InicioSociedadeO Concello inaugura o seu aparcadoiro no Cunqueiro denunciando o "modelo Feijóo":...

O Concello inaugura o seu aparcadoiro no Cunqueiro denunciando o “modelo Feijóo”: “Pagar, pagar e pagar”

PUBLICADO O

- Advertisement -

“Todos os ciudadanos e ciudadanas de Vigo aparcarán gratuitamente. Porque aquí hai dous modelos de entender as cousas. Un é o modelo Feijóo, pagar, pagar e pagar”, acusou esta mesma mañá o alcalde da cidade, Abel Caballero, durante a inauguración dos aparcadoiros do Concello no Hospital Álvaro Cunqueiro.

O rexedor da cidade olívica prometeu que aparcar será gratuíto para calquera vigués mediante a Pass Vigo, e defendeu que só no caso de que Feijóo deixe de balde os aparcadoiros que xestiona a Xunta no hospital, el fará o mesmo para todos (e non só para os vigueses).

A do aparcadoiro é unha polémica máis no Cunqueiro, que xa provocou todo tipo de queixas e enfrontamentos desde a súa apertura, como o acontecido coa recollida das bolsas de basura por parte das auxiliares de enfermaría.

Un hospital da sanidade pública, que aluga solo privado e deixa en mans de concesionarias os máis dos seus servizos.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...