InicioSociedadeCaballero sobre o Nadal: "A publicidade son eu. Cando a xente ve...

Caballero sobre o Nadal: “A publicidade son eu. Cando a xente ve o meu debuxo, ve Vigo”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este xoves na VI Convención de Turespaña, que se celebra en Zaragoza, onde gabou “o mellor Nadal do mundo” e sen facer publicidade pagada. “A publicidade son eu”, proclamou o rexedor.

Na súa intervención nunha das mesas redondas da convención, o alcalde salientou que Vigo “inventou” o Nadal do século XXI, coa “nora máis grande do mundo”. Así, a cidade industrial, que “non tiña turismo”, pasou a ser un destino con “6 millóns de visitantes” durante a campaña de Nadal.

Caballero puxo en valor o éxito do Nadal vigués, que “compite na liga” de grandes cidades como Nova York, Londres ou París, e todo iso “sen facer publicidade pagada”. “A publicidade son eu”, proclamou, e bromou co feito de que se convertera en “home anuncio” (lembrando a súa aparición como debuxo animado nun anuncio de turrón).  “Porque cando a xente ve o meu debuxo, ve Vigo. E pídeme que faga vídeos e que faga cousas para facer anuncios, eu préstome totalmente. Porque cada vez que alguén saca un anuncio con Abel Caballero, Abel Caballero é Vigo. E iso fai que a xente veña a Vigo”, sinalou. Caballero proclamou que é “o mellor alcalde do mundo”, seguido de Mamdani (Nova York), porque foi ministro de Turismo, unha responsabilidade que “dá para todo”.

Ademais, o alcalde incidiu en que o Nadal actuou como factor de atracción de visitantes á cidade ao longo de todo o ano, con niveis de ocupación hoteleira importantes mesmo na chamada tempada baixa. Ao respecto, remarcou que a cidade ofrece outros atractivos, como os concertos de verán e o festival O Marisquiño, a gastronomía, as praias, a paisaxe, e mesmo as “montañas planas“. “E como as aplanei? Temos ramplas mecánicas, ascensores e escaleiras mecánicas. Somos a cidade do mundo que máis ten”, apostilou.

Caballero apostou por fomentar o turismo, porque “é unha industria moi estable” e non “hai crise”. Segundo sinalou, iso de que a xente deixa de viaxar cando ten menos renda “non é certo”, polo que insistiu: “Fagamos moito turismo”.

Finalmente, convidou a estar “atentos” ás novidades da campaña de Nadal deste ano, “porque vai pasar o que nunca pasou na historia de ningunha cidade”. “O desta vez supera todo o que fixemos ata agora. Preparádevos”, advertiu.

ÚLTIMAS

A Xunta insiste no seu apoio ao Mundial en Vigo pero advirte da falta de planificación do concello

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, remitiulle unha carta ao alcalde...

Un inspector de Policía de Vigo denuncia a existencia dun chat policial con información confidencial de persoas e causas policiais

Un xulgado de instrución do Porriño  abriu dilixencias pola actividade dun chat de Telegram...

A protesta pola vivenda en Vigo non deixa de medrar: xa son 60 tendas e ata 40 persoas durmindo cada noite

A acampada pola vivenda en Vigo acada xa as 60 tendas, nas que cada...

O profesor da UVigo Alfonso Lago Ferreiro será o novo subdelegado do Goberno en Pontevedra

O profesor da Universidade de Vigo (UVigo) Alfonso Lago Ferreiro será o novo subdelegado...