InicioSociedadeActúan con contunencia contra El Dandy de Barcelona en Vigo: prohibida a...

Actúan con contunencia contra El Dandy de Barcelona en Vigo: prohibida a súa actuación en Vigo

A lei prohibe "os espectáculos públicos e as actividades recreativas que inciten á violencia, racismo, xenofobia, sexismo, negacionismo, discriminación por identidade de xénero".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo acordou suspender provisionalmente a actuación do ‘tiktoker’ coñecido como El Dandy de Barcelona, prevista para a noite deste venres nunha discoteca da cidade, por carecer o local de licenza para este tipo de eventos e porque a súa presenza incumpre a lei de espectáculos de Galicia.

Segundo comunicaron fontes municipais, a presenza deste ‘axitador’, coñecido polo seu discurso machista, racista e lgtbifóbico, está prevista para as 23.30 horas deste venres nun establecemento do centro da cidade que dispón de licenza para actividade de “pub con música”, e non para “café espectáculo”, que é o evento anunciado e que non dispón de título habilitante.

Ademais, o Concello confirmou que recibiu nas últimas horas un escrito do director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero da Consellería de Política Social e Igualdade no que se advirte, tras recibir dúas denuncias, de que o ‘tiktoker’ anunciado como atracción no evento desa discoteca “declárase consumidor de prostitución” e foi denunciado por distintos delitos de odio

A XUNTA FALA DE “XENOFOBIA E RACISMO”

Nese comunicado, o director xeral, que afirma compartir a opinión das persoas denunciantes, traslada a súa “preocupación” pola presenza do Dandy de Barcelona nun local de Vigo e lembra que a lei prohibe “os espectáculos públicos e as actividades recreativas que inciten á violencia, racismo, xenofobia, sexismo, negacionismo, discriminación por identidade de xénero e orientación sexual, ou calquera outro tipo de discriminación, e aqueles que atenten contra a dignidade humana e contra os dereitos fundamentais e liberdades recoñecidos na Constitución”.

Por outra banda, o Concello de Vigo tamén recibiu unha solicitude da asociación Nós Mesmas para que se revisase a legalidade do evento polo contido das mensaxes do ‘tiktoker’. De feito, o propio goberno local manifestou o seu rexeitamento hai uns días e pediu ao establecemento que o suspendese. Igualmente, deuse orde á Policía Local para que vixíe o cumprimento desta suspensión e, no caso de que o local non acate esta medida, proceder ao “desaloxo, clausura e precinto do establecemento”.

ÚLTIMAS

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...