Segundo explicou, cada día vai durmir á casa dun familiar por medo a que pola noite se lle caia o teito enriba. Malia iso, quere resistir alí, xa que é a súa casa desde 1969.

“NON ESTAMOS DISPOSTOS A QUE NOS PISEN”

Ela e o seu veciño Mariano Iglesias pediron axuda ás administracións, solicitándolle ao Concello de Vigo e á Xunta que “non miren para outro lado” e atendan as súas necesidades, para que lle esixan á Sareb (da que o Estado posúe máis dun 50% do capital) que cumpra a sentenza.  Ambos amosaron o seu rexeitamento á suposta intención da Sareb de conseguir que saian das súas casas para crear alí novos pisos “e vendérllos sabe Deus a quen”.

Neste sentido, Iglesias dixo que, aínda que pasen a disposición de Casa 47 (entidade estatal de vivenda), sairían ao mercado con uns alugueiros de quizais 700 euros, calculou. “Que política social é poñer alugueiros a 700 euros?”, dixo, ao referirse, sen nomealo, aos prezos doutros pisos postos no mercado por Casa 47 en Vigo hai poucos meses.

Guntín e Iglesias recoñeceron que si lles ofreceron alternativas habitacionais noutros puntos da cidade, pero rexeitáronas porque consideran que “xogan” con eles e “con toda a cidadanía”. “Non estamos dispostos a que nos pisen”, subliñou, e engadiu que “por esgotamento” lle pediron á Sareb uns 200.000 euros para abandonar os seus pisos.

Na mesma liña falou María Curra, da Plataforma Galega Vivenda XA!, que criticou que a Sareb actúe como un “fondo voitre” ao tentar expulsar os veciños das súas casas. Por iso, animou toda a cidadanía a plantar cara a esta situación e a parar o vindeiro 11 de novembro no marco da folga xeral.

ÚLTIMAS

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cun desfile xigante de personaxes tres horas antes do acendido das luces

O Nadal de Vigo segue sumando novidades e este ano contará cunha colaboración que...

A Xunta pídelle a Caballero que evite “confrontacións estériles” sobre o Mundial

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, enviou unha carta ao alcalde de Vigo, Abel...

Abel Caballero xa pon data ao Nadal de Vigo: 12 millóns de luces, 500 rúas iluminadas e novidades para o gran acendido do 14...

Vigo xa ten data para un dos momentos máis agardados do seu calendario festivo:...