InicioSucesosDetido o dono dun local en Vigo onde se atoparon 1.500 pastillas,...

Detido o dono dun local en Vigo onde se atoparon 1.500 pastillas, clientes sen máscara e algúns con armas

Ocorreu na zona de Taboada Leal.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a un veciño da cidade, de 48 anos de idade e dono dun local de hostalaría da zona de Taboada Leal, como presunto autor dun delito de tráfico de drogas, tras descubrir no establecemento centos de pastillas, máis de medio cento de persoas reunidas, sen máscara, algunhas consumindo drogas e tamén portando armas prohibidas.

Segundo explicaron fontes policiais, a investigación iniciouse a principios de mes, ao ter sospeitas de que podería haber un punto negro de distribución de drogas na zona de Taboada Leal.

Como resultado das pescudas, os axentes detectaron este local que, a partir das 1,00 horas da madrugada, pechaba ao público só en aparencia. Así, durante as vixilancias, comprobouse que seguían chegando clientes máis aló desa hora e que, unha vez na porta, chamaban por teléfono e púñanse diante dunha cámara exterior de seguridade para que os identificasen e permitirlles o acceso.

Unha madrugada, os axentes contabilizaron a entrada de máis de 15 persoas polo que, pasadas as 3,00 horas e, aproveitando a entrada dunha desas persoas, os axentes bloquearon o peche da porta e entraron ao establecemento, nun operativo no que contaron con apoio da Policía Local.

Unha vez no interior, comprobaron que había máis de medio cento de persoas reunidas, sen máscara, moitos deles fumando. Ao cachear aos presentes, a Policía incoou diversas propostas de sanción, por non portar máscara, por consumir drogas e por tenencia de armas prohibidas. Así, os axentes incautáronse de varias navallas, armas de fogo simuladas, un machete, unha bate de béisbol, ou unha chave de puxilato, entre outras armas.

MÁIS DE 1.500 PASTILLAS

Ao rexistrar o interior do almacén do local, os axentes localizaron, ocultas baixo unha escaleira, varias caixas con pastillas (máis de 1.500 comprimidos de metadona, benzodiacepinas e tranquilizantes), así como substancias para a transformación e venda de drogas.

Por outra banda, no local vendíase tabaco de forma irregular, sen dispor de máquina expendedora, e había dispositivos de amplificación de son que carecían dos permisos oportunos.

Por todos estes feitos os axentes detiveron ao dono do establecemento, que foi trasladado a Comisaría, onde se comprobou que lle constan seis antecedentes policiais, algúns deles por feitos similares aos investigados agora.

As dilixencias practicadas e o home detido foron postos a disposición do xulgado de instrución de garda de Vigo.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...