InicioSociedadeVigo supera a Santiago como a área con máis contaxios de Galicia

Vigo supera a Santiago como a área con máis contaxios de Galicia

Tivo 70 novos contaxiados, 19 máis que o día anterior.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os casos de coronavirus detectados en Galicia nas últimas 24 horas descendeu lixeiramente, un total de 16, ata situarse en 261 fronte aos 277 da xornada anterior, aínda que aumentan en 15 os casos activos, ata alcanzar a cifra de 5.523. O número de hospitalizados rexistra un descenso, aínda que escaso, seis menos, ata situarse en 347.

Así figura no balance de datos da pandemia ofrecidos pola Consellería de Sanidade este martes. Das 347 persoas hospitalizadas con diagnóstico de covid-19 nas sete áreas sanitarias galegas, 56 atópanse na UCI, dúas menos respecto da xornada anterior. Por áreas, en Vigo redúcese o cómputo de hospitalizados pola pandemia ata os 56, sete menos que a xornada anterior.

BAIXAN OS POSITIVOS DIARIOS

En canto á detección de casos, Galicia sumou 261 novos positivos por coronavirus nun día, o que implica un descenso respecto da xornada anterior, 16 menos. Tras varias xornadas como a área sanitaria que reportaba máis contaxios de toda a Comunidade, Santiago-Barbanza pasa a ocupar o segundo lugar con 54 positivos –16 menos– e supéralle Vigo, con 70 –19 máis–. Á continuación, está A Coruña-Cee, con 42 positivos, oito menos.

En canto aos casos activos –persoas que seguen diagnosticadas de covid-19–, Galicia rexistra un lixeiro aumento fronte á baixada das últimas xornadas. Así, Sanidade contabiliza 5.523 pacientes con infección activa, 15 máis respecto ao día anterior. En Vigos son 1.192 os contaxiados, 15 máis

ÚLTIMAS

Vigo crea ‘A Navideña’, unha “Compostelana” que acredita a visita á cidade durante as festas

OO alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou a creación de "A Navideña", un certificado...

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

Tres menores provocan a detendión dun presunto pedófilo tras crear unha conta falsa en redes

A Garda Civil de Vigo detivo a un home de 47 anos, veciño de...