InicioEconomíaAlacante, Sevilla, Londres e París, novos voos impulsados con 2,8 millóns de...

Alacante, Sevilla, Londres e París, novos voos impulsados con 2,8 millóns de subvencións do Concello de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobou o expediente de contratación para a promoción turística da cidade a través da conexión aérea de Peinador con cidades como Alicante, Sevilla, Londres e París.  Así o anunciou o alcalde, Abel Caballero, que indicou que o Concello destinará máis de 2,8 millóns de euros a este contrato, que terá unha duración de dous anos, prorrogable por outros dous máis, o que elevaría a partida ata os 4,6 millóns.

Segundo dixo, estes voos terán que contar cunha estrutura “adecuada” de frecuencias, co obxectivo de aumentar o número de viaxeiros que cheguen á cidade olívica, potenciando un uso “máis intensivo” do transporte aéreo.

Caballero detallou que a ruta con Alicante terá que ter cando menos tres frecuencias semanais e destinaranse para iso 605.000 euros das arcas públicas, a mesma cantidade que a Sevilla, con catro frecuencias, e a París, con dúas frecuencias á semana.

Pola súa banda, a ruta con Londres contará cunha achega pública de algo máis de 1 millón de euros, con dúas frecuencias semanais en tempada baixa e tres en tempada alta. O alcalde especificou que os avións terán que dispoñer dun mínimo de 100 prazas e que os adxudicatarios terán que executar distintas accións de márketing “online” e publicacións en redes sociais, entre outras.

ÚLTIMAS

A PLISAN estréase como área de apoio loxístico para o tráfico de vehículos do Porto de Vigo

O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana, informou este venres ao Consello...

Ata oito nenos feridos nun accidente entre un bus escolar e un camión en Vigo

Polo menos oito persoas resultaron feridas leves na mañá deste venres ao rexistrarse un...

Feijóo, o candidato que tivo que borrar a hemeroteca para falar de xestión

Por Pedro de CastroNo debate a catro do 26 de novembro, Alberto Núñez Feixóo...

Policías portugues patrullarán conxuntamente coa policía española no Nadal de Vigo

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Alfonso Lago, deu a benvida aos dous axentes...