InicioMedio Ambiente e PatrimonioPiden a eliminación dos petardos de Aninovo para non arrepiar aos animais

Piden a eliminación dos petardos de Aninovo para non arrepiar aos animais

Algunhas mascotas poderían chegar a morrer por mor do son destes artefactos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A menos dunha semana para celebrar a entrada de 2019, a Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber piden á cidadanía que prescinda de festexar a chegada do novo ano empregando petardos, foguetes ou calquera outro artefacto pirotécnico para respectar non só aos animais, senón tamén aos colectivos vulnerables a estas detonacións.

Os animalistas sinalan que cada vez máis municipios apostan por festas de “Pirotecnia Cero” e subliñan como se viralizou nos últimos días a campaña ‘Elixín luces’ en Arxentina, que serve para alertar das terribles consecuencias dos petardos sobre as persoas con TEA (Trastornos do Espectro Autista), cun importante número de persoas famosas apostando por unha festas libres de foguetes.

Neste sentido, os colectivos sinalan que é posible celebrar estas datas especiais sen necesidade de tirar petardos e provocar toda clase de problemas tamén aos animais, tanto domésticos como silvestres, que chegan a sufrir un terror extremo que pode chegar, nalgúns casos, a matalos.

Os defensores dos animais consideran que o goberno local pode xerar un ‘exemplo positivo’ a través de limitacións sobre o uso de pirotecnia, vetando que calquera particular ou actividade pública non organizada directamente polo Concello, empregue destes artefactos por cuestións de seguridade cidadá, animal e ambiental.

FFW e LIBERA! propoñen, como espectáculo público, substituír os foguetes sonoros por outras versións “silenciosas”, como no municipio italiano de Collecchio, pioneiro no uso de fogos artificiais de menor impacto, ou apostar por recreacións de luz e láser, que xa organizan varias cidades suecas para evitar perturbar os comportamentos da fauna salvaxe.

ÚLTIMAS

Do voto dos emigrantes ao voto da diáspora: como mudou o sufraxio exterior en Galicia

Durante décadas, o voto exterior galego funcionou cun sistema no que a Administración enviaba...

O TSXG avala a sanción de 30 días a unha vixiante por losquear un paciente reducido no Álvaro Cunqueiro

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sanción de 30 días...

Medio Ambiente cifra en máis dun 30% a perda de auga en Vigo por fugas en canalizacións

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, cifrou en máis dun...

A CIG pide mellorar a prevención nas canteiras tras o accidente do Porriño

A Unión Local da CIG de O Porriño esixiu que se reforce a prevención...