Inicio Blog Páxina 2048

López Veiga afirma que o Porto “acatará” a sentenza sobre a concesión de Vulcano

0

O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga, deu conta este venres, na reunión do Consello de Administración do organismo, da sentenza da Audiencia Provincial de Pontevedra que desestima o seu recurso sobre a concesión de dominio portuario do estaleiro Vulcano, e avala que esa concesión forme parte da unidade que se pode poxar no proceso de liquidación da empresa.

Segundo sinalou López Veiga nunha rolda de prensa telemática, posterior á reunión (tamén por videoconferencia) do Consello de Administración, o Porto “acatará” dita sentenza que, por outra banda, non é susceptible de recurso. En todo caso, e dado que o organismo portuario pedira un informe ao Consello de Estado sobre a situación desa concesión, informou de que se porá a sentenza en coñecemento dese órgano.

“Cando hai unha sentenza firme acátase e punto, eu non fago como outros, non critico ao poder xudicial”, proclamou López Veiga, quen evitou valorar a resolución da Audiencia. “O Porto non fai máis que acatar a sentenza, se se poxa a concesión non imos facer nada”, engadiu.

A ese respecto, o representante sindical no Consello de Administración da Autoridade, Anxo Igrexas (CIG), pediu a dimisión de López Veiga pola xestión que fixo deste asunto. Preguntado por esa petición de dimisión, López Veiga limitouse a constatar que “se porá na acta” da reunión deste venres.

OUTROS TEMAS

Por outra banda, o Consello de Administración tamén deu conta dos cambios nos órganos directivos das empresas Fillos de J. Barreras (coa toma de control por parte de Ritz Carlton) e Nova Pescanova (coa toma de control por parte de Abanca).

Así mesmo, na reunión deste venres notificouse, con respecto ao cargadero de mineral de Rande, que hai informe de Portos do Estado “que di que a competencia para determinar se é un Ben de Interese Cultural non é da Xunta, senón do Goberno central”. Por iso, o Porto de Vigo remitiu o seu informe a Patrimonio do Estado “para que ditamine respecto diso”.

Balaídos encherase, por fin, para apoiar ao Celta

Os abonados do Celta de Vigo esgotaron en apenas dúas horas todas as invitacións que o club puxo á súa disposición para o partido do próximo domingo contra o Sevilla.

Desde primeira hora da mañá centos de socios fixeron unha longa cola nos exteriores do estadio municipal para conseguir unha entrada, ante a imposibilidade de adquirila vía online.

Cada socio podía adquirir dúas invitacións co seu carné, pero un mesmo abonado podía recoller tantas invitacións como abonos presentase. Por exemplo, unha moza levou vinte entradas, pois ademais do seu carné presentou o de nove amigos.

Pasadas as doce do mediodía, dúas horas despois da apertura dos despachos de billetes, o Celta comunicou que as entradas se esgotarán, polo que Balaídos achegarase ao cheo no choque ante o Sevilla, por fin.

Detido un veciño vigués por perseguir e ameazar un menor para roubarlle

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un veciño da cidade, C.O.O., de 18 anos de idade, como presunto autor dun delito de roubo con violencia en grao de tentativa, tras perseguir e ameazar a un menor para que lle entregase todo o que levaba.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron á primeira hora da tarde do xoves, cando un home chamou á Policía para informar de que se atopaba na zona do Berbés, xunto a un menor, que se refuxiou nunha obra porque un individuo o perseguía para roubarlle.

Cando chegaron os axentes, o menor (un neno de 14 anos de idade natural de Colombia) explicou que ía camiñando pola rúa e que se decatou de que un individuo o perseguía. Ao apurar o paso, ese individuo abordouno e esixiulle, ameazándoo gravemente, que lle entregase todo o que tiña.

Dado que o menor non levaba nada de valor encima, o asaltante cominoulle a que lle entregase a cazadora e, cando o neno se estaba desposuíndo da peza, aproveitando un descoido do ladrón (que se distraeu vixiando a contorna), fuxiu á carreira e refuxiouse nunha obra.

Os axentes acompañaron ao neno ao seu domicilio, onde quedou a cargo da súa nai, e iniciaron a procura do sospeitoso, grazas á descrición que fixeron a vítima e o home que lle axudou.

Finalmente, o sospeitoso foi localizado nesa mesma zona algo máis dunha hora despois. O home que acompañara ao menor, e que se atopaba na zona, recoñeceuno, polo que foi detido por un delito de roubo con violencia en grao de tentativa.

Bouzas, un paseo sen mantemento: “Os políticos só fan pasarse a bóla”

Trala caída sufrida por un home no paseo marítimo de Bouzas debido ao mal estado do mesmo, a portavoz do PP, Elena Muñoz, visitou a zona. Tamén os encargados de limpeza do Concello, para facer unha limpeza e cortar a herba. O lugar atópase valado polo momento. Os veciños están fartos.

Ignacio vive fronte ao paseo, una instalación que leva moitos anos nun estado de conservación moi mellorable: “Non se paran, cambian un ou dos taboleiros e listo, hai unha parte que leva valada dous anos”, asegura.

Paseo de Bouzas/ Miguel Núñez

“Este paseo leva media vida así, fodido, a madeira mola moito pero hai que coidala, e os políticos só fan pasarse a bóla”, é o que pensan Javier, perruqueiro e veciño, e mais os seus clientes.

Paseo de Bouzas/ Miguel Núñez

“Na miña barbería todos falan disto. Cando inauguraron este paseo, era precioso, pero nunca se chegou a manter de verdade, así que foi podrecendo. Por aquí camiñamos todos os vigueses, pero ninguén asume unha responsabilidade real”, lamenta.

Elena Muñoz no Paseo de Bouzas/ Miguel Núñez

“Se non pasara o do Marisquiño, ninguén se pararía nisto. Ata que algúen non se fai dano, non se arranxa nada”, conclúe.

 

 

Polo momento, a disputa entre Porto de Vigo e Concello en canto ás responsabilidades de mantemento, na ETEA, no Paseo das Avenidas ou no de Bouzas, continúa.

 

 

O Concello de Vigo ultima a segunda fase das ramplas de Gran Vía

A Xunta de Goberno local de Vigo aprobará este xoves o expediente de contratación e licitación das obras da segunda fase das ramplas de Gran Vía, que se instalarán entre as rúas Venezuela e Nicaragua, cun investimento de 4,23 millóns de euros (financiados con fondos europeos).

Así o avanzouo rexedor, Abel Caballero, quen explicou que este proxecto de ‘humanización’ contempla a instalación de dous tramos de ramplas eléctricas, un entre Venezuela e Bolivia e outro entre as rúas Bolivia e Nicaragua.

A actuación, que cobre unha lonxitude duns 150 metros, contempla tamén a renovación de pavimento, redes de saneamento e abastecemento, iluminación, ou a cubrición das propias ramplas, que contarán no seu interior cun “novo xardín botánico”.

Reciben a alta 58 anciáns usuarios do centro DoralResidencias de Mos

0

O cómputo de usuarios de residencias de Galicia que padecen a covid-19 sufriu este venres unha importante caída, ata os 400 casos activos, debido principalmente a que recibiron a alta un total de 58 anciáns do centro DoralResidencias de Mos (Pontevedra), onde os maiores infectados caen a 29.

Ademais, segundo reflicte o parte diario da Consellería de Política Social, con datos actualizados a este venres, tamén se curaron dous usuarios da residencia Ballesol de Vigo e outro do xeriátrico San Cibrao, en Cervo (Lugo).

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

A muller detida en Nigrán pretendía prender lume na parroquia de Parada

0

O pasado domingo no concello de Nigrán varios veciños posiblemente evitaron outro episodio negro nun municipio como os acontecidos en 2017.

Segundo relatou o Conselleiro de Medio Rural en funcións, José González Vázquez, na tarde do domingo unha muller foi sorprendida na parroquia de Parada por uns veciños cando tentaba prender lume cunhas pastillas de prendido de lume para braseiros.

Os veciños retiveron a esta presunta incendiaria ata a chegada da Garda Civil.

No tocante a Teixeira, un axente ambiental das brigadas de investigación de incendios interceptou a madrugada do luns ao presunto autor dun lume na parroquia de Sistín, onde se produciron dous incendios sobre a unha da madrugada con 200 metros cadrados afectados. O home foi trasladado ao cuartel de Castro Caldelas para prestar declaración.

Así, o conselleiro valorou estas actuacións porque “coller nas patacas ao incendiario é complicado”, á vez que agradece a “colaboración cidadá”.

José González presidiu este luns a reunión do Comité de Coordinación Policial Anticendios en Boqueixón (A Coruña), onde resaltou que o teléfono anónimo de denuncias (900 815 085) “está a dar bos resultados”, mentres hai un amplo despregamento de medios técnicos como drons e cámaras.

Así mesmo, lembrou que fai o seguimento de 90 persoas con indicios en comportamentos incendiario, mentres avoga por, “entre todos, acabar coa secuela dos incendiarios”. No que vai de ano, van máis de 40 persoas investigadas pola Policía Autonómica por lumes.

Accidente de Lobios

Por outra banda, respecto ao accidente de hidroavión do pasado sábado no que faleceu un piloto portugués no municipio ourensán de Lobios, José González mostrou as súas condolencias á familia da vítima e desexou unha “moi pronta recuperación” para o copiloto español.

Así, explica que hai aberta unha investigación pola Comisión de Investigación de Accidentes de Aviación Civil, pero aínda non hai “datos certos de como foi”.

Asegura que o sinistro se produciu nunha zona “complicada”, pero chama a esperar polos resultados das pescudas. Tamén apunta que se tratou de “chegar o máis rápido posible”.

Sobre o incendio de Lobios, González indica que é o único que permanece activo na mañá deste luns en Galicia e está “en vías de ser controlado” co arrefriado do perímetro.

Identificada a muller que apareceu afogada no río Lagares

0

A muller de 70 anos cuxo corpo foi atopado este fin de semana mentres flotaba na auga no río Lagares en Vigo foi identificada. Tal e como confirmaron fontes policiais a Europa Press, esta persoa, cuxo corpo non presentaba signos de violencia externa, residía nesa zona da cidade olívica.

Polo momento contémplase a posibilidade de que a muller escorregase ao achegarse a esta zona, de difícil acceso, e afogásese tras caer na auga. No entanto, a Policía apuntou que a investigación segue en curso e que será preciso esperar a coñecer os resultados da autopsia para determinar a causa da morte.

En concreto, o suceso tivo lugar este sábado, cando, sobre as 17,00 horas, o 112 Galicia foi alertado da presenza dun corpo que flotaba no río á altura da rúa Severino Cobas, en Lavadores. Posteriormente, o cadáver foi retirado da auga e iniciáronse os labores de investigación, que leva a cabo a Policía Nacional.

A defensa do acusado do crime de Ana Enjamio cuestiona a testemuñas e peritos e lembra o caso Wanninkhoff

0

A defensa de César A.O., acusado o crime da nova enxeñeira Ana Enjamio, cuestionou a credibilidade das testemuñas e peritos que compareceron no xuízo celebrado na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, en Vigo, e lembrou o caso do asasinato de Rocío Wanninkhoff, e o encarceramento dunha muller que resultou ser inocente.

Así o trasladou o avogado de César A.O. na presentación do seu informe final ante o tribunal de xurado, e lamentou que o seu cliente, que renunciou ao seu dereito a pronunciar a última palabra na vista, foi xa o “sospeitoso número 1 desde o principio” e toda a investigación dirixiuse a incriminalo.

Segundo incidiu, o acusado sempre reivindicou a súa inocencia, e non puido acosar nin matar a Ana Enjamio porque mantiña unha relación con ela. De feito, incidiu en que “viviron unha auténtica paixón”, cunha “atracción física irresistible”.

Pola súa banda, a letrada da Xunta, que exerce a acusación popular, tamén sinalou a culpabilidade do acusado e recalcou que “non había nada de normal” na súa relación coa vítima. “Di que non puido matar a muller da súa vida, pero é que a violencia de xénero é iso. Hai amores que matan”, recalcou e afirmou que “non hai outra explicación” que a violencia machista para este crime.

As auxiliares acredoras de Barreras negociarán o cobro das débedas do estaleiro

A sociedade mercantil Uninaval, constituída por unha trintena de auxiliares acredoras de Hijos de J. Barreras, será a encargada de negociar o cobro das débedas que o estaleiro ten con estas empresas.

Así o trasladaron fontes da Asociación de Industriais Metalúrxicos, Asime, que tamén precisaron que os aspectos técnicos e organizativos das obras que se están levando a cabo no estaleiro serán acordados “individualmente” entre cada empresa e a nova dirección de Barreiras.

Por outra banda, tanto Asime como a propia Uninaval insistiron na importancia de “manter no estaleiro, na medida do posible, os proxectos contratados polos armadores Havila e Grupo Armas”, e subliñaron que a industria auxiliar “ten a capacidade e potencial suficiente para finalizar con éxito esas construcións axiña que como o estaleiro conte cun plan de viabilidade adecuado”.

Finalmente, reiteraron a súa “satisfacción” polo acordo anunciado por PMI (filial de PEMEX e accionista maioritario do estaleiro) e grupo Albacora con Ritz Carlton, para que esta se faga co control do estaleiro, á vez que puxeron en valor o seu “commpromiso económico, de dirección e control”.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed