InicioSociedadeO Rosal enviará os casos sospeitosos de Covid-19 ao Centro de Saúde...

O Rosal enviará os casos sospeitosos de Covid-19 ao Centro de Saúde da Guarda

Por outra parte, a terminal do aeroporto de Peinador permanecerá aberta entre as 6,30 e as 11,00 horas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Por outra banda, o Concello do Rosal informou este martes, segundo as indicacións do Sergas, de que os pacientes con sospeita de padecer Covid-19 serán derivados e centralizados no Centro de Saúde da Guarda.

Este centro, explicaron, conta cun espazo de atención diferenciado para os pacientes con patoloxía respiratoria e cun encargado dos Equipos de Protección Individual que coordinará a súa dispoñibilidade permanente.

Para evitar a concentración nas salas de espera e os contactos entre usuarios, a autoridade sanitaria da área de Vigo lembrou a importancia da consulta non presencial, por vía telefónica, sempre que sexa posible. Serán os profesionais, se o consideran necesario, os que lle recomenden ao paciente que se achegue ao centro de saúde.

PEINADOR

A terminal de Peinador permanecerá aberta entre as 6,30 e as 11,00 horas e pecharase o acceso a algunhas zonas da mesma “infrautilizadas durante ese horario”.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...