Inicio Blog Páxina 2093

Profesionais da área Sanitaria de Vigo participan na presentación dun documental sobre a enfermidade pulmonar EPOC

0

Profesionais da área Sanitaria de Vigo participarán nun coloquio tras a proxección dun documental sobre a enfermidade pulmonar obstructiva crónica (EPOC), que terá lugar este mércores no auditorio da sede de Afundación da cidade olívica.

Tal e como trasladou a xerencia da área sanitaria, na presentación de ‘La bicicleta de Esther’ intervirán o director deste documental, Ander Luque; o médico de Atención Primaria Jaime Gonzálvez, a neumóloga Cristina Represas, a enfermeira de pneumoloxía María Luz Abale e unha paciente que padece a enfermidade, María Teresa García.

En concreto, o proxecto audiovisual, promovido por GSK e a Cátedra RespiraVida, mostra a vida dunha muller que padece a patoloxía pulmonar, Esther, e o seu marido, Antonio, e como ambos afrontan as dificultades que esta enfermidade lles crea. A historia, narrada pola paciente en primeira persoa, busca sensibilizar á cidadanía sobre como afecta a EPOC á vida diaria das persoas que a padecen.

Respecto ao contido audiovisual, o director sinalou que se centrou en personaxes anónimos e reais cos obxectivos de que “todo o mundo que convive con esta enfermidade senta identificado” e de que sexa interesante para persoas que non están relacionadas coa patoloxía.

A EPOC é, a pesar do seu descoñecemento pola maioría da poboación, a cuarta causa de falecementos en España e unha das enfermidades cuxa mortalidade é máis elevada a nivel mundial. En España, un 11,8 por cento dos adultos maiores de 40 anos padece a EPOC, cuxos principais síntomas son a disnea, a tose crónica e a expectoración.

Así mesmo, profesionais do servizo de Pneumoloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo levaron a cabo 600 entrevistas a pacientes da área sanitaria no marco da súa participación no estudo EPISCAN II. Deste xeito, observaron que case o 17 por cento das persoas de máis de 40 anos presentan algunha alteración obstructiva tras a realización dunha esperiometría fronte ao 11,8 por cento da media estatal. Ademais, case un 73 por cento desas persoas non estaban diagnosticadas.

100 anos do primeiro champán galego

0

A maioría dos lectores seguramente non saiban que o primeiro champan producido en Galicia, se embotellou na Ramallosa, nas primeiras décadas do século XX. A empresa Manuel Costas e Compañía foi a encargada de producir, embotellar e distribuír o Champan ‘Galicia’.

Anteriormente nunca se produciu este viño espumoso para a súa comercialización. Galicia era famosa polos seus viños novos, xa desde a época dos romanos. A principios do século pasado por iniciativa de Bautista López Valeiras, que levaba moitos anos á fronte da Vinicola Galega, asociado co viticultor da Ramallosa Manuel Costas en 1919 e ambos fundaron a Compañía Manuel Costas.

A Vinicola Galega era por aqueles anos a adega de viño máis grande de Vigo e distribuía varias marcas propias, entre elas: o Gran Viño Quinado ‘Celta’; Ponche ‘Celta’; viño branco ‘Topacio’; Veigas de Galicia ‘Peares’; Brandy ‘Perradiña‘, entre outros.

As oficinas estaban situadas en Vigo desde onde levaba a administración e a súa comercialización. Mentres que a adega e o embotellamento realizábase na Ramallosa, onde Costas tiña o seu chalé e unha extensa zona de vides. Tanto Valeiras como Costas decidiron que o champan levase o nome de Galicia, como forma distintiva de promoción. Non era fácil impor este produto no mercado galego, non existía antecedentes de produción anterior. Doutra banda era unha bebida soamente consumida nas clases altas e de forma moi puntual. O champan consumido por aqueles tempos era soamente o francés ou o cava catalán.

Publicidade do champan Galicia
Publicidade do Champán Galicia

A idea destes dous socios era realizar a distribución especialmente en restaurantes, hoteis e ultramarinos finos. Esta tarefa estaba en mans de Valeiras, que tiña unha longa experiencia e unha boa carteira de clientes, mentres que Costas era o encargado da produción, embotellamento e etiquetaxes do champan. A instalación da adega xerou varios empregos directos na Ramallosa, especialmente na tempada de recolección e embotellamento. A idea da empresa era converter aos pequenos produtores de vide da zona, en provedores da adega.

Co fin de promocionar o seu viño espumoso, realizaron varias campañas publicitarias e convidaron a importantes personalidades de Galicia a visitar as adegas en Nigrán.

Nas primeiras décadas daquel século, tanto a vila mariñeira e señorial de Baiona como a comarca do Val Miñor converteuse nun lugar de residencia da incipiente burguesía galega da provincia de Pontevedra. Empresarios, políticos e nobres e indianos habían construídos as súas mansións especialmente para ser utilizadas nos meses do verán.

Pero, a pesar do entusiasmo posto por Valeiras e Costas neste emprendimiento, en 1925 disolveron a compañía.

Un artigo de Lois Pérez Leira en historiadegalicia.gal

Un condutor borracho atropela a unha muller que ía cunha meniña nun carro

Unha muller que ía acompañada dunha filla de dous anos resultou ferida leve tras ser atropelada por un conductor que deu un resultado positivo na proba de alcoholemia.

Segundo informaron fontes da Policía Local de Vigo, o accidente tivo lugar no Camiño das Fontes, por onde circulaba un turismo que chocou con outro coche e saíuse da vía e foi a impactar contra un muro.

Nese momento pola beirarrúa paseaba unha muller que puxaba dun carriño no que ía a súa filla que resultou ilesa. De feito, o home, tivo tempo de manobrar para evitar pillalas ás dúas.

O condutor someteuse á proba de alcoholemia, que deu resultado positivo, segundo confirmou a Policía Local.

María Vinyals, a muller que cría na maxia das Rías Baixas, reivindicada pola Deputación de Pontevedra

0

A campaña ‘Somos historias’ da Deputación de Pontevedra, que foi presentada este xoves na Feira Internacional de Turismo (Fitur), promocionará en 2018 a multiexperiencia turística que ofrece a provincia cunha iniciativa que vira ao redor da marquesa de Ayerbe e activista, María Vinyals, figura que, “a medida que se coñece, permite coñecer a Pontevedra das lendas”.

“Todo este mundo ao redor de ‘Somos historias’ xorde pola figura de María. Comezamos a apaixonarnos por esta muller, comezamos a descubrila e, a medida que a coñecíamos, coñecemos a Pontevedra das lendas, da maxia, que ten tanta historia“, destacou a presidenta da Deputación, Carmela Silva.

A presentación da campaña consistiu nun diálogo entre Carmela Silva; a actriz protagonista do vídeo promocional e presentadora do evento, Patricia Torres; e o arqueólogo Diego Piay, quen conversaron sobre o patrimonio cultural e natural máis representativo da provincia, coa figura de Vinyals como fío condutor.

A curtametraxe, que puido seguirse por ‘streaming’ na páxina web de Turismo Rías Baixas e redes sociais, repasa a vida e personalidade de Vinyals, á que define como “unha muller precursora do feminismo, de carácter indomable“, e á que representa lendo e descubrindo numerosos monumentos e paraxes da provincia.

“Loitei pola igualdade e a dignidade das mulleres, coñecín lugares e culturas fascinantes, pero só houbo un lugar ao que chamei fogar, no que atopei descanso. Todos temos un destino, o meu é Rías Baixas“, comenta o personaxe de Vinyals no vídeo.

A continuación, a presidenta provincial subliñou que “os territorios, os pobos, constrúense coas persoas“, e por iso “os pobos son sobre todo historias, grandes historias que contar“, a colación do que convidou a todos os asistentes a “vir e descubrir esta provincia, a través da vida desta muller”.

CASTELO DE SOUTOMAIOR

Dentro dos atractivos turísticos da Provincia, Silva destacou os castelos de Soutomaior e Sobroso, os xacementos, vilas termais, paisaxes, fervenzas e mosteiros. “Somos terra de pedra e auga, e ela, que era unha enorme viaxeira, falaba sempre de Pontevedra, era activista e tamén emprendedora. Era unha muller espectacular”, selou sobre Vinyals.

En relación ao castelo de Soutomaior, onde naceu a marquesa, a presidenta comunicou que o próximo mes de abril inaugurarase o seu musealización, onde, entre outras cuestións, farase referencia a “unha historia de pantasmas” descuberta por esta muller.

A campaña turística tamén fai especial referencia á camelia, flor representativa da provincia e que é “a raíña” do “espectacular” xardín botánico do castelo. Xusto despois, entregouse aos asistentes á presentación unha caixa cun caderno coa imaxe do Castelo de Soutomaior, e galletas e nubes de caramelo.

A Policía Local de Vigo poñerá o foco nos patinetes para que non circulen pola beirarrúa

A Policía Local de Vigo iniciará unha campaña para evitar a circulación de patinetes eléctricos en espazos peonís e que levará a cabo ata o próximo 7 de novembro. En declaracións remitidas aos medios, o alcalde, Abel Caballero, explicou que, deste xeito, búscase sumarse á campaña realizada pola Dirección General de Tráfico (DGT) para previr a circulación destes vehículos de mobilidade persoal na beirarrúa. Así, incidiu na importancia de que “cumpran as normas de circulación” e lembrou que non poden transitar por beirarrúas e vías peonís, xa que deben limitarse aos carrís bici ou a calzada.

COLEXIOS PÚBLICOS

Por iso, avanzou que a Policía Local levará a cabo unha campaña de sensibilización e control sobre ciclistas e persoas que viaxen nestes vehículos ata o próximo 7 de novembro. Noutra orde de cousas, o rexedor asegurou que o Concello “inviste unha cantidade moi significativa” en colexios públicos de educación primaria situados na cidade e que cifrou en 7 millóns de euros anuais destinados a subministracións, limpeza, obras e tarefas de vixilancia.

Neste sentido, sinalou que este ano se destinaron 2 millóns de euros a traballos de renovación, mantemento e cubrimiento de espazos en colexios “a pesar de que o 70% destes gastos son competencia da Xunta”. Así, volveu a denunciar o “abandono” da Administración autonómica a estes centros, que contrapuxo coas 80 actuacións impulsadas polo goberno local en 40 deles.

O investigador da UVigo Diego Soto, Premio á Mellor Tese de Doutoramento en Ciencia do Solo

A Sociedade Española da Ciencia do Solo recoñeceu ao investigador Diego Soto, da Universidade de Vigo, co premio á Mellor Tese de Doutoramento en Ciencia do Chan do ano 2020, por un traballo sobre as propiedades físicas do chan.

Na súa tese, Soto (licenciado en Enxeñaría Técnica Agroalimentaria e investigador do departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo da facultade de Ciencias de Ourense) aborda as conexións entre as propiedades físicas do chan e a capacidade deste para actuar como filtro.

Para iso utiliza técnicas como a tomografía axial computerizada (TAC) que, entre outras cousas, permite comprender diferenzas asociadas ao manexo agrícola do chan, segundo destacou a Sociedade Española da Ciencia do Solo.

A entidade tamén puxo de relevo que o traballo de Diego Soto expón conclusións “relevantes” respecto do transporte de partículas coloidais ou sobre a arquitectura da rede de poros do chan, e ten “un gran número de aplicacións”.

O investigador expresou a súa satisfacción por este premio, un recoñecemento “estatal” no seu campo de traballo, e puntualizou que, para a elaboración da tese contou co apoio dos seus directores, José Eugenio López e Marcos Paradelo, e de compañeiros do departamento de Edafoloxía.

CCOO esixe a dimisión do presidente do Porto de Vigo pola súa actuación “ruín” con Vulcano

A asemblea de delegados do metal de CCOO en Vigo esixe a dimisión do presidente da Autoridade Portuaria, Enrique López Veiga, pola súa actuación “desleal, opaca, malintencionada e ruin” respecto ao futuro das instalacións de Vulcano.

CCOO acusa a López Veiga de tentar “impedir por todos os medios” que as instalacións que ocupa Vulcano, inmerso nun proceso de liquidación, manteñan unha actividade industrial e pasen a ter un uso portuario.

Afea o seu incumprimento dos “compromisos adquiridos” cos traballadores do estaleiro “e mesmo co presidente da Xunta”, e que aposte pola “desindustrialización” da comarca de Vigo ao “impedir” a continuidade da concesión das instalacións de Vulcano máis aló de 2027.

Precisamente a ampliación da concesión é a condición que a empresa Vicalsa, especializada en reparación naval, puxo sobre a mesa para facer unha proposta formal para dar continuidade á actividade industrial nestas instalacións.

Sobre a crise en Barreras, CCOO ratifica o seu apoio á manifestación do próximo martes, cando os traballadores do estaleiro farán un paro de catro horas.

Considera este sindicato que urxe unha solución para evitar o “impacto mortal” sobre as empresas auxiliares que están a provocar as débedas contraídas con Barreras, e que agora “non é momento de buscar culpables”, senón de centrarse na procura de solucións.

Morre un mozo apuñalado en Salceda logo dunha discusión

0

Un mozo de 25 anos natural de Tui (Pontevedra) faleceu na madrugada do sábado en Salceda de Caselas (Pontevedra) a consecuencia dunha puñalada con arma branca propinada por un home que, tras a agresión, deuse á fuga e está a ser buscando polas forzas da orde.

O suceso, segundo fontes da investigación consultadas por Europa Press, tivo lugar ao redor das 05,00 horas da madrugada do sábado ás portas dun local de lecer nocturno situado nas inmediacións do concello de Salceda.

Os implicados iniciaron unha discusión no interior do establecemento que continuou fóra do local. Alí, o agresor asestou unha puñalada no costado esquerdo do falecido cunha arma branca e, a continuación, deuse á fuga.

Ata o lugar desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias 061 que trataron de reanimar á vítima sen éxito. O mozo, natural de Tui aínda que residente en Salceda, faleceu no punto a consecuencia da ferida. A Garda Civil coordina as tarefas de procura do agresor, que aínda non foi localizado.

A Xunta destaca o papel do polo industrial de Rozas na innovación aeronáutica galega

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou este mércores “a importancia da simbiose” entre o polo tecnolóxico e industrial de Rozas e as empresas galegas que favorece a aposta da aeronáutica por Galicia.

Así o expresou Conde durante a súa visita á sede da compañía Centrum en Vigo, unha entidade dedicada ao deseño e comercialización de sistemas aeronáuticos tanto para vehículos tripulados como non tripulados que, segundo lembrou a Xunta nun comunicado, traballa no proxecto de Rozas.

No acto, o conselleiro asegurou que o aeródromo “non sería posible sen o talento de firmas como Centrum”, á vez que valorou que “este tipo de empresas non serían o mesmo sen Rozas”, posto que o polo “permite abrir as portas a unha industria tecnolóxica e de alto valor engadido como o é a aeronáutica”.

Neste sentido, Conde subliñou o papel do aeródromo para que as compañías galegas como Centrum “poidan despregar todo o seu potencial”. “Estamos ante un claro expoñente do ecosistema innovador que hai detrás do sector aeronáutico de Galicia”, sentenciou.

E é que, segundo indicou o Goberno autonómico, en Rozas levan a cabo, na actualidade, 20 proxectos de I+D coa participación de 19 empresas galegas, que traballan xunto aos dous socios tecnolóxicos da Xunta no polo tecnolóxico: Indra e Babcock.

Feijóo pide “buscar fórmulas” entre todas as administracións ante a crise de “chips” e materias primas

0

O presidente da Xunta, Alberto Feijóo Feijóo, pediu este martes buscar “fórmulas” e “solucións entre todos” para facer fronte ao “dano” provocado na industria pola chamada crise dos ‘microchips’ ou o encarecemento do prezo de materias primas e da enerxía.

Así o trasladou na súa intervención durante a inauguración da feira Mindtech, que se celebra desde este martes no Instituto Feiral de Vigo, na que o titular do Executivo autonómico puxo en valor a capacidade de recuperación e o impulso da industria galega, e na que tamén admitiu que hai “problemas” que afectan a varios sectores.

Respecto diso, explicou que a escaseza de semicondutores (‘microchips’) traduciuse nunha crise “enorme” no sector da automoción, con afectación ao emprego e a facturación tanto na industria auxiliar, como na planta ‘tractora’ desta industria, a fábrica de Stellantis.

Feijóo tamén mostrou a súa “preocupación” polo incremento “exponencial” de prezos de materias primas como o aluminio, e avogou por “buscar fórmulas” entre todas as administracións, cada unha “no ámbito das súas competencias”, para que a industria poida cumprir os contratos cos prezos previamente pactados” e así seguir producindo.

O presidente galego tamén se referiu a outra das circunstancias que penaliza á industria, como é o prezo da enerxía, e reiterou a necesidade de pactar solucións. “Sobre todo en comunidades autónomas como esta, con industrias hiperelectrointensivas, sendo Galicia a única comunidade de España que produce aluminio primario”, engadiu.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed