InicioCulturaQueremos Galego lembra o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua

Queremos Galego lembra o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua

O portavoz da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, destacou o seu compromiso coa lingua e o seu activismo en favor das “causas xustas".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A plataforma Queremos Galego pechou este venres a campaña de difusión da mobilización do 17 de maio, Día das Letras Galegas, no Calvario, en Vigo, o barrio no que naceu e viviu Begoña Caamaño, de quen o portavoz da Mesa, Marcos Maceira, destacou o seu compromiso coa lingua e o seu activismo en favor das “causas xustas”.

Maceira lembrou que o idioma galego estivo “presente en toda a súa actividade, como profesional do xornalismo, como socia da Mesa pola Normalización Lingüística ou apoiando todas as accións e convocatorias pola lingua, pricipalmente nos seus últimos anos, contra o decreto contra o galego no ensino”. “Begoña Caamaño seguirá camiñando connosco este 17 de maio polas rúas de Compostela“, engadiu Marcos Maceira.

A plataforma Queremos Galego percorrerá as rúas de Santiago de Compostela este domingo, día 17 de maio, xunto con entidades sociais e institucións públicas, reivindicando a presenza da lingua propia “en todos os ámbitos” e pedíndolle á Xunta que “dea resposta” á “emerxencia lingüística” e ao Partido Popular de Galicia que “abandone a súa belixerancia contra o galego, representada esta última semana pola eliminación da área de Promoción da Lingua por parte do novo goberno municipal de Lugo”.

“Resulta rechamante e mesmo simbólico que unha das primeiras medidas que toma Elena Candia nada máis chegar ao poder municipal en Lugo sexa eliminar os mecanismos de defensa e protección da nosa lingua”, advertiu Maceira, “a mesma semana das Letras, na que o presidente da Xunta e outras figuras do PP presumen de estar a traballar arreo na súa normalización”.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...