Inicio Blog Páxina 183

Indignación en Gondomar: lanzan quince cachorros ao río, dez morren afogados

0

A Policía Local de Gondomar investiga un grave caso de maltrato animal tras localizar quince cachorros de can arroxados ao río de Peitieiros, baixo a ponte de O Salgueiro. Dez deles foron atopados sen vida, mentres que outros cinco puideron ser rescatados e trasladados ao Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra.

O achado produciuse o pasado xoves 25, logo de que un veciño alertase ás autoridades ao escoitar os xemidos dos animais desde o leito do río. Axentes da Policía Local acudiron de inmediato e confirmaron a tráxica escena: varios dos cachorros faleceran por afogamento.

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, expresou a súa “condena rotunda” e cualificou o suceso como “un acto de crueldade intolerable que nos avergoña como sociedade”. O rexedor asegurou que o Concello porá todos os medios ao seu alcance para colaborar coa investigación e que “feitos tan graves non queden impunes”.

A Policía Local mantén aberta a investigación para identificar ao autor ou autores e solicita a colaboración cidadá, lembrando a extrema gravidade deste episodio de maltrato animal, que conmocionou aos veciños da zona.

Morre un motorista e catro persoas resultan feridas nun accidente múltiple en Vigo

0

Un motorista perdeu a vida e catro persoas resultaron feridas de gravidade tras un accidente entre unha moto e dous turismo na PO-552, ao seu paso pola parroquia de Oia, en Vigo. Segundo a información do 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 23.20 horas deste venres e foron varios particulares os que alertaron do choque.

A central de emerxencias alertou ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que unha vez no punto confirmaron que era necesaria a intervención dos Bombeiros de Vigo para liberar a unha das persoas atrapadas no interior dun dos turismos.

Así mesmo, informaron á Garda Civil, á Policía Local e ao efectivo de Protección Civil da zona. O accidente, segundo os equipos de intervención, produciuse cando un turismo impactou contra unha motocicleta, que posteriormente chocou contra outro vehículo.

No primeiro turismo viaxaban catro persoas que foron trasladadas ao Hospital Álvaro Cunqueiro –unha muller de 23 anos V.M.F e un home de 26 anos M.G.T– e ao Hospital de Povisa –unha muller de 24 anos S.M.O e un home de 24 anos A.S.A–. Os ocupantes do segundo vehículo implicado no suceso non resultaron feridos.

“Contundente resolución” do TSXG que desestima o recurso dun veciño polo ruído do Nadal de Vigo

0

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) rexeitou o recurso de apelación interposto por un veciño de Vigo contra unha sentenza do Contencioso Administrativo número 2 da cidade, que xa rexeitou a súa denuncia contra o Concello por supostamente non adoptar medidas para paliar os ruídos e molestias ocasionados polas actividades do Nadal 2022-2023.

En marzo pasado, o tribunal vigués desestimou o recurso presentado por este veciño, e sinalou na súa sentenza que o Concello si adoptou medidas para minimizar o impacto do ruído, recollendo incluso esas prevencións nos pregos de condicións para a instalación das atraccións.

Fronte a esa resolución, o denunciante presentou recurso de apelación e agora o TSXG rexeitouno, impondo as costas de 1.000 euros ao apelante. No seu recurso, este veciño argumentaba que o Contencioso Administrativo incorrera nun erro na valoración da proba, pero o alto tribunal galego rexeitou dito extremo.

Ao contrario, valida as razóns do xulgado vigués e subliña que se puido constatar que “non houbo inactividade” por parte do Concello e que existían medidas para limitar os efectos e molestias do ruído. Tamén expón que “unha sensación de ruído” non pode servir “como proba obxectiva”.

O NADAL DE VIGO “NON SE PECHA”

Ante esta sentenza do TSXG, o alcalde da cidade olívica, Abel Caballero, trasladou a súa satisfacción porque o Tribunal “dá a razón ao Concello” nunha resolución “contundente”, e proclamou que “aqueles que queren pechar o Nadal de Vigo, que saiban que non o van a conseguir, fagan o que fagan e inventen o que inventen”.

Para o rexedor, “o Nadal de Vigo é un feito de importancia mundial e os que a queren pechar, o PP, o Bloque e algunha xente concreta dalgunhas zonas, que se esquezan”. “Non o van a conseguir”, resolveu.

Ademais deste procedemento, o xulgado do Contencioso Administrativo 1 de Vigo xa avalou nun auto que o Concello cumprira a sentenza do TSXG que o condenaba polas molestias que o Nadal de 2022-23 xerara unha veciña. A recorrente solicitou a execución da devandita sentenza e o xulgado declarou en abril pasado que xa se tomaron medidas para reducir o impacto sonoro dos festexos.

ALAMEDA, QUE SEXA BIC

Por outra banda, a Asociación de Veciños Zona Centro de Vigo solicitou á Xunta que inicie os trámites para declarar a Alameda da cidade, na Praza de Compostela, como Ben de Interese Cultural (BIC), un espazo que actualmente xa está catalogado como xardín histórico e protexido pola Lei de Patrimonio Cultural de Galicia.

Esa condición, explicaron os veciños nunha rolda de prensa, obriga á administración a protexelo, pero denunciaron que “non existe esa protección” porque as actividades que se promoven e se atorizan na Alameda, entre elas o mercadillo de Nadal, “provocaron un dano irreparable en todo o conxunto”.

Así, lembraron que o Concello cede grauitamente eses xardíns a un grupo de empresarios para desenvolver o chamado Cíes Market, unha actividade mercantil “orientada ao seu exclusivo beneficio”. Deste xeito, durante os dous meses que dura a campaña do Nadal, a Alameda convértese “nunha feira multitudinaria de comida e bebida”, coa instalación dun centenar de casetas “aparentemente sen ningún tipo de control sanitario”.

Un incendio en Vigo obriga á evacuación preventiva de 80 veciños

0

Un incendio declarado na madrugada deste sábado obrigou á evacuación preventiva de 80 veciños residentes en 40 vivendas da Avenida do Alcalde Gregorio Espino, en Vigo. Segundo informa o 112 Galicia, ao redor das 04.00 horas recibiu o aviso a través da alerta dunha central de alarmas, que informaba da presenza dun incendio nunha nave industrial da localidade.

Deste xeito, a sala de operacións do 112 Galicia solicitou a intervención do Corpo de Bombeiros de Vigo, así como da Policía Nacional, a Policía Local e Protección Civil. Ademais, informouse o Servizo Galego de Emerxencias Sanitarias-061 como medida de precaución. Segundo a información solicitada no lugar dos feitos, a orixe do incendio sería unha fuga de bombonas de butano, o que provocou o incendio que afectou o patio interior do inmoble.

Debido á acumulación de gases, evacuáronse as vivendas para garantir a seguridade dos residentes. Unha vez controlada a situación e concluídas as tarefas de ventilación e inspección, os residentes puideron regresar ás súas casas.

Atropelo fronte ao CEIP Ramón y Cajal deixa tres feridos en Marqués de Valterra

0

Un accidente de tráfico ocorrido na mañá deste martes na rúa Marqués de Valterra, en Vigo, rematou con tres persoas feridas: unha nai, a súa filla menor e o motorista implicado no suceso. Segundo fontes da Policía Local, o sinistro tivo lugar cando a muller e a nena cruzaban polo paso de peóns situado fronte ao CEIP Ramón y Cajal.

A motocicleta perdeu o control por causas que se investigan e acabou impactando contra a nai e a súa filla. O condutor tamén resultou ferido ao saír despedido e bater contra a beirarrúa. Os servizos de emerxencia desprazáronse de inmediato ao lugar, cortando o tráfico e atendendo ás vítimas, que foron trasladadas ao hospital con prognóstico leve.

Este punto da cidade é especialmente sensible pola alta afluencia de menores nas horas de entrada e saída do colexio. A ANPA do centro leva tempo reclamando medidas de calmado de tráfico, como bandas redutoras de velocidade, para evitar situacións como a vivida hoxe logo de que aumentara o tráfico na zona polos cambios de sentido de circulación na rúa Jacinto Benavente.

Actúan con contunencia contra El Dandy de Barcelona en Vigo: prohibida a súa actuación en Vigo

O Concello de Vigo acordou suspender provisionalmente a actuación do ‘tiktoker’ coñecido como El Dandy de Barcelona, prevista para a noite deste venres nunha discoteca da cidade, por carecer o local de licenza para este tipo de eventos e porque a súa presenza incumpre a lei de espectáculos de Galicia.

Segundo comunicaron fontes municipais, a presenza deste ‘axitador’, coñecido polo seu discurso machista, racista e lgtbifóbico, está prevista para as 23.30 horas deste venres nun establecemento do centro da cidade que dispón de licenza para actividade de “pub con música”, e non para “café espectáculo”, que é o evento anunciado e que non dispón de título habilitante.

Ademais, o Concello confirmou que recibiu nas últimas horas un escrito do director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero da Consellería de Política Social e Igualdade no que se advirte, tras recibir dúas denuncias, de que o ‘tiktoker’ anunciado como atracción no evento desa discoteca “declárase consumidor de prostitución” e foi denunciado por distintos delitos de odio

A XUNTA FALA DE “XENOFOBIA E RACISMO”

Nese comunicado, o director xeral, que afirma compartir a opinión das persoas denunciantes, traslada a súa “preocupación” pola presenza do Dandy de Barcelona nun local de Vigo e lembra que a lei prohibe “os espectáculos públicos e as actividades recreativas que inciten á violencia, racismo, xenofobia, sexismo, negacionismo, discriminación por identidade de xénero e orientación sexual, ou calquera outro tipo de discriminación, e aqueles que atenten contra a dignidade humana e contra os dereitos fundamentais e liberdades recoñecidos na Constitución”.

Por outra banda, o Concello de Vigo tamén recibiu unha solicitude da asociación Nós Mesmas para que se revisase a legalidade do evento polo contido das mensaxes do ‘tiktoker’. De feito, o propio goberno local manifestou o seu rexeitamento hai uns días e pediu ao establecemento que o suspendese. Igualmente, deuse orde á Policía Local para que vixíe o cumprimento desta suspensión e, no caso de que o local non acate esta medida, proceder ao “desaloxo, clausura e precinto do establecemento”.

Accidente entre unha moto e un coche provoca longas retencións na AP-9 en Vigo

0

Un accidente entre unha moto e un coche na mañá deste martes á altura de Teis, en Vigo, deixou a un motorista ferido e retencións de varios quilómetros na autoestrada AP-9. Segundo explica o 112 Galicia a Europa Press, ás 8,00 horas recibiu chamada dun particular para avisar dun motorista que tiña unha perna atrapada preto do túnel da Madroa (quilómetro 152, sentido Tui), aínda que posteriormente Tráfico aclarou que o condutor se enganchou co pantalón na cadea da moto “e foi aí cando se foi contra o coche”.

Pasadas as 9,30 horas, a circulación estaba aberta ao tráfico pero con retencións na contorna da ponte de Rande, con ao redor de 5 quilómetros de atasco. O motorista recibiu asistencia no punto. Foron mobilizados, entre outros, 061, Garda Civil e servizos de mantemento.

Concentración en Vigo pola aumento de accidentes e ritmos de traballo no naval

Decenas de persoas concentráronse este xoves en Vigo para denunciar o aumento da sinistralidade laboral e dos ritmos de traballo no naval vigués. A protesta, organizada pola CIG-Industria, levouse a cabo diante da porta principal do estaleiro Ría de Vigo (antigo Barreiras) para “alertar e concienciar” do aumento da sinistralidade “derivado do escaso investimento en saúde laboral e do incremento dos ritmos de traballo”.

Nun comunicado, a CIG reivindicou a necesidade dunha maior prevención de riscos en empresas para protexer aos traballadores, ante o “novo modelo” dos estaleiros que supón “altos ritmos de traballo”, así como a prolongación das xornadas e cadeas de subcontratación, segundo apunta o sindicato.

Respecto diso, a CIG reclamou que se dote dun bombeiro a cada barco e que se estableza a xornada laboral continua para evitar a tensión térmica derivado do traballo en espazos confinados. “Pero a dirección négase e mantén o traballo en quendas de mañá e de tarde, con xornadas que se prolongan máis aló do oito horas, polo que é necesario tamén reducir as horas de traballo para reducir o cansazo que está detrás de moitos accidentes laborais”, engadiu a organización sindical.

Detido en Conde de Torrecedeira tras supostamente agredir e ameazar á súa muller e finxir que o agredido fora el

0

Un home, de 35 anos de idade, foi detido o pasado domingo en Vigo tras supostamente agredir e ameazar cun coitelo á súa muller e chamar el mesmo a Emerxencias 112 Galicia para denunciala a ela. Segundo informa a Policía Local, o home chamou para alertar de que a súa muller estaba “moi alterada” e incitábao a que a agredise mentres ambos estaban no seu domicilio da rúa Conde de Torrecedeira.

Unha vez no punto, os axentes entrevistáronse coa aludida, que indicou que minutos antes se produciu unha discusión entre ambos, durante a cal o home lle tirou un vaso, chegando a golpeala. Despois, sempre segundo a versión dela, continuou causando danos na vivenda, collendo un coitelo de cociña e acantoándoa á vez que a ameazaba, para pasar logo a golpeala.

A consecuencia disto, a suposta vítima presentaba o ollo esquerdo inchado, cortes nun ombreiro e na man, así como varios hematomas polo corpo. Pola súa banda, o home relatou que fora ela quen tirou os obxectos e causou os danos, engadindo que o episodio de ameazas fora tamén protagonizado por ela. Con todo, el non presentaba lesión algunha. Por todo isto, foi detido pola suposta comisión dun delito de violencia de xénero.

Persoas con discapacidade física, sensorial ou intelectual participarán esta sábado nunha regata inclusiva

Un total de 60 persoas con discapacidade física, sensorial ou intelectual participan este sábado en Vigo na cuarta edición de ‘Vigo a Vela’, única regata inclusiva en España de barcos de vela cruceiro, que busca sensibilizar da plena inclusión das persoas con discapacidade a través do deporte. Os participantes pertencen a máis de 11 entidades, como a Fundación ONCE, Discamino, Celta Integra, HC San Rafael, Asem Galicia, Aceesca, Fundación Menela, Andaina, San Xerome, Juan María ou EVD Galicia, entre outras.

As embarcacións sairán ás 10.00 horas deste sábado da dársena deportiva do Real Club Náutico de Vigo para percorrer unha distancia de 15 millas bordeando a costa, durante aproximadamente dúas horas e media. A bordo de 11 barcos de Vela Cruceiro, de propietarios particulares voluntarios, as 60 persoas estarán acompañadas polos paralímpicos galegos Araceli Menduiña, do equipo español de piragüismo; e Juan Ferrón, do equipo español de natación; ademais dos patróns das embarcacións e de voluntarios das entidades.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed