InicioPolíticaCaballero acusa a Feijóo de "rebentar" a área metropolitana nos tribunais por...

Caballero acusa a Feijóo de “rebentar” a área metropolitana nos tribunais por “odio” a Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, vén de recoñecer a desaparición da Área Metropolitana, acusando a Feijóo de “rebentala” nos tribunais, posto que “non quere que Vigo teña o status que ten que ter”. “Feijóo é un mal perdedor. Cando gana nas urnas vai de campión, pero cando as urnas o derrotan, vai aos tribunais”, insistiu.

Mentres, a portavoz do PP na cidade olívica, Elena Muñoz, acusa a Caballero de “bloquear” a Área Metropolitana por “querer saltarse a lei”. “Sen transporte metropolitana non hai área, porque o di a lei”, repetiu.

Pola súa banda, Marea de Vigo comparte co PSOE de Caballero a opinión de que o PP quixo “dinamitar” a Área Metropolitana viguesa, pero ao mesmo tempo culpa ao goberno local por como elaboraron o convenio para o transporte metropolitano.

E o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, celebrou a sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). O máis alto tribunal de Galicia rexeitou este 11 de outubro os recursos de apelación que interpuxeran os Concellos de Vigo, Nigrán, Salceda, Gondomar, Cangas, Porriño e Moaña, contra a suspensión cautelar da Área Metropolitana viguesa que decretara un xulgado da nosa cidade trala solicitude da Xunta.

Rueda advertiu que a Área Metropolitana non funcionará “mentres o Concello non entre no plan de transporte como din a lei e os tribunais”. A Lei da Área Metropolitana que establecera a Xunta de Galicia en 2012 sinala que estas áreas deben nacer “despregando tódolos seus efectos”, sendo indispensable “un transporte público más barato e mellor para tódolos habitantes do área”.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...