InicioPolíticaA Xunta destaca o papel do polo industrial de Rozas na innovación...

A Xunta destaca o papel do polo industrial de Rozas na innovación aeronáutica galega

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou este mércores “a importancia da simbiose” entre o polo tecnolóxico e industrial de Rozas e as empresas galegas que favorece a aposta da aeronáutica por Galicia.

Así o expresou Conde durante a súa visita á sede da compañía Centrum en Vigo, unha entidade dedicada ao deseño e comercialización de sistemas aeronáuticos tanto para vehículos tripulados como non tripulados que, segundo lembrou a Xunta nun comunicado, traballa no proxecto de Rozas.

No acto, o conselleiro asegurou que o aeródromo “non sería posible sen o talento de firmas como Centrum”, á vez que valorou que “este tipo de empresas non serían o mesmo sen Rozas”, posto que o polo “permite abrir as portas a unha industria tecnolóxica e de alto valor engadido como o é a aeronáutica”.

Neste sentido, Conde subliñou o papel do aeródromo para que as compañías galegas como Centrum “poidan despregar todo o seu potencial”. “Estamos ante un claro expoñente do ecosistema innovador que hai detrás do sector aeronáutico de Galicia”, sentenciou.

E é que, segundo indicou o Goberno autonómico, en Rozas levan a cabo, na actualidade, 20 proxectos de I+D coa participación de 19 empresas galegas, que traballan xunto aos dous socios tecnolóxicos da Xunta no polo tecnolóxico: Indra e Babcock.

ÚLTIMAS

Vigo reservará fondos en 2027 para impulsar voos a Londres, París, Alacante e Sevilla

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou que os orzamentos municipais de 2027 incluirán...

Unha falsa alarma por gas obriga a desaloxar o IES de Valladares, en Vigo

Unha falsa alarma por unha posible fuga de gas obrigou este mediodía a desaloxar...

Novo atentado homófobo en Vigo: persiguen ao berro de”maricón” a un home en Vigo

A Policía Nacional identificou o pasado venres varios mozos despois de que, supostamente, perseguisen...

Caballero alerta de que a Vigo lle quedan 38 días de auga “con garantía de calidade”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu advertir da situación de seca e asegurou...