InicioSucesosMorre un motorista e catro persoas resultan feridas nun accidente múltiple en...

Morre un motorista e catro persoas resultan feridas nun accidente múltiple en Vigo

Un motorista perdeu a vida e catro persoas resultaron feridas de gravidade tras un accidente entre unha moto e dous turismo na PO-552, ao seu paso pola parroquia de Oia, en Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un motorista perdeu a vida e catro persoas resultaron feridas de gravidade tras un accidente entre unha moto e dous turismo na PO-552, ao seu paso pola parroquia de Oia, en Vigo. Segundo a información do 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 23.20 horas deste venres e foron varios particulares os que alertaron do choque.

A central de emerxencias alertou ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que unha vez no punto confirmaron que era necesaria a intervención dos Bombeiros de Vigo para liberar a unha das persoas atrapadas no interior dun dos turismos.

Así mesmo, informaron á Garda Civil, á Policía Local e ao efectivo de Protección Civil da zona. O accidente, segundo os equipos de intervención, produciuse cando un turismo impactou contra unha motocicleta, que posteriormente chocou contra outro vehículo.

No primeiro turismo viaxaban catro persoas que foron trasladadas ao Hospital Álvaro Cunqueiro –unha muller de 23 anos V.M.F e un home de 26 anos M.G.T– e ao Hospital de Povisa –unha muller de 24 anos S.M.O e un home de 24 anos A.S.A–. Os ocupantes do segundo vehículo implicado no suceso non resultaron feridos.

ÚLTIMAS

A Xunta autoriza a licitación de 55 vivendas públicas en San Paio de Navia

O Consello da Xunta deu luz verde á licitación do contrato de execución das...

A ‘guerra’ de pantallas non dá tregua: Abel Caballero chama aos vigueses a ver a semifinal nunha “pantalla xigante de verdade”

A peculiar 'guerra' entre Deputación de Pontevedra e Concello de Vigo pola instalación de...

Condenado a tres anos de prisión un home por tráfico de drogas

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena de tres anos...

Saen dous camións de bombeiros de Vigo cara a Ucraína

O Concello de Vigo formalizou a doazón de dous camións de bombeiros a Ucraína,...