Inicio Blog Páxina 1677

Os animalistas cargan contra Feijóo: “Compite coa ultradereita a ver quen quere máis aos escopeteiros”

A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber demandaron ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, unha posición contundente fronte ás “ocorrencias” da Xunta de Galicia de permitir batidas de xabalís con arco en zonas periurbanas da localidade “en base a un suposto protocolo de actuación que non foi publicado en ningún medio oficial”.

Os animalistas sinalan que existen medidas disuasorias e preventivas “que en ningún caso mencionan a caza como solución e que poden atoparse en traballos profesionais como a  “Guia de mesures per reduir els danys causats per a fauna salvatge en conreus, zones urbanes i infraestructures” elaborada pola Deputación de Barcelona e a Generalitat, baixo a dirección dunha Doutora en Bioloxía.

Algunhas das propostas para evitar danos e “visitas” dos animais silvestres pasan por adaptar os espazos verdes dos municipios a través da chamada xeroxardinería, facéndoos menos apetecibles para a fauna, así como a instalación de señalética específica para previr colisións, e outros métodos como a disuasión auditiva e olfativa.

Neste sentido ambos os colectivos lembran que, aténdose ao contido literal da Lei de Caza de Galicia de 2013 non se podería cazar en zonas periurbanas nin urbanas situadas a menos de 100 metros de vivendas e outros espazos públicos.

FFW e LIBERA! critican “que a única proposta que poña en marcha a Xunta sexa masacrar a todo tipo de animais” e vinculan estas autorizacións coa proximidade de convocatorias electorais, onde o Partido Popular compite coa ultraultradereita para ver quen “quere” máis aos escopeteiros”.

Investigado un veciño de Ponteareas por quebrantar a orde de afastamento da súa exparella

0

A Garda Civil investiga penalmente a un veciño de Ponteareas (Pontevedra) por quebrantar unha orde cautelar de afastamento da súa exparella, decretada por orde xudicial como consecuencia dun caso de violencia de xénero.

Segundo informou o Instituto Armado, por mor dunha alerta cidadá, os efectivos do Posto Principal da Garda Civil de Ponteareas tiveron coñecemento de que durante o pasado fin de semana, unha moza da localidade recibira varias chamadas telefónicas da súa exparella, sobre o que recaía unha orde xudicial de afastamento e comunicación.

Por mor das indagacións realizadas púidose constatar que a moza, non só recibía chamadas telefónicas, senón tamén mensaxes a través das redes sociais. Ademais hai un mes aproximadamente achegouse a ela en estado de embriaguez e que, nalgunha ocasión, tamén aparcara o coche na súa praza de garaxe, a pesar de que tiña unha orde de afastamento de 200 metros.

As actuacións dos efectivos do Posto de Ponteareas concluíron coa citación deste individuo ao que se lle notificou a súa condición de investigado penalmente por un suposto delito de quebrantamento de condena. As dilixencias instruídas foron entregadas no xulgado de Instrución de garda de Ponteareas.

DATOS 2018

Segundo datos da Benemérita, o ano pasado foron detidas ou investigadas 89 persoas na demarcación territorial da Garda Civil na provincia de Pontevedra, a maioría con antecedentes policiais, por quebrantar as ordes de afastamento con respecto aos seus exparejas. Os quebrantamentos de condena foron na súa maioría de ordes de afastamentos ou comunicacións decretadas polo xuíz en casos de violencia de xénero.

Os efectivos da Garda Civil detiveron ou investigaron a estas persoas, segundo os casos, por atoparse merodeando polas inmediacións do domicilio, centros de traballo ou lugares frecuentados polos seus exparellas e sobre os que tiñan a prohibición de achegarse a menos de 100 ou 500 metros; ou por porse en contacto con elas xa fóra por vía telefónica -mediante chamada ou mensaxe- ou a través de Internet.

O maior número de actuacións policiais da Garda Civil por quebrantamentos das ordes de afastamento en violencia de xénero producíronse en Ponteareas (11), Poio e Cambados (9), Gondomar (6) e Bueu e Cangas (5).

Tamén se rexistraron, aínda que en menor cantidade, detencións ou investigacións penais por quebrantar ordes xudiciais de protección e afastamento das vítimas de violencia doméstica.

O ano pasado, a Garda Civil, no seu ámbito territorial de competencia, procedeu á detención ou investigación dun total de 16 persoas por quebrantar as medidas cautelares decretadas polos xuíces nos casos de violencia doméstica. En concreto, rexistráronse catro actuacións en Soutomaior, dúas no Grove e Sanxenxo e unha en cada un dos municipios de Baiona, Bueu, Cangas, A Guarda, Poio, Ponteareas, Salvaterra e Valga.

Piden a eliminación dos petardos de Aninovo para non arrepiar aos animais

A menos dunha semana para celebrar a entrada de 2019, a Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber piden á cidadanía que prescinda de festexar a chegada do novo ano empregando petardos, foguetes ou calquera outro artefacto pirotécnico para respectar non só aos animais, senón tamén aos colectivos vulnerables a estas detonacións.

Os animalistas sinalan que cada vez máis municipios apostan por festas de “Pirotecnia Cero” e subliñan como se viralizou nos últimos días a campaña ‘Elixín luces’ en Arxentina, que serve para alertar das terribles consecuencias dos petardos sobre as persoas con TEA (Trastornos do Espectro Autista), cun importante número de persoas famosas apostando por unha festas libres de foguetes.

Neste sentido, os colectivos sinalan que é posible celebrar estas datas especiais sen necesidade de tirar petardos e provocar toda clase de problemas tamén aos animais, tanto domésticos como silvestres, que chegan a sufrir un terror extremo que pode chegar, nalgúns casos, a matalos.

Os defensores dos animais consideran que o goberno local pode xerar un ‘exemplo positivo’ a través de limitacións sobre o uso de pirotecnia, vetando que calquera particular ou actividade pública non organizada directamente polo Concello, empregue destes artefactos por cuestións de seguridade cidadá, animal e ambiental.

FFW e LIBERA! propoñen, como espectáculo público, substituír os foguetes sonoros por outras versións “silenciosas”, como no municipio italiano de Collecchio, pioneiro no uso de fogos artificiais de menor impacto, ou apostar por recreacións de luz e láser, que xa organizan varias cidades suecas para evitar perturbar os comportamentos da fauna salvaxe.

Caballero defende en Telecinco a inversión de Nadal: “Ser feliz é importante na vida”

O alcalde de Vigo foi a estrela no programa deste martes de ‘Ya es mediodía’ (T5), espazo adicado á actualidade informativa. Caballero defendeu a súa gran inversión deste Nadal, os famosos 9 millóns de bombillas.

Referiuse o rexedor vigués á ‘deuda cero’ do Concello, de como ‘desfrutar e ser feliz é una parte importante da vida’, da política social levada a cabo na cidade e do retorno da inversión como principais argumentos, e asegurou que el non fai campaña electoral, porque ‘non o necesita’ para seguir subindo na intención de voto e porque ‘a campaña se fai traballando durante os 4 anos’, rematou.

Espectáculo de inauguración das Luces en Vigo/ Miguel Núñez

“Non é posible calcular aínda o retorno, pero o recadado esta fin de semana xa multiplicou por 3 a inversión nas luces“, asegurou, falando de ‘rendibilidade extraordinaria’. En todo caso, valorou que un millón de euros é ‘pouco diñeiro’ para o que son unas festas que durarán mes e medio.

Fixéronlle oposición os xornalistas, preguntándolle sobre as persoas que non poden pagar a factura da luz, ao que contestou Caballero que desde o Concello xa pagan 700 delas, así como que “temos un albergue para que ningúen durma na rúa”.

Abel Caballero durante o acendido das luces de Nadal en Vigo / Miguel Núñez

Ademais, reflexionou que, grazas ao ‘100%’ de ocupación hosteleira que segundo a súa tese están a provocar as luces, é posible crear emprego e precisamente axudar ás familias a facer fronte ás súas facturas e débedas.

Por último, valorou a Pedro Sánchez no que respecta ao penúltimo episodio de conflito en Cataluña, defendendo que tentou ‘detensar a situación’; e mandou un recadiño a Feijóo, que lle vai gañar nas eleccións 21 a 4. Na páxina de Telecinco está disponible o programa completo. 

Espectáculo de inauguración das Luces en Vigo/ Miguel Núñez

O Concello inaugura o seu aparcadoiro no Cunqueiro denunciando o “modelo Feijóo”: “Pagar, pagar e pagar”

“Todos os ciudadanos e ciudadanas de Vigo aparcarán gratuitamente. Porque aquí hai dous modelos de entender as cousas. Un é o modelo Feijóo, pagar, pagar e pagar”, acusou esta mesma mañá o alcalde da cidade, Abel Caballero, durante a inauguración dos aparcadoiros do Concello no Hospital Álvaro Cunqueiro.

O rexedor da cidade olívica prometeu que aparcar será gratuíto para calquera vigués mediante a Pass Vigo, e defendeu que só no caso de que Feijóo deixe de balde os aparcadoiros que xestiona a Xunta no hospital, el fará o mesmo para todos (e non só para os vigueses).

A do aparcadoiro é unha polémica máis no Cunqueiro, que xa provocou todo tipo de queixas e enfrontamentos desde a súa apertura, como o acontecido coa recollida das bolsas de basura por parte das auxiliares de enfermaría.

Un hospital da sanidade pública, que aluga solo privado e deixa en mans de concesionarias os máis dos seus servizos.

O presidente Pedro Sánchez solidarízase cos feridos do Marisquiño

Vigo atrae hoxe a atención de medios, políticos e cidadáns de toda España e media Europa polo accidente no Marisquiño no que resultaron feridas máis de 300 persoas. Entre as mensaxes de solidariedade coas vítimas, a do presidente do Goberno español, Pedro Sánchez.

O xefe do Executivo publicou na mañá deste luns, ás 10.48 horas, unha mensaxe solidaria dirixida aos feridos e de recoñecemento aos equipos de emerxencias.

Sánchez comentou ademais que estaba en contacto coas autoridades locais e autonómicas para interesarse pola situación.

Mensaxe en Twitter do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, tras o accidente no Marisquiño.
Mensaxe en Twitter do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, tras o accidente no Marisquiño.

Vila Nova de Cerveira e Tomiño seguen a estreitar lazos unha década despois

Co obxectivo de aproximar cada vez máis as comunidades e abolir as dificultades
de fronteiras aínda existentes, Vila Nova de Cerveira e Tomiño están a potenciar o fenómeno transfronteirizo, presentándose como un símbolo da cooperación europea.

A 11 de xuño de 2004, a creación da Ponte Internacional sobre o Miño afirmou a centralidade e conetividade dun territorio común. Unha década despois, os dous gobernos autónomos avanzaron coa sinatura da “Carta da Amizade” para afondar lazos sociais, culturais e deportivos.

A Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Cerveira-Tomiño impulsou unha maior participación pública, pola dinamización de eventos en conxunto, mais sobre todo pola creación de mecanismos como a figura de provedora transfronteiriza e o Orzamento Participativo Transfronteirizo.

“Teñen sido catro anos de excelentes relacións institucionais entre ambas as comunidades. O obxectivo é continuar este camiño cóbado con cóbado en prol de dous países, un destino“, asegura Fernando Nogueira, alcalde cerveirense.

Á súa vez, a alcaldesa de Tomiño, Sandra Gonzalez, subliña que “non se poden correr
riscos, e o río Miño ten que ser dinamizado e protexido a nivel turístico como espazo natural. Queremos ser unha referencia, un exemplo de cooperación”.

Dando un paso máis de afirmación na cooperación transfronteiriza, os dous gobernos autónomos están a concretar as dilixencias necesarias para a constitución da Eurocidade Cerveira-Tomiño, sendo o proxecto máis desenvolvido o parque natural transfronteirizo Castelinho- Fortaleza, entre o Parque de Lecer do Castelinho (Vila Nova de Cerveira) e do Espazo Fortaleza de Goián (Tomiño), a través da conexión das dúas marxes por unha ponte peonal e ciclista sobre o río Miño, cuxo Concurso Internacional de Ideas xa está se encontra na segunda fase.

Ademais, arranca hoxe luns o III Simposio Internacional de Escultura do Río Miño, con seis escultores internacionais que, durante 20 días, van traballar ao vivo e en interacción co público, seis pezas escultóricas, en pleno Espazo Fortaleza en Goian, Tomiño, até 30 de xuño.

Trasladan xa pacientes con Covid de Ourense a Vigo

O Hospital Universitario de Ourense (HUO) trasladou este xoves a Vigo a un paciente con Covid atendido no servizo de Urxencias co obxectivo de “optimizar a capacidade asistencial”.

Así o informou este venres a área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco, que explicou que esta medida se adopta en “aplicación do Plan de Contixencia fronte á pandemia de Sars-COv 2” activado nesta zona ante a evolución epidemiolóxica.

Neste sentido, as mesmas fontes sanitarias sinalaron que se procedeu a trasladar a Vigo a un paciente positivo con Covid-19 atendido polo Servizo de Urxencias do Hospital Universitario de Ourense “co obxectivo de anticiparse á necesidade de camas UCI, optimizando así a capacidade asistencial do conxunto da rede hospitalaria do Servizo Galego de Saúde”.

“Con esta medida presérvase a capacidade asistencial dos hospitais públicos de Ourense para continuar atendendo ao resto de pacientes doutras patoloxías e manter a actividade asistencial programada”, puntualizou a área sanitaria.

Respecto diso, lembran que “salvo Ourense”, o número de casos activos e a taxa de incidencia acumulada “diminúe no conxunto de Galicia”. De feito, na capital ourensá e no municipio de Barbadás entrou en vigor este xoves a limitación da mobilidade só ao termo municipal para frear o avance do virus.

A Federación de Usuarios do Porto de Vigo denuncia a “falta de transparencia” das concesións de espazos

A Federación de Usuarios do Porto de Vigo (FUPV) denunciou a “falta de transparencia” da concesión de espazos portuarios, o que, na súa opinión, mostra “unha privatización encuberta” da zona.

A entidade reprobou que, na última reunión do consello de administración da Autoridade Portuaria de Vigo, se aprobase a adxudicación de 49.000 metros cadrados a favor dun titular ao que tamén se cederon outros 4.000 metros cadrados con anterioridade.

A xuízo de FUPV, esta situación leva “reter un espazo moi relevante” e lembrou que a primeira concesión autorizouse por un período de 35 anos, prorrogable por 15 anos adicionais.

Nesta liña, a federación lamentou que estas decisións “deixen ao resto de usuarios (do Porto de Vigo) sen espazo durante un extenso período de tempo” e que leven que estes deban “pasar por un ou dous concesionarios nunha superficie que é de dominio público”. Así, incidiu na necesidade de que as empresas asentadas no Porto “compitan en igualdade de oportunidades”.

Do mesmo xeito, reprobou que os membros do consello de administración que deben avalar a adxudicación de espazos carezan da información precisa para iso e que, no caso de dispor da mesma, entrégueselles “con 24 ou 48 horas de antelación”, o que, en opinión da federación, resulta “inadmisible”.

Ademais, denunciou que o presidente da Autoridade Portuaria, Enrique López Veiga, se teña “apropiado para si competencias que son propias da dirección do Porto”, un feito “inédito na historia dos portos españois”. Ante esta situación, os usuarios do Porto de Vigo apelaron á “responsabilidade” da Avogacía do Estado e outros membros do consello, como a Xunta de Galicia, o Consorcio da Zona Franca de Vigo e os concellos.

Neste sentido, FUPV lamentou que un informe da Intervención Xeral da Administración do Estado sinalase a “falta de implementación de mecanismos de control no Porto de Vigo”.

Tamén criticou a falta de información trasladada respecto da próxima reparación do paseo das Avenidas e a instalación dun carril bici en terreo portuario. Respecto deste último, a federación advertiu de que a súa construción levaría que un “mínimo retranqueo” no tramo comprendido entre Portocultura e a vala sur das lonxas “deixase inoperativo para o transporte o escaso espazo existente”.

Adicionalmente, volveu reclamar que as entidades que representan aos usuarios do Porto de Vigo participen nas sesións mensuais do consello de administración para que “este sexa cada vez máscompetitivo, xusto e sustentable”.

A corentena, unha oportunidade para retomar a relación pais-fillos

0

A sensación é que os días e as horas son eternos desde a instauración do estado de alarma. Máis aínda se as rutinas habituais das persoas se interromperon abruptamente coa declaración de estado de alarma. E sobre todo, cando nenos e adolescentes xa non poden saír á rúa, ir ao colexio ou socializar en persoa. Pola contra, pasarán todo o tempo cos seus pais ou titores quen, ata hai uns días, estaban pendentes de recollelos, levalos ás actividades extraescolares, que estudasen e o normal do día a día, só iso. Mais agora, están xuntos 24 horas diarias de luns a domingo, unha situación propicia para que salten tensións moito tempo agochadas, que aparezan diferenzas ou mesmo que situacións de violencia machista tamén acaben afectando aos máis novos da casa. Por iso é necesario saber afrontar escenarios que se están abrindo durante estes días dentro das familias.


ILLAMENTO E REDES SOCIAIS

O illamento pode marcar profundamente o desenvolvemento de adolescentes e nenos. Durante estes días de peche dentro dos seus fogares, os mozos e mozas entre doce e dezaoito anos poden pasar horas coas redes sociais tentando buscar o contacto cos seus coñecidos. A adolescencia a día de hoxe pode semellar máis interconectada ca nunca e non obstante, esa interconexión estaos levando a unha situación de “zona de confort” de onde non queren ou non lles gustaría saír.

Ricardo Fandiño, de ASEIA (Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia), destaca que o principal agora mesmo sobre este sector da poboación é necesario evitar o illamento. Dentro desta situación de peche, o acceso ao mundo dixital resultaría contraproducente en canto frear ese illamento entre os rapaces e rapazas.

ASEIA ten aberta desde a súa web unha iniciativa de apoio tanto a pais como fillos adolescentes para poderen afrontar situacións que non tiñan vivido ata o de agora. “Estes mozos e mozas poden comezar a desconectarse do mundo pensando que non sucede nada, mais si ocorren cousas das que deberan ter coñecemento” di Ricardo Fandiño.

A desconexión co mundo estaría propiciada precisamente por manter o contacto cos e coas amigas ou xente do seu círculo. Centrarse só en manter o contacto polas redes sociais acabaría por romper a comunicación coa familia e se se prolonga ese confinamento, a relaxación de costumes pode levar a unha reentrada difícil na vida diaria cando a situación volva á normalidade.

INSEGURIDADE E FRACASO ESCOLAR

“Non todas as familias teñen un funcionamento harmónico e cun bo clima de comunicación” sinala Ricardo Fandiño. Algúns adolescentes poden estar vivindo conflitos familiares moi intensos. Por iso de entrada, hai que ver se é posible manexar estes ambientes conflitivos. “Desde logo estes períodos de exposición tan intensa ao conflito non son situacións para resolver nada que antes non se puidera resolver”. Para Fandiño os momentos como os actuais serven para evitar precisamente para que non aparezan novas situacións conflitivas.

Entre as diferentes situacións que se poden vivir agora mesmo dentro dos fogares, está o momento social e económico que poden estar vivindo as familias. “Hai familias enteiras que están preoucupadas polo seu futuro, teñen problemas económicos e iso tamén lles repercute aos mozos e mozas”. A inseguridade laboral destes días, a pesar das liñas de axuda para empresas, autónomos e as paradas retribuídas non permiten albiscar unha certa seguridade dentro dos fogares.

Un factor máis para termos en conta é a parada dos centros educativos. Nestes momentos non son poucos os estudantes que están preocupados pola súa carreira académica. “O sistema ten que caer na conta de que vivimos un período académico excepcional, non se pode acceder a coñecementos académicos” deixa claro Fandiño. Isto porque os centros académicos están pechados, mais agora a maioría pode pensar na facilidade para acceder á Internet.

Isto non sempre é así, porque hai moitos fogares onde só se dispón dun ordenador e esa é a ferramenta do pai ou da nai para teletraballar. Tampouco todas as familias teñen wifi, ou se cadra, só teñen unha tarifa de datos, ás veces moi escasa. Por tanto, non todos os fogares están en situación de igualdade para afrontar unha paréntese coma esta. “Este período debera servir para non perder hábitos de estudo e non terían por que condicionar os resultados académicos”.

E aínda así, o fracaso escolar está moi presente e dependerá de onde estean as esixencias académicas do sistema escolar. Se segue onde estaba ata o momento da declaración de emerxencia, os resultados poden ser pobres, por iso é necesario lembrar que “isto é un período transitorio, non se debe esquercer, hai que motivar aos mozos e mozas a seguiren estudando”.

MUROS XERACIONAIS E ACCESO

A omnipresenza de Internet fai que o consumo suba de maneira esaxerada estes días. Iso inclúe tamén a xente nova que agora mesmo está na casa. Así, sen supervisión por parte dos país, poden acceder a todo tipo de contidos. “O consello de cara os adultos é que haxa un tempo de pantalla cos fillos, que sexa un tempo compartido” recomenda Ricardo Fandiño

É normal que o acceso a Internet dentro dunha mesma casa se faga desde un dispositivo diferente por parte de cada membrou. Por iso sería bo que os pais se interesasen polos contidos que ven os seus fillos adolescentes. O obxectivo é poder crear unha visión crítica sobre o que ven. Mais isto non sería romper a intimidade deses mozos e mozas?

“Ás veces teriamos que interesarnos polos contidos que consultan, ao mellor non nos gustan, mais tamén é interesarnos polo seu mundo” sinala Fandiño, que tamén lembra “se ese mozo ou moza está chateando é normal que lle pida ao pai ou á nai que os deixen tranquilos”. O esencial sería saber como compartir o mundo dos adolescentes e establecer vínculos con eles.

A actual situación de confinamento estase dando tamén en países onde non se concibía unha acción como esta. Son lugares onde as posibilidades económicas, os grandes desprazamentos e o consumo marcan o noso día a día. “Quizais isto poda axudar a reprensar a nosa maneira de vivir, vivir con menos e doutra maneira tamén é posible”.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed