InicioPolíticaVigo revisará a súa cartografía e o Plan Xeral de Urbanismo

Vigo revisará a súa cartografía e o Plan Xeral de Urbanismo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo aprobara esta semana os pregos de condicións, a contratación e posterior apertura do proceso de licitación do seu Plan Xeral de Urbanismo e cartografía tras a aprobación a pasada semana da memoria xustificativa pola Xerencia de Urbanismo. Unha decisión que chega logo de que a Xunta desbotra o “plan Parejo” co que o concello pretendía recuperar “en seis meses” a ordenación urbanística viguesa.

O Plan Xeral de Vigo foi anulado polo Tribunal Supremo ao considerar insuficientemente xustificado un trámite ambiental da Xunta de Galicia. Para retomar con celeridade a vixencia do PXOM e cumplir coa sentenza xudicial, o concello presentou ante a Xunta de Galicia unha vía amparada polo prestixioso xurista Luciano Parejo, finalmente desbotada polo goberno autonómico.

“Atendendo ao criterio de Parejo, en seis meses teríase aprobado o Plan Xeral de Ordenación Municipal”, apuntou a pasada semana Caballero, quen engadiu que agora o Ministerio de Fomento, no estudo do proxecto de lei, profundiza precisamente na liña proposta polo xurista para Vigo. Así, o rexedor indicou que o director xeral de Urbanismo apuntou no Congreso dos Deputados que a nova lexislación requerirá a “revisión” das pezas que foron declaradas contrarias á lei “e soamente esa parte”, mantendo o resto do Plan a súa validez.

“Esta solución é exactamente o que nós propuxemos co plan Parejo, a Xunta contestou que non e agora resulta que Urbanismo e Fomento de España van na dirección que nós propuxemos. Fíxense en canto tempo e cantos recursos teríamos aforrado”, concluíu Caballero.

ÚLTIMAS

Zendal organiza no Porriño un encontro internacional sobre os desafíos da inmunización e a saúde global

A compañía biotecnolóxica Zendal organizará este venres, 24 de abril, nas súas instalacións do...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...