InicioSociedade"12 non son 13": a comunidade educativa do EEI Vila Laura de...

“12 non son 13”: a comunidade educativa do EEI Vila Laura de Vigo ponlle un 0 á Xunta por deixar sen cubrir unha praza docente

A comunidade educativa da EEI Vila Laura mobilízase por quinto venres consecutivo para reclamar a incorporación dunha mestra de infantil que falta desde o inicio de curso: "Volveremos todos os venres que fagan falta".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A comunidade educativa da EEI Vila Laura de Vigo volveu mobilizarse este venres, e xa van cinco, contra a Xunta, para esixirlle á Consellería de Educación que “cumpra coa dotación docente que ela mesma aprobou” e incorpore outra mestra de educación infantil que falta desde o inicio de curso: “12 non son 13”. Profesorado, pais, nais e alumnado volveron concentrarse á entrada do centro para esixir “que se cumpra co catálogo” ante a “falta” dunha mestra. Por iso, “suspenderon” a Xunta cun “cero”, xa que “12 non son 13”.

“Non queremos volver o próximo venres. Pero volveremos. Un venres, e outro, e outro. Todos os que fagan falta”, reivindicaron. “Non reclamamos unha especialista nin un recurso extraordinario. Reclamamos unha mestra de educación infantil que fai apoio educativo ordinario nas aulas e participaría, xunto co resto do profesorado, na organización das gardas e na cobertura das substitucións e ausencias. Ese posto estaba cuberto o curso pasado. Este curso non o está”, explicaron.

ÚLTIMAS

Besteiro pon o foco nas 100.000 vivendas baleiras de Galicia e esixe á Xunta actuar, poñendo a Vigo como exemplo de boa xestión: “Non...

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, puxo este venres como exemplo...

O BNG insiste en que Vigo será decisiva para volver ter deputado por Pontevedra

O BNG fixo este venres en Vigo un chamamento á cidadanía que lle dera...

Caballero sobre o Nadal: “A publicidade son eu. Cando a xente ve o meu debuxo, ve Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este xoves na VI Convención de Turespaña,...

A Xunta insiste no seu apoio ao Mundial en Vigo pero advirte da falta de planificación do concello

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, remitiulle unha carta ao alcalde...