Inicio Blog Páxina 2001

Presentación do novo disco da orquestra folk SondeSeu o 19 de maio en Cangas

A orquestra folk SondeSeu estrea o 19 de maio en Cangas o seu quinto disco, ‘Beiralúa’, que sairá á rúa o mesmo día. Este novo traballo convida á danza colectiva, á colaboración de artistas e compositores na elaboración dun repertorio variado que recolle diversos enfoques na creación musical. “A beiralúa é o espazo onde se atopan os exploradores dos roteiros da imaxinación”, explican.

Ademáis dos compositores e arranxistas habituais –Anxo Pintos, Xaquín Xesteira, Rodrigo Romaní ou Xosé Liz– en Beiralúa atoparemos obras creadas para a Orquestra por nomes como Xosé Lois Romero, Pedro Lamas ou Quico Comesaña, xunto coa presenza de convidados como Susana Seivane, Orfeón Treixadura ou Rosa Cedrón.

Dun xeito especial, ‘Beiralúa’ recolle unha obra particularmente creada por Anxo Pintos para a candidatura das Illas Cíes a Patrimonio da Humanidade, titulada “San Martiño”.

Pezas encargadas pola orquestra a prestixiosos compositores como Xosé Lois Romero, Quico Comesaña ou Pedro Lamas entrevéranse con cancións presentes xa no imaxinario colectivo, clásicos como “Ahi ven o Maio” ou “Campanas de Bastabales”, interpretadas por grandes voces como Rosa Cedrón ou o Orfeón Treixadura, rematando cunha espléndida composición de Anxo Pintos dedicada á Illa de San Martiño que pon de manifesto as enormes posibilidades tímbricas da formación viguesa creada hai dazasete anos no seo da actual Escola Municipal de Música Folk e Tradicional, a ETRAD, e que hoxe se consolida xa como a auténtica Orquestra Folk de Galicia.

 

Inicios da orquestra folk SondeSeu / FB

SondeSeu

Sondeseu é unha das primeiras orquestras europeas de música folk contemporánea. O seu repertorio consta de temas procedentes da tradición oral da música popular de Galicia, arranxados especialmente para a formación polos seus compoñentes e responsables das distintas seccións que abranguen gaitas, percusión, zanfonas, violíns, requintas e frautas de madeira, canto, arpas e corda pulsada. 

Sondeseu naceu no ano 2001 no antigo departamento de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios, hoxe E-Trad, Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo, experiencia singular que persigue a fusión entre formación especializada, práctica escénica e música en comunidade. Dende entón leva unha traxectoria ascendente que a proxecta no panorama estatal e internacional, con cinco publicacións discográficas e numerosos recoñecementos públicos. 

A Orquestra Clásica de Vigo homenaxea os concertos “malditos” pola pandemia

0

A Orquestra Clásica de Vigo arrincará este domingo na cidade un ciclo de outono que homenaxeará aos concertos “malditos” pola pandemia da covid-19, que impediu a súa celebración.

Nunha rolda de prensa celebrada este martes, o director técnico da Orquestra Clásica de Vigo, Manuel Martínez, indicou que os Concertos Malditos representan “unha homenaxe a todas as programacións que ao longo de 2020 e 2021 non puideron ser” e eses eventos que “parece que están malditos porque ata o momento foi imposible programalos”. Así, confiou en que poidan retomarse con normalidade e en poder “volver conectar co público das salas de concertos”.

En concreto, o ciclo de outono iniciarase co concerto ‘Maldita Percusión’, que dará comezo ás 20,00 horas deste domingo no auditorio municipal do Concello. Posteriormente, continuará o próximo 23 de outubro, cando o pianista Severino Ortiz participará no evento ‘Maldito Beethoven’, que acollerá ás 20,30 horas o Teatro Afundación.

Finalmente, o ciclo cultural concluirá o 28 de decembro co ‘Maldito Concerto de Nadal’, coa obra para piano de Edward Grieg que interpretará Berta Fresco a partir das 20,30 horas no Teatro Afundación.

Pola súa banda, o concelleiro de Cultura, Abel Losada, garantiu o apoio municipal a este ciclo e ao traballo da Orquestra Clásica de Vigo, que sinalou como “un elemento estratéxico do panorama musical e cultural da cidade”. Ademais, puxo o foco na importancia da colaboración da administración pública co sector da cultura debido a que resultou “especialmente afectado pola pandemia”.

Declarado nulo o despedimento dun empregado de Goycar polo seu labor sindical

O Xulgado do Social número 2 de Vigo declarou nulo o despedimento dun empregado da empresa Goycar, a quen deu de baixa despois de constituír legalmente a sección sindical da CUT e tras queixarse de abuso de horas extra.

Neste fallo, con data do 28 de abril, o xuíz considera nulo o despedimento producido o 4 de xaneiro de 2021, á vez que condena a empresa á readmisión inmediata do traballador co pago dos salarios deixados de percibir, ademais dunha indemnización de 3.000 euros por vulneración dos dereitos fundamentais. Contra a sentenza cabe recurso ante o Tribunal Superior Xustiza de Galicia (TSXG).

Nos feitos probados, figura que o afectado, que realizaba na empresa deseño para compoñentes de automoción, participou en febreiro de 2020 nunha asemblea de operarios para falar sobre horas extra. Por este motivo, o xerente da empresa “reprochoulle que acudise a esa reunión”.

Unha vez terminado o ERTE pola pandemia, a empresa solicitou aos traballadores un sobresforzo, porque ademais coincidía o período de máis pedidos. Ante esta tesitura, o demandante indicou ao seu responsable que “non faría máis horas extra e que estas se estaban pagando por baixo de convenio”.

Así, o 17 de agosto de 2020 o demandante presentou un escrito en administración no que constaba a constitución da sección sindical de CUT na empresa, da que o demandante era o secretario. Días despois, por correo electrónico, o responsable pediulle que presentase un informe diario sobre o desenvolvemento do seu traballo. Igualmente, o fallo recolle exemplos de comunicacións realizadas por parte da empresa ao traballador de “conduta antisindical”, incluída a “ameaza” do xerente de “volver ser despedido se conseguía a nulidade”, no que o xuíz observa como “un marco de represalia claro”.

E é que na sentenza reflíctese que, no momento no que lle entregou a carta de despedimento, o xerente díxolle: “Sabes o que vai pasar se consegues a nulidade do despedimento? Que te vou volver botar”.

PRECARIEDADE NO SECTOR

Respecto diso, a CUT lamenta o despedimento deste afiliado, mentres resalta que “queda acreditada a represión sindical” da empresa Goycar, onde este empregado padeceu un “calvario con continuos menosprecios e discriminación por parte da súa xerarquía”.

“A precariedade laboral instalada nas pequenas empresas do sector, con continuos incumprimentos do convenio, está cimentada no sometemento das persoas traballadoras; ese sometemento baséase na capacidade da empresa de castigar a quen alza a voz e, con iso, meter medo ao resto das persoas traballadoras. Diego non quixo ter medo, reclamou os seus dereitos e sufriu as consecuencias de ter dignidade laboral. Agora a xustiza recoñece os abusos da empresa“, sostén a CUT.

Ademais, subliña que este martes, 4 de maio, será o día no que este empregado se reincorpore ao seu traballo baixo “ameaza de volver ser despedido, como así quedou acreditado en sede xudicial”.

O Álvaro Cunqueiro traslada Urxencias Pediátricas a outra área para separalas da atención a adultos

O Sergas informou este martes do traslado do servizo de Urxencias Pediátricas do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo a outra zona (onde antes se atopaba a Hospitalización a Domicilio, que pasa á área de docencia), co fin de separar aínda máis a estes pacientes dos adultos.

Segundo informou Sanidade, esta reorganización, levada a cabo no marco do Plan de Continxencias activado con motivo do coronavirus, permitirá tamén gañar espazo na área de Urxencias para atender adultos con afeccións non respiratorias.

No espazo habilitado para Urxencias Pediátricas estableceuse un posto de admisión, un de triaxe e unha sala de espera para nenos. Ademais, a porta de acceso exterior é agora diferente á que se empregaba.

Na área liberada por ese servizo, levará a cabo a atención de pacientes adultos con patoloxías non respiratorias, e contará cun posto de triaxe específico e unha sala de espera separada da que usan as persoas sospeitosas de ter coronavirus.

UNIDADES DE HOSPITALIZACIÓN

Con respecto á hospitalización, o Álvaro Cunqueiro dispón de dúas unidades destinadas ao ingreso e atención exclusiva de pacientes con coronavirus (na planta terceira, veas C e D), e habilitouse a segunda planta da vea C para atender pacientes ‘sospeitosos’ de ter o virus, pero aínda sen confirmar.

Finalmente, o Sergas lembrou que o hospital vigués conta con catro equipos específicos para atender os afectados por Covid-19: un equipo en Urxencias (un facultativo, un profesional de enfermaría e un TCAE), un equipo de hospitalización (coordinado por un internista ou un neumólogo), un equipo de Seguimento Compartido de Atención Especializada, e un equipo de Hospitalización a Domicilio (un médico e un profesional de enfermaría).

Finalmente, con respecto á realización de probas PCR, continúan operativos 7 equipos de extracción de mostras domiciliarias, ademais do dispositivo fixo situado no Hospital Meixoeiro. Ata este martes, realizáronse en Vigo 1.860 test para detectar coronavirus.

O Rosal enviará os casos sospeitosos de Covid-19 ao Centro de Saúde da Guarda

0

Por outra banda, o Concello do Rosal informou este martes, segundo as indicacións do Sergas, de que os pacientes con sospeita de padecer Covid-19 serán derivados e centralizados no Centro de Saúde da Guarda.

Este centro, explicaron, conta cun espazo de atención diferenciado para os pacientes con patoloxía respiratoria e cun encargado dos Equipos de Protección Individual que coordinará a súa dispoñibilidade permanente.

Para evitar a concentración nas salas de espera e os contactos entre usuarios, a autoridade sanitaria da área de Vigo lembrou a importancia da consulta non presencial, por vía telefónica, sempre que sexa posible. Serán os profesionais, se o consideran necesario, os que lle recomenden ao paciente que se achegue ao centro de saúde.

PEINADOR

A terminal de Peinador permanecerá aberta entre as 6,30 e as 11,00 horas e pecharase o acceso a algunhas zonas da mesma “infrautilizadas durante ese horario”.

Peche de piscinas, ximnasios, mercados…Os concellos fronteirizos con Galicia blíndanse contra o coronavirus

Algúns dos principais concellos do norte de Portugal limítrofes con Galicia tomaron a decisión de pechar edificios públicos e suspender todas as actividades deportivas, festivas ou culturais previstas para as vindeiras semanas. Unhas medidas que chegan tras a recomendación do Goberno luso de tentar conter a difusión do coronavirus.

Así, Valença do Minho, Vilanova da Cerveira, Monçao ou Caminha son algunhas das localidades que decidiron pechar temporalmente os edificios municipais “non esenciais”, entre eles, piscinas, ximnasios, mercados, auditorios ou bibliotecas e museos. Tamén acordaron evitar atender de xeito presencial ao público e instan aos cidadáns a facelo vía telefónica. Ademais, acordaron suspender toda a programación cultural e outras actividades municipais.

A decisión de pechar algúns destes servizos afecta tamén a moitos galegos que son usuarios destes servizos municipais, nomeadamente, das piscinas e ximnasios.

Segundo informan as distintas cámaras municipais, as medidas foron tomadas como “carácter preventivo” ante a difusión do coronavirus e estarán polo menos vixentes ata final de marzo.

Tal é a contundencia das medidas adoptadas que, por primeira vez en 769 anos, a Cámara Municipal de Monçao decidiu aprazar a conmemoración da fundación deste concello en 1261. Uns actos que estaban previstos para esta quinta feira.

SITUACIÓN EN PORTUGAL

O número de casos confirmados de infección polo novo coronavírus é de case 50 persoas en Portugal. De acordo co boletín sobre a situación epidemiológçxica en Portugal, hai preto de 400 casos sospeitosos, dos cales 83 agardan resultado laboratorial. Segundo a DGS, hai aínda 667 contactos en vixilancia polas autoridades de saúde.

Sindicatos reclaman melloras salariais no sector do metal e o fin das contratacións por ETT

0

Comisións Obreiras (CC.OO.) e Confederación Intersindical Galega (CIG) reclamaron melloras salariais para os empregados do sector do metal da provincia de Pontevedra e a eliminación de contratacións realizadas mediante empresas de emprego temporal (ETT) ou similares. Mentres, a Asociación de Industriais Metalúrxicas de Galicia (Asime) chamou a manter a “paz social” alcanzada “hai unha década” para que as empresas consigan unha “solidez suficiente”.

Deste xeito, presentáronse as plataformas de CIG, CC.OO. e UGT, e a posición da patronal no primeiro encontro da mesa de negociación do novo convenio colectivo do metal da provincia de Pontevedra, formada por 12 representantes de cada unha das dúas partes. A reunión sobre o acordo, que afecta a máis de 40.000 empregados dunhas 3.000 empresas, tivo lugar este mércores no Hotel Coia de Vigo.

O secretario de CIG-Industria na área de Vigo, Xulio Fernández, incidiu na necesidade de que o novo convenio colectivo –que substituirá ao que permanecía vixente desde 2015– permita alcanzar melloras salariais “lineais” para os empregados do sector dada a “conxelación” aplicada ás remuneracións durante “o últimos oito anos”.

Ademais, avanzou que a CIG reclamará a inclusión no acordo de medidas sociais, como a mellora da conciliación laboral e familiar e políticas de igualdade, así como a eliminación de contratacións mediante ETTs ou similares. Tamén se expuxo incluír un artigo sobre a loita contra o acoso sexual.

Deste xeito, Fernández sinalou que se busca que o convenio do metal da provincia volva converterse nun “referente” en canto á introdución de cláusulas innovadoras.

Á marxe da eliminación das contratacións mediante ETTs e a inclusión de protocolos contra o acoso sexual, CC.OO. tamén avogou por crear unha comisión de igualdade e por situar a porcentaxe mínima de empregados indefinidos do persoal nun 75 por cento, así como por incrementar as contratacións de persoas con discapacidade.

Ademais, o sindicato expuxo que a duración do novo convenio se sitúe en tres anos e que se realice un incremento salarial do 6 por cento en cada un deles. Adicionalmente, propuxo incluír o 5 de xaneiro como día non laborable e incrementar en dous días as vacacións.

CC.OO. apostou así mesmo por establecer un plus de asistencia e puntualidade e por abonar o 100 por cen dos salarios aos empregados que se atopen de baixa por unha enfermidade común, entre outras medidas.

POSICIÓN DE ASIME

Pola súa banda, o secretario xeral de Asime, Enrique M. Mallón, avogou por que esta negociación non afecte o “bo entendemento” e a “paz social” da que gozaron as partes “desde hai máis dunha década”. Ademais, resaltou a necesidade de que se prolongue para que as empresas alcancen a “solidez suficiente” e atraian “novos investimentos”.

Ademais, o secretario xeral de Asime advertiu da “incerteza” que xeran nos empresarios a “desaceleración” económica e a modificación da normativa laboral que se prevén para os próximos meses. Así, apuntou que non se espera alcanzar o incremento na facturación que estimou como necesario para “crear emprego de forma relevante” e que fixou entre un 2 e un 3 por cento.

Mallón tamén sinalou que o convenio que se negociará exercerá como “referente” a nivel autonómico e lembrou que o da provincia da Coruña tamén se abordará “en pouco tempo”.

Investigan ao propietario dun cabalo morto en Mos por un delito de malos tratos animais

0

A Garda Civil comezou a investigar ao propietario dun cabalo falecido en Mos (Pontevedra) posiblemente por hipotermia e desnutrición pola suposta comisión dun delito de malos tratos animais.

Segundo informaron fontes da Benemérita, as investigacións iniciáronse a principios desta semana despois de que un cidadán informase de que un cabalo se atopaba atado cunha corda a unha estaca nun monte desde había varios días.

Posteriormente, os efectivos localizaron o animal tirado nun charco de auga e comprobaron que se atopaba extenuado e semiinconsciente. Mediante a axuda dun gandeiro, trasladouse o equino ao seu cortello, onde faleceu pouco despois a pesar de ser atendido por un profesional de veterinaria, quen achacou a morte a unha posible hipotermia e a unha avanzada desnutrición.

Ademais, localizouse e identificouse o propietario do cabalo, ao que se informou de que se lle investigaba por un suposto delito de matrato animal. Mentres, este home asegurou que tivera que atar no monte o animal dado que non podía atendelo, pois o seu avó fora hospitalizado.

Así mesmo, instruíronse as dilixencias correspondentes, que foron remitidas ao Xulgado de Instrución do Porriño en funcións de garda, onde deberá comparecer o investigado.

(Vídeo) Coñece de onde son e que opionan os turistas que veñen a ver as luces do Nadal a Vigo?

Este luns, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que preto de 700.000 persoas achegaronse á cidade a contemplar as luces de nadal. O certo é que o centro da cidade estaba cheo de xente de toda España durante a ponte.

O equipo de Xornal de Vigo saiu a rúa para comprobar quen vén a Vigo nestas datas e cales son as súas opinións sobre o tema. A gran maioría, cualifica de “impresionantes” as luces do Nadal e que Galicia “é unha terra incrible para visitar”.

A pesares de ter gastado 3,70 euros por vigués para a colocación e mantemento das luces, semella que, polo menos aos turistas españois, gustoulles como quedou a cidade. Esta é a súa opinión

BNG presentará unha moción en todos os concellos con poboación adscrita a Povisa para pedir o seu rescate polo Sergas

O BNG presentará unha moción en todos os concellos con poboación adscrita ao hospital Povisa de Vigo para pedir o seu rescate por parte do Servizo Galego de Saúde (Sergas), despois de que o pasado xoves a compañía Ribera Salud, cuxo accionista maioritario é o grupo estadounidense Centene Corporation, se fixo co 90% das accións do centro sanitario, mentres que o Banco Sabadell conta co 10% restante.

Así o sinalou este martes nunha rolda de prensa o concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, quen sinalou que os nacionalistas pretenden con esta moción “garantir o dereito de toda a poboación da área sanitaria a ter unha atención 100% pública, gratuíta, universal e de calidade”, polo que levará a varios concellos, como Moaña, Cangas ou Nigrán.

“Parece que hai algunhas familias na cidade e algunhas grandes empresas ás que non se lles pode chistar”, criticou Igrexas, despois de lamentar que a operación realizada “non é un traspaso dunha cafetaría entre particulares”, xa que “sete de cada dez euros” que ingresa Povisa “veñen de fondos públicos”.

“MENTIRA ABSOLUTA”

Pola súa banda, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que as informacións que dicían que el se opuña a que Povisa fose público son unha “mentira absoluta”. Así, sinalou ao BNG e directamente á Confederación Intersindical Galega (CIG), a quen acusou de difundir esta información.

O rexedor olívico fixo esta precisión despois de que este luns, tras a reunión co comité de empresa do hospital, a delegada da CIG no comité, Chus Neira, lamentase que Caballero comparase “Povisa co Hospital Álvaro Cunqueiro que, segundo o alcalde, é “privado”.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed