InicioPolíticaVigo reservará fondos en 2027 para impulsar voos a Londres, París, Alacante...

Vigo reservará fondos en 2027 para impulsar voos a Londres, París, Alacante e Sevilla

Caballero asegura que o novo concurso de promoción turística está "avanzado" e acusa a Xunta e a Deputación de deixar só o Concello no financiamento de rutas desde Peinador.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou que os orzamentos municipais de 2027 incluirán fondos para un novo concurso público de promoción turística dirixido ás aerolíñas, co obxectivo de impulsar conexións desde Peinador. As rutas nas que pon o foco o goberno local son Londres, París, Alacante e Sevilla. En declaracións remitidas aos medios, o rexedor asegurou que a preparación do concurso está “avanzada” e que a dotación orzamentaria está “preparada”. Segundo explicou, o Concello busca “estabilidade nos voos e nas rutas”. Caballero sostivo que o goberno municipal terá que financiar “en solitario” a implantación de novas conexións.

Neste sentido, insistiu en que, segundo afirma, a Xunta paga voos desde os aeroportos da Coruña e Santiago, mentres que non o fai en Vigo. O alcalde tamén criticou a Deputación de Pontevedra e o Executivo autonómico por querer destinar fondos a “publicidade e propaganda” de “voos que non existen”, en lugar de financiar rutas desde Peinador. “Este sistema é o máis estúpido que ouvín na miña vida”, afirmou. O rexedor reivindicou o Concello como a única Administración que aposta polo financiamento de voos en Vigo e acusou a Xunta e a Deputación de actuar en contra dese obxectivo. “En Santiago está a pagar voos, que ensinen as contas”, reclamou en referencia ao Goberno galego.

ÚLTIMAS

Unha falsa alarma por gas obriga a desaloxar o IES de Valladares, en Vigo

Unha falsa alarma por unha posible fuga de gas obrigou este mediodía a desaloxar...

Novo atentado homófobo en Vigo: persiguen ao berro de”maricón” a un home en Vigo

A Policía Nacional identificou o pasado venres varios mozos despois de que, supostamente, perseguisen...

Caballero alerta de que a Vigo lle quedan 38 días de auga “con garantía de calidade”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu advertir da situación de seca e asegurou...

Cinco acusados da rede de explotación sexual en Vigo aceptan penas de ata un ano e nove meses de prisión

Cinco dos seis acusados pola rede de explotación sexual en chalés e nun local...