InicioEconomíaO grupo Vicalsa confirma o seu interese polas instalacións de Vulcano

O grupo Vicalsa confirma o seu interese polas instalacións de Vulcano

O grupo vigués, experto na prestación de servizos de reparación naval, avisa de que para garantir a viabilidade do seu proxecto debe manterse e ampliarse a concesión administrativa outorgada polo Porto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo vigués Vicalsa, experto na prestación de servizos de reparación naval, confirmou este xoves o seu interese polas instalacións do estaleiro Vulcano, en proceso de liquidación, aínda que apuntou que, para garantir a viabilidade do seu proxecto, debe manterse e ampliarse a concesión administrativa outorgada polo Porto.

Viguesa de Calderería, S.A. informou de que está “a traballar na elaboración dun plan de negocio referente á viabilidade da actividade de construción e transformación naval” nas instalacións do estaleiro, no barrio de Teis.

“Para garantir a viabilidade do proxecto, é imprescindible e necesario que a concesión administrativa outorgada pola Autoridade Portuaria de Vigo que teñen concedidas esas instalacións (…) continúe en vigor, e cunha ampliación do prazo de concesión máis aló do 2027“, advertiu o grupo empresarial.

Vicalsa trasladou tamén que, unha vez elaborado ese plan de negocio, presentará oferta polas instalacións de Vulcano “nas próximas semanas”.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...