InicioSucesosUn condutor borracho atropela a unha muller que ía cunha meniña nun...

Un condutor borracho atropela a unha muller que ía cunha meniña nun carro

Con todo, o home tivo tempo de manobrar para tentar esquivar un impacto máis grave contra a nai e a filla.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha muller que ía acompañada dunha filla de dous anos resultou ferida leve tras ser atropelada por un conductor que deu un resultado positivo na proba de alcoholemia.

Segundo informaron fontes da Policía Local de Vigo, o accidente tivo lugar no Camiño das Fontes, por onde circulaba un turismo que chocou con outro coche e saíuse da vía e foi a impactar contra un muro.

Nese momento pola beirarrúa paseaba unha muller que puxaba dun carriño no que ía a súa filla que resultou ilesa. De feito, o home, tivo tempo de manobrar para evitar pillalas ás dúas.

O condutor someteuse á proba de alcoholemia, que deu resultado positivo, segundo confirmou a Policía Local.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...