InicioMovementos SociaisRegresan os Elefantiños: "O perfil do refuxiado son familias, que escapan enteiras...

Regresan os Elefantiños: “O perfil do refuxiado son familias, que escapan enteiras e chegan a metade”

PUBLICADO O

- Advertisement -

Berto e María, os nosos Elefantiños de Papel, están de novo en Galicia despois do labor exercido na illa grega de Lesbos, onde sobreviven como poden miles de refuxiados. Unha palabra que, como xa denunciaron, neste caso é un eufemismo. Non teñen refuxio ningún.

Porque en Idomeni (Berto) e agora en Lesbos (ámbolos dous), viviron situacións onde a realidade supera a ficción. Tamén hai vodas. En Idomeni, unha kurda e un sirio casánrose como os penúltimos Romeo e Julieta. En Lesbos, o enlace non puido chegar a celebrarse por unha pelexa. A metade terminaron no cárcere, a outra metade no hospital.

Pagou a pena a viaxe a Lesbos. O máis duro, para eles, é volver aquí, ao vicio,“ás perruqueiras caninas”. Alí estiveron un Pipka, un campamento de voluntarios que acolle a algo máis de 100 persoas, e lamentaron o podrecer do campo de Moria, o cal definen como un cárcere, que curiosamente ten outro cárcere dentro.

Miraban os nenos achegarse a 50 metros, botábanse a correr para cubrir a distancia entre todos, subirse no colo e darlles bicos. Acórdanse aínda de Mohamed, que sabía xa 5 idiomas, e cada mañá os saudaba en galego: “Bos días”.

Tras enviarnos 11 crónicas, están de regreso para denunciar as situacións vividas en Grecia e concienciar a sociedade para crear un mundo mellor, máis solidario e xusto.

Alí e Berto / Elefantes de Papel

P- Hai algún porvir para todas estas persoas?

R- Os que non veñen de ningunha guerra non teñen futuro ningún, son carne de canón. Só os demais, e só porque a lei obriga. É a famosa declaración internacional dos dereitos humanos. Todos os sirios teñen dereito a asilo, non é caridade, é lei, o mesmo pasou en España coa guerra.

P- Pero, en realidade, que está ocorrendo?

P- A policía deixa que se maten entre eles no campo de Moria, incluso temos visto provocalos, algúns levan anos alí traballando e tamén están fartos. En verán fai 40 graos, en inverno 3º baixo cero. Viven enriba da auga, o campo tense inundado incluso. Sen luz. Non hai apenas baños e os que hai entras e tes que saír.

“como non se van a suicidar? A 40 GRAOS, SEN TER A ONDE IR”

P- Como podemos deixar que pase isto?

R- É incrible o tema da distancia, o que pode chegar a desligarnos. Cando foi os lumes, ou en Tui, botouse unha man. Pero cando hai quilómetros de por medio non importa xente vivindo rodeados de moscas, nun cemiterio de lixo que se encharca cando chove, caldo de cultivo de enfermidades, están todas alí.

Nós collemos unha gripe ao saír un momento ao frío, imaxínate pasar un día na auga. Como non se van a suicidar? A 40 graos, sen ter onde ir, e xa non eles, os seus fillos, que fas, pasar o día con eles en brazos?

Lesbos/ Elefantes de papel

P- Que diría ao español que esgrima o argumento de que os refuxiados son un custe económico que non podemos asumir?

R- Que todo o diñeiro que se destina a inmigracións en España é da UE. Ao español non lle quitan nada, nin un céntimo. Non hai ningunha axuda social na que se especifique nacionalidade, non hai ningunha bonificación por ser estranxeiro, e como condición tes que estar legal, senón nada. A excepción é precisamente a axuda para inmigrantes retornados, españoles que regresen de fóra.

P- E o de que veñen a quitarnos o traballo?

R- Para unha persoa no paro é máis fácil acusar a outro que asumir que un non ten sorte, que o sistema está mal ou non vale. Con todo o que robou Urdangarín, hai quen pon o grito no ceo polo esforzo de acoller uns días.

E está demostrado que a zona onde hai refuxiados xera riqueza. Para Lesbos pagamos billete de avión de ida e volta, estivemos gastando máis dunha semana… E nunca teriamos ido sen refuxiados. Hai persoas que levan 2 anos ou 3 como voluntarios, soltando diñeiro. O Lydl, casualmente aberto entre dous campos, estaba cheo tódolos días de refuxiados e voluntarios.

“están na miseria, pero ven en ti o ceo aberto”

P- Hai unha solución para o racismo?

R- A calquera persoa que insista na xenofobia habería que deixala un día no campo de Moria, só un día, e listo. Xa chega, salvo que sexa nese caso concreto un enfermo mental. Con que o mire cos seus propios ollos, cambiaría o discurso. Despois de observar como viven alí, o agradecidos que son con tan pouco. Son xente que están na miseria, pero ven en ti o ceo aberto.

Elefantes de papel/Miguel Nuñez

P- Entendo que a violencia, no campo de Moria, campa ás súas anchas.

R- Alí ten que haber conflitos a collóns, non teñen sitio nin para mexar. Viven encima de ouriños, a comida é un rancho noxento, e só salvan a situación as pequenas ONGs, que non dan para todo, pero se non existiran isto explotaba.

Sería unha masacre, é a miña opinión. Ata dá que pensar que alguén non estea facendo adrede que se ataquen entre eles. Porque, só unha pregunta, como chega a droga ao campo? De onde a sacan?

P- Nas súas crónicas, non falaban da historia persoal dos refuxiados.

R- De afondar na desgracia, tódalas críticas serían iguais. Alí se hai 15.000 persoas, pois tes 15.000 historias malas. Así que tentamos homenaxear ás pequenas ONGs, resaltar o lado positivo, que sempre o hai.

De desgracias xa estamos fartos. A todos alí matáronlle a alguén, viviu violacións na súa persoa ou na súa familia… Ao primeiro que collías polo brazo, disparáronlle ao seu irmán. Vimos como un chico cego dun ollo perdía tamén a visión do outro.

Pero iso é o normal… Estivemos 12 días que non dan para nada. A nosa misión era darlle visibilidade. E, como xa comentamos, homenaxear o labor social, a esa xente que leva anos sobrevivindo como poden, como un máis, sen dispoñer de efectivo, para aportar un gran de area.

Hai quen ata acolle refuxiados nas súas casas, co perigo que iso significa, se chega ás autoridades. Aos de Proemaid denunciáronos por salvar vidas no Mediterráneo. E chega Amanecer Dorado e queima un cemiterio de xente que morreu na auga.

Cemiterio da vergonza / Elefantes de Papel

P- Cal é o perfil do refuxiado?

P- O perfil son familias. Familias que escapan todos enteiras e chegan a metade. O que máis hai, nenos, a vellos non alcanzan, entre a catástrofe e a alta taxa de suicidios, e hai unha natalidade máis elevada que aquí.

“en libia venden escravos como gando, collidos polos pés”

Non hai perfil, hai de todo. Africanos que escapan da pobreza, tamén. Da pobreza ou como unha rapariga de Camerún que coñecimos. Fuxía das palizas do seu marido, unha muller alí non vale nada. En Libia venden escravos como gando, collidos polos pés. Si, en 2018 hai mercado de escravos en Libia. Para velo basta un click en Google.

Hai unha frase brutal: “Deixarías o teu fillo nunha “patera” se pensas que estás nun lugar seguro?”. E hai moitos espazos ditatoriais polo mundo adiante. Os kurdos escapan do exterminio, cada un escapa do que pode.

Eu teño pasaporte europeo e nunca pensei en marchar a Alemania, nin estando no paro. Porque aquí tes o mínimo exixible en calquera caso, alí nin iso. E nós saqueamos e explotamos eses países, os seus ditadores non os elixiu o pobo, foron impostos por EE.UU, China ou Europa. Neses países viven cinco ben e o pobo está na miseria absoluta.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- O gran showman de Vigo

Aos seus 77 anos en Vigo existe un showman ao cal, despois de varias...

As poucas habitacións libres para a ponte de decembro en Vigo superan os 320 euros

As cidades de Vigo, Madrid, Málaga e Barcelona experimentaron un notable incremento nas reservas...

OPINIÓN.- Non hai tempo para reformas mornas

Óscar Lomba Álvarez O mundo está a arder, e non é só a calor do...

Desaloxan a Cidade da Xustiza de Vigo tras saltar a alarma por unha persoa fumando nos baños

A Cidade da Xustiza de Vigo foi desaloxada tras saltar a alarma de incendios por unha...