InicioSociedadeVigo crea 'A Navideña', unha "Compostelana" que acredita a visita á cidade...

Vigo crea ‘A Navideña’, unha “Compostelana” que acredita a visita á cidade durante as festas

PUBLICADO O

- Advertisement -

OO alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou a creación de “A Navideña”, un certificado que acredita todas as persoas visitantes que pasaron pola cidade durante as festas. Nun acto celebrado na rúa do Príncipe, o rexedor explicou que este recoñecemento permitirá aos turistas non só levaren o recordo e as ganas de volver á cidade olívica, senón tamén un documento que acredita que estiveron no Nadal de Vigo.

Para obtelo, o Concello distribuirá códigos QR nos principais puntos clave das luces da cidade, que se poderán escanear e, despois de introducir uns datos (nome e código postal e foto, se así o desexan), poderán conseguir a acreditación no seu móbil.

Tamén no Príncipe haberá unha caseta de Nadal onde se imprimirán en formato físico, no caso de que os turistas a queiran levar de recordo en papel. Caballero indicou que as Navideñas estarán numeradas, o que permitirá saber cantas persoas sacaron a súa acreditación, ao xeito de Compostela no Camiño de Santiago.

“Sabemos que van ser millóns, porque é un gran recordo do Nadal”, reivindicou o alcalde ante os medios de comunicación, en ton de broma, ao dicir que os turistas a levarán ao seu lugar de residencia, a enmarcarán e a porán “no sitio máis importante da súa casa”.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

Tres menores provocan a detendión dun presunto pedófilo tras crear unha conta falsa en redes

A Garda Civil de Vigo detivo a un home de 47 anos, veciño de...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...