Inicio Blog Páxina 2047

O Sergas indeminizará con 100.000 euros a unha paciente con parálise facial por unha operación no Meixoeiro

A Sección Primeira da Sala do Contencioso-administrativo do TSXG confirmou que o Sergas debe indemnizar con 99.644 euros a unha paciente que sofre unha parálise facial avanzada debido á lesión dun nervio provocada durante unha operación no hospital Meixoeiro de Vigo en xaneiro de 2009.

A muller foi intervida cirurxicamente porque sufría hipoacusia bilateral (unha incapacidade para detectar sons nos oídos, ben sexa parcial ou totalmente). Segundo apunta o TSXG nun comunicado, o tribunal desestimou os recurso de apelación interpostos polo Sergas e Segurcaixa Adeslas e confirmou a sentenza emitida polo Xulgado do Contencioso-administrativo número 2 de Vigo en febreiro deste ano.

Os maxistrados rexeitan no fallo a solicitude de prescrición do Sergas, pois subliñan que, desde que se estabilizaron e consolidaron as secuelas ata que a afectada presentou a reclamación, en outubro de 2014, non transcorreu o prazo dun ano ao que se refire a Lei 30/1992. “Os prexuízos non puideron ser determinados no momento da intervención cirúrxica”, recalcan os xuíces, polo que consideran que o prazo para presentar a reclamación debe contabilizarse desde o día no que se coñeceron definitivamente os efectos das secuelas. O tribunal considera acreditado que tanto o déficit auditivo como a funcionalidade da parálise facial “evolucionaron e se alteraron” desde a operación, en 2009, ata o 6 de outubro de 2014, cando se deron por estabilizados.

O TSXG tamén rexeitou diminuír a contía dos días non impeditivos, o que comportaría unha rebaixa na indemnización por este concepto, tal e como demandaba o Sergas. “Están debidamente xustificados os 2.070 días non impeditivos polos que a sentenza outorga os 65.060 euros solicitados, que teñen a súa base no baremo de circulación de vehículos de motor”, indican os xuíces, que subliñan que á hora de calcular a indemnización hai que ter en conta a imposibilidade de corrección da parálise facial, a súa visibilidade e a súa afectación directa na área da faciana.

A clase dirixida a adultos de tódalas idades consolida a labor da Escola de Teatro de Tomiño

0

A Escola Municipal de Teatro de Tomiño foi consolidando a súa labor, que comezou hai preto dunha década, e que este curso sumou aos grupos infantil e xuvenís,un de adultos. A experiencia resultou un grande acerto.

Así o testemuña a decena de actores e actrices, con idades comprendidas entre os 25 e os 70 anos. A profe encargada é Beatriz González Campos, actriz, presentadora, narradora e directora teatral.

Ela explica que o de adultos “é un grupo moi diverso que comezou de cero e con idades moi diferentes. “Hai de todo -di- así que os primeiros meses traballamos para conseguir unificar o grupo e que tivese unha linguaxe común. Para min, era moi importante que aprendesen a traballar en grupo e que ademais, entendesen que existen moitos xeitos diferentes de facer teatro, máis alá de chapar un texto de memoria e recitalo”.

Escola de Teatro/ Concello de Tomiño

Os primeiros meses fixeron improvisacións sobre temas próximos a eles e á historia de
Tomiño. Buscaron información sobre O Pisco, a chegada dos kiwis ou a emigración dos seus
antepasados. “Eles investigaban e despois viñamos a clase e improvisaban sobre as historias que traían”, relata Beatriz.

Paralelamente a este traballo, foron facendo escenas, a partir dunha lenda artúrica. “Pasado un tempo decidimos que nos apetecía facer unha obra para mostrarlle o traballo á xente, e agora estamos nese momento ensaiando as escenas da peza “Que é o que queren as mulleres?”, explica.

Trátase dunha creación colectiva, xa que mediante improvisacións os alumnos van facendo eles mesmos o texto, que a monitora vai recollendo e organizando. Este traballo leva máis tempo que memorizar un texto teatral que xa existe, pero é máis creativo, xa que eles convértense en escritores, improvisadores e actores.

“O que me importa é que entendan a situación, que conten o que pasa na escena e que fagan os personaxes, e que o pasen ben, iso é o máis importante” comenta a profesora.
A obra presentarase o domingo 1 de xullo ás 20h30 no auditorio de Goián e leva por título “A lenda da cabeleira negra”.

BEATRIZ CAMPOS

Beatriz Campos é licenciada en arte dramático pola ESAD de Galicia, onde recibiu o premio de interpretación Marta Sieiro, e compoñente da compañía teatral Migallas, fundada pola súa familia.

Actualmente ademais de traballar en Migallas Teatro, vén de estrear un espectáculo de rúa “A tropa do Doutor Milagre”, primeira montaxe da compañía Inventi Teatro, da que tamén é
fundadora.

Traballou como actriz en diferentes compañías de teatro, entre as que destacan Triatreros,
Inversa Teatro, Avento producións, Matreska Teatro ou Arela das Artes. No mundo audiovisual é presentadora do programa “Por algo será” da TVG e participou no programa “Na Nosa Nube” e “Lan Rober”.

O BNG acusa ao Estado español de incumprir a normativa sobre enaltecemento do terrorismo cos rapeiros vigueses “La Insurgencia”

O BNG denunciou no Parlamento represión da liberdade de expresión por parte do Estado español amparándose na Lei mordaza, que propón penas de prisión para as persoas que “ben polas redes, ben a través de diferentes expresións artísticas manteñen unha posición crítica ou provocadora contra o status quo, como por exemplo o rapeiro Valtonyc ou o grupo de rapeiros de Vigo La Insurgencia”, denuncian.

“Pode gustarnos ou non o que din, e no meu caso confeso que non me gustan nin musicalmente nin o seu estilo, pero defendo e defenderei o dereito a expresarse, a crear, á subversión, á sátira e á ironía”, argumentou a deputada Noa Presas durante o debate en comisión dunha iniciativa do BNG en relación coas liberdades individuais, tras a condena a dous anos de cárcere para os rapeiros do grupo vigués.

“Non son os primeiros nin serán os últimos, son un exemplo que pon cara ao retroceso democrático”, indicou Presas, tras citar algunhas das declaración destes rapeiros galegos “para darlles voz neste Parlamento: “Claro que rapeamos con rabia, e temos rancor aos que nos roubaron o futuro”, ou “en calquera barrio obreiro estase vendo a absoluta miseria, como as pensións dos avós ou os traballos precarios”, din.

“Agora estes rapaces teñen a vida esnaquizada, perderon os seus traballos, os seus estudos e están na picota”, sintentizou Presas, tras ser sentenciados a dous anos de prisión, 4.800 € de multa e oito anos de inhabilitación para exercer cargo público, “para uns rapaces que non ameazaron ninguén, non empregaron violencia física contra ninguén, nin instigaron a ninguén á violencia”.

“A irreverencia e a sátira na música e na poesía son unha constante en calquera época, son unha constante en calquera arte, e deben ser parte da expresión das persoas nunha sociedade intelectualmente rica e formada”, insistiu, tras criticar esta utilización do código penal para impedir a liberdade de expresión, cuxos límites non ve quebrantados neste caso.

Polo tanto, para o BNG, o Estado español incumpre a directiva europea sobre delito de enaltecemento de terrorismo, que establece que para consideralo tal “ten que haber risco certo e concreto para a convivencia pacífica, mentres que a sentenza a este grupo vigués refírese a un risco abstracto, ten que haber un contexto de violencia xeneralizada que por fortuna non existe nin en Galiza, nin no Estado, nin en Europa”, indicou Presas.

Para a deputada nacionalista, “terrorismo é o sionismo matando palestinos co silencio cómplice de Estados aliados como o español, non un grupo de rapeiros, e incitación ao odio é un profesor da universidade amparado violacións grupais probadas, non alumnas protestando nunha reunión da USC pero coa súa Lei mordaza do PP na man corren máis perigo elas”.

Por iso, o BNG demanda do Goberno galego “que se posicione en contra desta escalada delirante de represión”, concluíu, “queremos unha Galiza que sexa vangarda no mundo na defensa de dereitos avanzados, e o PP lévanos na dirección contraria”.

A área de Vigo baixa da barreira psicolóxica dos 1.000 contaxiados

0

Os datos de evolución da covid publicados este sábado pola Consellería de Sanidade reflicten que algúns indicadores repuntan, aínda que en termos xerais sinalan cara á estabilización. As infeccións activas baixan da barreira dos 7.000, tras negativizarse 545 casos, e a taxa de positividade das PCR (o número de positivos por cada 100 probas realizadas) excede lixeiramente o límite do 5% que marca a OMS para dar por controlada a pandemia.

Ademais, os contaxios volven superar lixeiramente os 300 casos, pero a presión hospitalaria estabilízase e rexistra unicamente un novo paciente en UCI, co que son 154 os hospitalizados en planta e 48 en críticos nos hospitais galegos. Así, segundo notificou o Sergas, na última xornada detectáronse 69 novos casos na área de Vigo pero  baixa por primeira vez dos 1.000 casos activos, con 999, tras recibir o alta 127 persoas.

PRESIÓN HOSPITALARIA

Con respecto á presión hospitalaria, nas últimas horas contabilizáronse 48 pacientes en UCI (un máis nas últimas 24 horas) e 154 hospitalizados en unidades convencionais (sen cambios).

Por áreas, a carga asistencial se estanca en parte das zonas sanitarias, pero as áreas de Lugo e Vigo rexistran un leve incremento na súa carga asistencial. Así, na viguesa hai 25 persoas ingresadas en unidades convencionais (dúas máis) e 11 en críticos (dous máis).

Liberdade sen fianza para o presidente do Colexio de Enfermaría de Pontevedra, a súa esposa e a súa filla

O Xulgado de Instrución 2 de Vigo decretou a liberdade sen fianza do presidente do Colexio de Enfermaría de Pontevedra, Carlos F.G., a súa muller e a súa filla, que se atopaban en prisión por presuntas irregularidades na xestión do organismo.

Segundo confirmaron fontes xudiciais, como medida cautelar, impúxose a prohibición de aproximarse ao Colexio de Enfermaría de Pontevedra aos tres únicos investigados para os que se decretou prisión provisional.

No marco deste procedemento tamén se investiga a tesoureira e o exasesor xurídico da entidade e tres persoas que farían o papel de homes de palla do presidente, figurando á fronte de varias empresas.

En concreto, a investigación iniciouse tras a denuncia do secretario do Colexio, José Faustino Portela, e destapou supostas irregularidades na xestión das cotas que cobraba o organismo aos colexiados.

De feito, o Colexio foi condenado en dúas ocasións pola falta de pagamento da porcentaxe correspondente desas cotas ao Consello Xeral de Enfermaría de España. Ademais desa situación, tamén se investigan supostas irregularidades vinculadas co pago de servizos a empresas ‘pantasma’, tras as cales estarían o presidente do organismo e os seus familiares.

O pasado mes de abril, a sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra desestimou o recurso interposto por Carlos F.G., a súa muller e a súa filla contra o auto que determinou o seu ingreso en prisión debido ao risco de que puidesen influír en testemuñas que aínda non prestaran declaración.

Posteriormente, en maio, o Xulgado de Instrución 2 de Vigo rexeitou a solicitude de liberdade da defensa deste tres investigados ao considerar que debían permanecer en prisión para preservar as probas testificais e evitar a súa interferencia no proceso. Finalmente, acordou a súa posta en liberdade sen fianza.

Os afectados pola explosión convocan unha manifestación por atrasos nas axudas e para que sexan incrementadas

0

A plataforma de afectados pola explosión pirotécnica ocorrida o mércores 23 de maio en Paramos, Tui, denunciou que “se está atrasando todo” o relativo ás axudas que precisan, polo que solicitou permiso para convocar unha manifestación este sábado na localidade e unha delegación do colectivo acudirá este mércores pola tarde ao Parlamento de Galicia.

Así o comunicaron os veciños na súa primeira rolda de prensa como colectivo, na que esixiron “que se axilice” a tramitación das axudas; que se engadan máis subvencións (que inclúan vehículos e o rebo) e se incrementen as contías; que se lles facilite atención psicolóxica mantida no tempo; e “que todas as administracións se impliquen ao mesmo nivel”.

Tamén pediron axilidade ás aseguradoras e puxeron o foco de atención nas dificultades para reacoller aos afectados: “Estamos a meternos onde podemos”. Neste marco, un dos veciños resumiu que o ocorrido en Paramos “foi un feito excepcional e necesitamos medidas excepcionais, de urxencia, e punto”.

 

A Xunta critica que as taxas da auga en Vigo se cobren con “absoluta independencia do consumo”

A Xunta criticou que as taxas municipais da auga en Vigo cóbrense con “absoluta independencia do consumo”, mentres o canon autonómico aplícase sobre o gasto “real”.

Así se pronunciaron fontes do Goberno galego despois de que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurase que o recibo da auga na cidade “se encarece pola Xunta e o seu ‘imposto'”, en alusión ao canon que cobra a administración autonómica, segundo o rexedor, “a cambio de nada”.

Pola súa banda, fontes do Executivo autonómico remarcaron que o alcalde “mente cando acusa á Xunta de encarecer a auga de Vigo”, xa que o canon “representa aproximadamente o 13% do importe do recibo, fronte ao 31% do abastecemento ou ao 33% do saneamento, ambas as taxas municipais”.

Por iso, a Xunta afirmou que o rexedor “debe dar a cara” e explicar “o atropelo da nova prórroga de contrato” e “o destino da recadación municipal pola auga”. De feito, recalcou que as tarifas de abastecemento aprobadas de modo inicial levarían que o Concello “cobraría un 26% máis cara a auga que A Coruña, por exemplo, pola tarifa municipal”.

Tras lamentar que a Administración local “recade 40 millóns de euros ao ano a través dos recibos da auga e non invista no sistema”, o Goberno galego subliñou que “dedica importantes investimentos a apoiar a este municipio nas súas competencias locais de saneamento e abastecemento”.

INVESTIMENTO DA XUNTA

A este respecto, precisou que a Xunta achegou 100 millóns de euros á nova depuradora de Lagares e traballa para investir 1 millón no saneamento de Teis e, “se o Concello non o impide”, máis de 6 millóns para previr as inundacións do Lagares. Tamén lembrou que, xunto á Administración local e o Goberno central, financia o estudo para buscar unha solución que garanta o abastecemento de auga a Vigo e a súa área.

Así mesmo, o Executivo que preside Alberto Núñez Feijóo recalcou que o seu investimento en relación á auga en vigo supera en gran medida a recadación do canon. Tamén criticou que, aínda que a recadación do Concello é “moi superior”, “non se coñecen investimentos municipais na última década en mellorar un sistema de abastecemento deficiente”. “É moi coñecido o problema da ETAP de Ou Casal desde hai anos e o Concello non investiu nin un duro do recadado en solucionalo”, denunciou.

Adicionalmente, a Xunta explicou que o canon da auga representa unha taxa ambiental que grava o consumo “de acordo coa lexislación autonómica, estatal e europea” segundo “o principio de que quen contamina paga”. Así, concretou que o Goberno galego pode financiar obras como a do saneamento de Teis, así como a prevención de inundacións no Lagares e traballos de conservación en tramos interurbanos dese río.

O alcalde de Baiona e a Concelleira de Igualdade sofren un aparatoso accidente

 O propio Concello informou destes feitos nun comunicado, no que indicou que no accidente víronse implicados sete vehículos, varios dos cales se saíron da vía pola que circulaban e envorcaron.

En canto ao coche no que viaxaba o alcalde, “ningún dos ocupantes sufriu danos graves” fóra da concelleira, que apuntaron que pode sufrir unha fractura de boneca e está acompañada polo alcalde para que poida recibir atención sanitaria en España.

Ante o ocorrido, Rodal agradeceu as chamadas e as mensaxes de afecto e agarimo recibidos. Os edís trasladábanse a Palos de la Frontera , pobo hermanado coa vila pontevedresa, para participar nun acto oficial pola XVIII Feira do Descubrimento, aínda que por estes feitos o rexedor cancelou a súa intervención.

Si que estará presente o concelleiro de Actividades Marítimas, Raúl Costas, quen xa se atopa en Andalucía para representar ó Goberno baionés; así como o grupo de gaitas A Seneira e membros da Escola de Danza Vila de Baiona.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed