InicioSucesosDetido en Conde de Torrecedeira tras supostamente agredir e ameazar á súa...

Detido en Conde de Torrecedeira tras supostamente agredir e ameazar á súa muller e finxir que o agredido fora el

O home, de 35 anos, non presentaba lesión algunha, ao contrario da muller.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home, de 35 anos de idade, foi detido o pasado domingo en Vigo tras supostamente agredir e ameazar cun coitelo á súa muller e chamar el mesmo a Emerxencias 112 Galicia para denunciala a ela. Segundo informa a Policía Local, o home chamou para alertar de que a súa muller estaba “moi alterada” e incitábao a que a agredise mentres ambos estaban no seu domicilio da rúa Conde de Torrecedeira.

Unha vez no punto, os axentes entrevistáronse coa aludida, que indicou que minutos antes se produciu unha discusión entre ambos, durante a cal o home lle tirou un vaso, chegando a golpeala. Despois, sempre segundo a versión dela, continuou causando danos na vivenda, collendo un coitelo de cociña e acantoándoa á vez que a ameazaba, para pasar logo a golpeala.

A consecuencia disto, a suposta vítima presentaba o ollo esquerdo inchado, cortes nun ombreiro e na man, así como varios hematomas polo corpo. Pola súa banda, o home relatou que fora ela quen tirou os obxectos e causou os danos, engadindo que o episodio de ameazas fora tamén protagonizado por ela. Con todo, el non presentaba lesión algunha. Por todo isto, foi detido pola suposta comisión dun delito de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

O festivo da Reconquista pasará ao luns 29 de marzo por caer en domingo en 2027

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que este mes o goberno local aprobará...

A Deputación de Pontevedra envía a Vigo un requirimento para “salvar” o investimento de 2,5 millóns en Finca Matías

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, informou de que este xoves o...

Mos reclama máis seguridade na N-550 tras o atropelo dunha peregrina

O Concello de Mos remitiu nas últimas horas un novo escrito á Subdelegación do...

Dous detidos por roubo de móbiles e roupa valorados en preto de mil euros nun centro comercial de Vigo

A Policía Local de Vigo detivo nos últimos días a dous mozos tras roubar...