InicioMovementos SociaisOs Elefantes de Papel en Lesbos, capítulo 5: A importancia de sentirse...

Os Elefantes de Papel en Lesbos, capítulo 5: A importancia de sentirse realizado

PUBLICADO O

Velaquí o quinto relato de Berto e María, os nosos elefantiños. Xa están plenamente instalados en terras gregas, onde levan case unha semana exercendo labores de solidariedade grazas ao recadado co seu libro de contos. Ao final do artigo, un índice para acceder ao resto de capítulos.

Na praia, os avances son visibles: “Volvemos á praia cos cativos do campo de Pipka. O medo á agua vai quedando atrás. O obxectivo primordial agora é que aprendan a nadar.

De entre todos eles, destacan a un:“Mari Pili”. É unha nena iraquí de apenas cinco anos que xa se defende en inglés. “Obviamente, ese non é o seu nome, pero o verdadeiro semella tan impronunciable que optamos, entre bromas, por chamala así, e xa xira a cabeza e ri cando escoita “Mari Pili”, chancean. Esta nena esperta toda a súa curiosidade.

“Ten seis irmáns, todos maiores, pero, sen dúbida, ela é a qué manda. Hoxe chega comendo goma de mascar que ensina como o seu máis prezado tesouro. Eu saco caramelos de limón e ela pídeme un. Pono na súa man e o mira estrañada pero non o mete na boca. Non a perdo de vista e decátome de que llo entrega a outro rapaz”, reflicte María.

“Entón é cando me conta que, en total, son sete irmáns e que eles tamén queren caramelos. Ese xesto esperta a miña admiración e penso que, neste tipo de experiencias, os voluntarios sempre acabamos recibindo moito máis do que damos”.

Elefantes de Papel

Logo visitan a One Happy Family. Queren doar un exemplar de Elefantes de papel á biblioteca porque lles contaron que hai “refuxiados” que poden entendelo.

Aí coñecen a Diana, “unha americana que fala cinco idiomas, ten un noivo en Legazpi e nunca esquecerá o polbo de Melide”, e visitan de novo cociña de Julio, que sempre garda un sorriso para eles.

“Tanto ten que madrugue ás 06.00 da mañá, ou que no seu movil kitchen a temperatura non baixe dos 48°C. El é feliz. Fai do voluntariado un xeito de vida e o seu rostro non pode agochar a plenitude do que se sinte realizado”, subliña.

Na de Julio deixan as lentes doadas nos peches de proxecto de Elefantes de papel. El coñece a Luz, a muller que xestiona o proxecto da óptica en Moria e queda en entregarllas.
Porque Moria segue sendo para eles un territorio inexpugnábel: “Este luns pasamos por alí e cada vez parécese máis a un campo de concentración”. 

Elefantes de Papel

Baixando de Moria paran no espazo lúdico para nenos que é o The hope & peace center, e están con Salam, que o xestiona e tamén atende ás súas preguntas con moita amabilidade.

Destacan os elefantiños con tristura que “Salam é un dos voluntarios de Proem-AID que hai uns meses foi xulgado, xunto a tres bombeiros malagueños, por salvar vidas no Mediterráneo. Vivimos nunha sociedade que homenaxea ás persoas que libraron aos xudeus do holocausto nazi e, ao mesmo tempo, xulga a voluntarios por facer o mesmo cos “refuxiados”.

“Se cadra, é cuestión de tempo que a estas persoas anónimas se lles valore o seu mérito. Se cadra, pasa con elas o mesmo que co morto no funeral: teñen que falecer para que todos recoñezamos que era boa persoa”, lamentan.

O proxecto de Salam pareceulles un sono que moi pronto nos contarán: “Cremos que o recibiredes case con tanta ledicia como a que transmite “Mari Pili” repartindo caramelos entre os seus irmáns”.

ÍNDICE

CAP 0: Entrevista a María e Alberto antes da viaxe

CAP 1: Curando aos nenos o trauma do mar

CAP 2:  “O lixo acumúlase ás portas. O cheiro é indescriptible”

CAP 3: “Refuxiados é un eufemismo, esta xente non ten refuxio”

Cap 4: “Unha broma macabra”

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...