InicioSociedadeBouzas, un paseo sen mantemento: "Os políticos só fan pasarse a bóla"

Bouzas, un paseo sen mantemento: “Os políticos só fan pasarse a bóla”

PUBLICADO O

- Advertisement -

Trala caída sufrida por un home no paseo marítimo de Bouzas debido ao mal estado do mesmo, a portavoz do PP, Elena Muñoz, visitou a zona. Tamén os encargados de limpeza do Concello, para facer unha limpeza e cortar a herba. O lugar atópase valado polo momento. Os veciños están fartos.

Ignacio vive fronte ao paseo, una instalación que leva moitos anos nun estado de conservación moi mellorable: “Non se paran, cambian un ou dos taboleiros e listo, hai unha parte que leva valada dous anos”, asegura.

Paseo de Bouzas/ Miguel Núñez

“Este paseo leva media vida así, fodido, a madeira mola moito pero hai que coidala, e os políticos só fan pasarse a bóla”, é o que pensan Javier, perruqueiro e veciño, e mais os seus clientes.

Paseo de Bouzas/ Miguel Núñez

“Na miña barbería todos falan disto. Cando inauguraron este paseo, era precioso, pero nunca se chegou a manter de verdade, así que foi podrecendo. Por aquí camiñamos todos os vigueses, pero ninguén asume unha responsabilidade real”, lamenta.

Elena Muñoz no Paseo de Bouzas/ Miguel Núñez

“Se non pasara o do Marisquiño, ninguén se pararía nisto. Ata que algúen non se fai dano, non se arranxa nada”, conclúe.

 

 

Polo momento, a disputa entre Porto de Vigo e Concello en canto ás responsabilidades de mantemento, na ETEA, no Paseo das Avenidas ou no de Bouzas, continúa.

 

 

ÚLTIMAS

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...