InicioVigo e contornaMaría Vinyals, a muller que cría na maxia das Rías Baixas, reivindicada...

María Vinyals, a muller que cría na maxia das Rías Baixas, reivindicada pola Deputación de Pontevedra

A campaña 'Somos historias' da Deputación de Pontevedra, que foi presentada este xoves na Feira Internacional de Turismo (Fitur), promocionará en 2018 a multiexperiencia turística que ofrece a provincia cunha iniciativa que vira ao redor da marquesa de Ayerbe e activista, María Vinyals, figura que, "a medida que --se coñece, permite coñecer-- a Pontevedra das lendas".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A campaña ‘Somos historias’ da Deputación de Pontevedra, que foi presentada este xoves na Feira Internacional de Turismo (Fitur), promocionará en 2018 a multiexperiencia turística que ofrece a provincia cunha iniciativa que vira ao redor da marquesa de Ayerbe e activista, María Vinyals, figura que, “a medida que se coñece, permite coñecer a Pontevedra das lendas”.

“Todo este mundo ao redor de ‘Somos historias’ xorde pola figura de María. Comezamos a apaixonarnos por esta muller, comezamos a descubrila e, a medida que a coñecíamos, coñecemos a Pontevedra das lendas, da maxia, que ten tanta historia“, destacou a presidenta da Deputación, Carmela Silva.

A presentación da campaña consistiu nun diálogo entre Carmela Silva; a actriz protagonista do vídeo promocional e presentadora do evento, Patricia Torres; e o arqueólogo Diego Piay, quen conversaron sobre o patrimonio cultural e natural máis representativo da provincia, coa figura de Vinyals como fío condutor.

A curtametraxe, que puido seguirse por ‘streaming’ na páxina web de Turismo Rías Baixas e redes sociais, repasa a vida e personalidade de Vinyals, á que define como “unha muller precursora do feminismo, de carácter indomable“, e á que representa lendo e descubrindo numerosos monumentos e paraxes da provincia.

“Loitei pola igualdade e a dignidade das mulleres, coñecín lugares e culturas fascinantes, pero só houbo un lugar ao que chamei fogar, no que atopei descanso. Todos temos un destino, o meu é Rías Baixas“, comenta o personaxe de Vinyals no vídeo.

A continuación, a presidenta provincial subliñou que “os territorios, os pobos, constrúense coas persoas“, e por iso “os pobos son sobre todo historias, grandes historias que contar“, a colación do que convidou a todos os asistentes a “vir e descubrir esta provincia, a través da vida desta muller”.

CASTELO DE SOUTOMAIOR

Dentro dos atractivos turísticos da Provincia, Silva destacou os castelos de Soutomaior e Sobroso, os xacementos, vilas termais, paisaxes, fervenzas e mosteiros. “Somos terra de pedra e auga, e ela, que era unha enorme viaxeira, falaba sempre de Pontevedra, era activista e tamén emprendedora. Era unha muller espectacular”, selou sobre Vinyals.

En relación ao castelo de Soutomaior, onde naceu a marquesa, a presidenta comunicou que o próximo mes de abril inaugurarase o seu musealización, onde, entre outras cuestións, farase referencia a “unha historia de pantasmas” descuberta por esta muller.

A campaña turística tamén fai especial referencia á camelia, flor representativa da provincia e que é “a raíña” do “espectacular” xardín botánico do castelo. Xusto despois, entregouse aos asistentes á presentación unha caixa cun caderno coa imaxe do Castelo de Soutomaior, e galletas e nubes de caramelo.

ÚLTIMAS

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...