InicioSociedadeTrasladan xa pacientes con Covid de Ourense a Vigo

Trasladan xa pacientes con Covid de Ourense a Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Hospital Universitario de Ourense (HUO) trasladou este xoves a Vigo a un paciente con Covid atendido no servizo de Urxencias co obxectivo de “optimizar a capacidade asistencial”.

Así o informou este venres a área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco, que explicou que esta medida se adopta en “aplicación do Plan de Contixencia fronte á pandemia de Sars-COv 2” activado nesta zona ante a evolución epidemiolóxica.

Neste sentido, as mesmas fontes sanitarias sinalaron que se procedeu a trasladar a Vigo a un paciente positivo con Covid-19 atendido polo Servizo de Urxencias do Hospital Universitario de Ourense “co obxectivo de anticiparse á necesidade de camas UCI, optimizando así a capacidade asistencial do conxunto da rede hospitalaria do Servizo Galego de Saúde”.

“Con esta medida presérvase a capacidade asistencial dos hospitais públicos de Ourense para continuar atendendo ao resto de pacientes doutras patoloxías e manter a actividade asistencial programada”, puntualizou a área sanitaria.

Respecto diso, lembran que “salvo Ourense”, o número de casos activos e a taxa de incidencia acumulada “diminúe no conxunto de Galicia”. De feito, na capital ourensá e no municipio de Barbadás entrou en vigor este xoves a limitación da mobilidade só ao termo municipal para frear o avance do virus.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...