InicioSociedadePP e BNG únense para forzar un pleno extraordinario sobre a imputación...

PP e BNG únense para forzar un pleno extraordinario sobre a imputación da edil de Seguridade de Vigo polo caso do Saltamontes

A oposición actúa ante o "silencio" de Abel Caballero tras a imputación de Patricia Rodríguez polo accidente mortal de Matamá.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os grupos municipais do PP e do BNG no Concello de Vigo impulsarán a convocatoria dun pleno extraordinario para abordar a imputación da concelleira de Seguridade, Patricia Rodríguez Calviño, por un suposto homicidio imprudente. A investigación xudicial relaciónase coa morte dun mozo nas festas de Matamá de agosto de 2024, tras soltarse un ‘brazo’ da atracción Saltamontes.

Hai unha semana o PP propuxo ao grupo nacionalista unir os votos da oposición para forzar esta sesión, pero a iniciativa non frutificou inicialmente porque o BNG agardaba por unha solicitude previa de comparecencia do alcalde. Ante a falta de resposta de Abel Caballero, o portavoz nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, anunciou este venres que se reunirá o vindeiro luns coa portavoz do PP, Luisa Sánchez, para iniciar o proceso de convocatoria.

Pérez Igrexas cualificou de “silencio insultante” a actitude do rexedor e afirmou que a medida busca que o alcalde “non siga fuxindo deste grave caso e dea a cara dunha vez por todas”. O edil afeou a Caballero que siga “encastillado no seu despacho” e que a súa única decisión fose ratificar a confianza nunha concelleira investigada por homicidio imprudente, insistindo en que o goberno municipal debe asumir responsabilidades políticas.

Pola súa banda, o grupo liderado por Luisa Sánchez xa presentou a súa proposta de acordo para este pleno extraordinario. O PP expón pedir o cesamento da edila imputada, instar o alcalde a dar explicacións e crear unha comisión de investigación sobre o suceso. Así mesmo, a proposta inclúe trasladar oficialmente á familia do mozo falecido, Iván C.H., as condolencias de toda a Corporación municipal.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...