InicioSucesosDous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro pola malleira a un home nun aparcadoiro da parroquia de Torneiros, no municipio pontevedrés do Porriño e que acabou co afectado no hospital.

Segundo explicou fontes do Instituto Armado, detiveron como presuntos autores dun delito de lesións a un home de 33 anos veciño do Porriño e outro de 36 anos, de Mos. Así mesmo, hai un terceiro investigo como presunto autor dun delito de encubrimento.

Os feitos tiveron lugar na madrugada do pasado sábado, 15 de outubro, cando varios individuos propinaron golpes a outro nun aparcadoiro situado nas proximidades dunha escola infantil.

As feridas sufridas pola vítima, que xa foi dada de alta, motivaron que tivese que acabar ingresado no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, con varias fracturas e a perforación dun pulmón

ÚLTIMAS

Caballero di agora que “pide que o Goberno de España pague” parte das obras necesarias para ser sede do Mundial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, dixo este mércores que el "pide que o...

“Non permitiremos un réxime do medo”, sindicatos e movementos sociais condenan o ataque á sede de UGT de Vigo

Sindicatos, movementos sociais e partidos políticos de esquerda volveron condenar este mércores o ataque...

O cidadán “exemplar” de Vigo: entrega á Policía 400 euros que atopou no caixeiro

Un cidadán entregou á Policía Nacional 400 euros que atopara na rañura dun caixeiro...

O RC Celta de Vigo multado con 5.000 euros por vender alcol nos palcos VIP

A Comisión Permanente da Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e...