InicioSociedadeCarmen García Mateo convértese na primeira reitora da historia da Universidade de...

Carmen García Mateo convértese na primeira reitora da historia da Universidade de Vigo

A catedrática imponse a Belén Rubio co 56% dos votos e lidera o apoio nos campus de Vigo e Pontevedra.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A catedrática Carmen García Mateo será a primeira reitora da Universidade de Vigo nos 36 anos de historia da institución académica, tras imporse na segunda volta das eleccións á súa opoñente, Belén Rubio. Este resultado marca un fito histórico na gobernanza da universidade, que por primeira vez estará encabezada por unha muller.

García Mateo obtivo o 56,02% dos votos ponderados, o que supón un total de 1.926 sufraxios. A candidata logrou ser a máis votada na práctica totalidade dos sectores, coa única excepción do sector B, correspondente ao persoal docente e investigador non funcionario. Pola súa banda, Belén Rubio acadou o 43,98% do voto ponderado, sumando .1512 apoios.

A análise por campus amosa que a candidatura de García Mateo foi a máis apoiada nos centros de Vigo e Pontevedra. Pola contra, no campus de Ourense, Belén Rubio logrou ser a máis votada en todos os sectores, agás no sector D, que agrupa ao Persoal Técnico, Xestión e Administración, e Servizos.

ÚLTIMAS

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...

Organizacións de produtores de Vigo reclaman axilizar axudas ante a “difícil situación” da frota pesqueira

Organizacións de produtores viguesas (Opnapa, OPPC-3 e OPPF-4) trasladaron á secretaria xeral de Pesca,...

Besteiro pon o foco nas 100.000 vivendas baleiras de Galicia e esixe á Xunta actuar, poñendo a Vigo como exemplo de boa xestión: “Non...

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, puxo este venres como exemplo...