InicioSociedadePeche de piscinas, ximnasios, mercados...Os concellos fronteirizos con Galicia blíndanse contra o...

Peche de piscinas, ximnasios, mercados…Os concellos fronteirizos con Galicia blíndanse contra o coronavirus

PUBLICADO O

- Advertisement -

Algúns dos principais concellos do norte de Portugal limítrofes con Galicia tomaron a decisión de pechar edificios públicos e suspender todas as actividades deportivas, festivas ou culturais previstas para as vindeiras semanas. Unhas medidas que chegan tras a recomendación do Goberno luso de tentar conter a difusión do coronavirus.

Así, Valença do Minho, Vilanova da Cerveira, Monçao ou Caminha son algunhas das localidades que decidiron pechar temporalmente os edificios municipais “non esenciais”, entre eles, piscinas, ximnasios, mercados, auditorios ou bibliotecas e museos. Tamén acordaron evitar atender de xeito presencial ao público e instan aos cidadáns a facelo vía telefónica. Ademais, acordaron suspender toda a programación cultural e outras actividades municipais.

A decisión de pechar algúns destes servizos afecta tamén a moitos galegos que son usuarios destes servizos municipais, nomeadamente, das piscinas e ximnasios.

Segundo informan as distintas cámaras municipais, as medidas foron tomadas como “carácter preventivo” ante a difusión do coronavirus e estarán polo menos vixentes ata final de marzo.

Tal é a contundencia das medidas adoptadas que, por primeira vez en 769 anos, a Cámara Municipal de Monçao decidiu aprazar a conmemoración da fundación deste concello en 1261. Uns actos que estaban previstos para esta quinta feira.

SITUACIÓN EN PORTUGAL

O número de casos confirmados de infección polo novo coronavírus é de case 50 persoas en Portugal. De acordo co boletín sobre a situación epidemiológçxica en Portugal, hai preto de 400 casos sospeitosos, dos cales 83 agardan resultado laboratorial. Segundo a DGS, hai aínda 667 contactos en vixilancia polas autoridades de saúde.

ÚLTIMAS

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...