Inicio Blog Páxina 1753

Salvador Illa visita a fabrica de Porriño onde se fabricará a vacina de Novavax para Europa

0

O Ministro de Sanidade, Salvador Illa, visita os laboratorios Zendal en O Porriño, onde a multinacional estadounidense Novavax fabricará para Europa a vacina contra a COVID19

Un investigador de Vigo descobre unha nova especie de libélula na selva amazónica

Investigadores da Universidade de Vigo (UVigo), a Universidade de São Carlos de Brasil e a Universidade San Francisco de Quito de Ecuador descubriron unha nova especie de libélula na selva amazónica deste último país.

O profesor da Escola de Enxeñaría Forestal da universidade galega Adolfo Cordeiro participou neste proxecto, que permitiu identificar unha especie denominada ‘Philogenia gaiae’ en homenaxe a súa filla Gaia. As características do animal foron recollidas na revista científica Zootaxa, na que tamén se publicou o descubrimento das femias dunha especie da que só se coñecían machos, a ‘Philogenia macuma’.

Respecto da ‘Philogenia gaia’, Cordeiro detallou que se trata dunha libélula negra que presenta unha franxa esbrancuxada ao final do abdome e que prefire as zonas escuras, o que dificulta a súa localización. Ademais, estes animais presentan un voo rápido e a rentes do chan e o seu período de apareamento descoñécese.

Deste xeito, observáronse as principais diferenzas da nova especie respecto da máis similar, a ‘Philogenia minteri’, que se atopan nos apéndices anais dos machos, utilizados par agarrar polo pescuezo á femia durante a cópula. Dado que ambos os subxéneros presentan cores similares, Cordeiro apuntou que poden confundirse dun modo sinxelo.

Así mesmo, este responsable do grupo Ecoloxía Evolutiva e da Conservación (EcoEvo), explicou que se sospeita que estas libélulas só se achegan ás zonas dos ríos para desovar, xa que non foron atopadas nas súas inmediacións.

TRABALLO DE CAMPO

En concreto, o traballo de campo que permitiu descubrir a nova especie foi levado a cabo en 2021 na estación de biodiversidade Tiputini de Ecuador, nas inmediacións do parque nacional Jasuni. Posteriormente, analizáronse os exemplares atopados e comparáronse con outros do xénero ‘Philogenia’ en colaboración co investigador estadounidense Rosser Garrison, que remitiu imaxes de especies ás que non se puido acceder.

Os investigadores Diogo Silva Vilela e Rhainer Guillermo Ferreira do Laboratorio de Estudos Ecolóxicos en Etología e Evolución da Universidade de São Carlos e a profesional Andrea C. Escalada do Instituto Biosfera da Universidade San Francisco de Quito tamén participaron na investigación.

O xénero ‘Phylogenia’ está composto por 37 especies divididas en seis grupos presentes en América Central e América do Sur. Así, a ‘Philogenia macuma’ foi descrita en 1986, aínda que a femia desta especie foi caracterizada por primeira vez polos investigadores Cordeiro, Vilela, Ferreira e Encalada no artigo sinalado. De feito, trátase da quinta femia de ‘Philogenia’ apuntada e foi atopada en 2014 na estación biolóxica de Jatun Sacha de Ecuador.

A este respecto, o investigador da UVigo indicou que a ‘Philogenia macuma’ foi localizada nunha zona próxima Tiputini tamén pertencente ao sistema fluvial do río Napo e sinalou que resulta similar á femia da ‘Philogenia gaiae’.

Así, sinalou que a ‘Philogenia’ representa un xénero pouco estudado e indicou que distintos investigadores, entre eles os do grupo EcoEvo, analizan a súa información molecular, o que podería permitir coñecer se pode constituír unha familia de especies.

Sabes quen foi o primeiro locutor de radio que retransmitiu en directo eventos deportivos?

0

Non foi Matías Prats. Era galego, doutor en dereito, xornalista e locutor que nacido en Gondomar en 1907. O seu nome, Carlos Fuertes Peralba.

A súa fama viulle dada despois da retransmisión dos partidos do mundial de fútbol de Italia en 1934, “cuando desde Roma hizo llegar a los oyentes la emoción de aquellas jornadas del deporte español” recollido así no obituario publicado o 24 de novembro de 1965 no diario ABC despois do seu falecemento e enterro con apenas 58 anos.

No ano 1940 pasaba a formar parte da axencia EFE dirixindo a sección deportiva chamada ALFIL e en 1964 recollía o premio “Antena de Oro” da Agrupación Sindical de Radio e Televisión, xunto a Matías Prats, entre outros.

Hoxe, 13 de febreiro, Día Mundial da Radio o actual alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, fixo mención ao recordo deste profesional veciño da vila e ao seu fito histórico como pioneiro locutor radiofónico deportivo.

Dous médicos prestan de novo asistencia no centro de saúde de Arcade

0

Dous médicos, un deles substituto por vacacións dun facultativo e un médico titular, prestan de novo asistencia desde este martes no centro de saúde de Arcade, en Soutomaior (Pontevedra), segundo informa a Consellería de Sanidade.

Desta maneira, a estrutura organizativa de xestión integrada de Pontevedra e O Salnés reivindica que “normalizou a prestación de atención primaria” no municipio.

Do mesmo xeito, sinala que no consultorio de Romariz “reanuda a asistencia o médico habitual”. A estrutura organizativa de xestión integrada indica que “ten previsión de cubrir cun substituto as vacacións de facultativo neste concello durante as quendas de setembro”.

“De non aparecer novas incidencias, a cobertura de atención primaria normalízase nesta localidade durante todo o mes”, resolve a consellería.

E subliña que desde o pasado 20 de agosto ata este 2 de setembro, “tivo que proceder ao peche provisional do consultorio de Romariz no Concello de Soutomaior pola ausencia de dous facultativos que prestan servizo no centro de saúde de Arcade e dispor só dun único substituto”.

O Sergas incorporou “temporalmente” ao médico de familia do consultorio de Romariz ao centro de saúde “para que, xunto co médico substituto dispoñible, centralizase alí a asistencia, cubrindo ambos os médicos as cotas”.

Dita decisión “tomouse xestionando os recursos dispoñibles baixo criterios de continuidade asistencial, compatibilizando a cobertura sanitaria co dereito dos profesionais de atención primaria ao seu preceptivos descanso”, xustifica.

Tres detidos por violencia de xénero en Vigo en menos de 24 horas

Un home  de 37 anos, R.C.G., foi detido por ameazar ao seu expaella e quebrantar unha orde de afastamento respecto dela fronte ao fillo de ambos en Vigo. Segundo recolleu a Policía Local nun comunicado, os feitos tiveron lugar este sábado ao redor das 17,00 horas nas inmediacións da rúa Sanjurjo Badía, cando a muller alertou de que a súa exparella quebrantara a orde de afastamento.

Despois de que os axentes se trasladaron á zona, a muller manifestou que se atopaba con outro home no local onde traballa cando observou chegar a súa ex parella, polo que decidiu pecharse no establecemento. Mentres, o home achegouse ao local, bateu na porta e ameazou á muller e ao seu amigo en presenza do fillo de ambos, que pasara a tarde con el. Posteriormente, os policías dirixíronse ao domicilio deste home, que negou os feitos, e detivérono.

VIOLENCIA DE XÉNERO

Noutra orde de cousas, un home de 34 anos de idade nado e residente en Vigo, P.M., foi detido por un delito de violencia de xénero tras, supostamente, agredir á súa parella e romperlle o tabique nasal.

AGRESIÓN

Tamén este sábado ao redor das 7,18 horas no barrio de Coia, un home natural de Vigo de 31 anos, M.M.G., foi detido por un delito de violencia de xénero tras, supostamente, agredir á súa parella durante unha discusión.

Falece o bebé que permanecía ingresado nun hospital de Vigo tras caer nunha piscina de Salceda

0

O bebé de 19 meses que fora ingresado no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo tras caer a unha piscina en Salceda de Caselas (Pontevedra) e quedar sen respiración faleceu. O menor será trasladado ao redor das 17,00 horas deste xoves ao tanatorio da localidade veciña de Salvaterra do Miño, segundo informaron fontes do servizo funerario a Europa Press.

En concreto, o accidente tivo lugar a semana pasada no lugar de Pomar de Suso, onde o bebé se caeu á piscina e foi rescatado de inmediato polos seus familiares. Posteriormente, contactaron co servizo de emerxencias para alertar do ocorrido.

Ademais, practicáronse manobras de reanimación ao bebé, que foi evacuado en estado “moi grave” e “con pulso” ao centro hospitalario de Vigo no helicóptero medicalizado con base en Ourense.

A derradeira lección do mestre Pepito: “Nin o punk nin o metal son tan violentos como o jazz, Coltrane é un agresor”

Esta é a derradeira parte da entrevista en profundidade de Xornal de Vigo a José Miguel Núñez, DJ e melómano, ademais de un dos maiores expertos en rock da nosa cidade. Xa falamos con el do disco definitivo, que non existe, e tamén, como non podería ser doutro modo, dos Stones e dos Beatles.

Chegados a este punto, faise inevitable non chegar ao gran tema universal que é o paso do tempo, así como da forza das apariencias: “É moi fácil ter 20 anos e ser un roqueiro, pero cando teñas 50 segue iso, vai de duro por aí, vai, vai, co hardocore e todo iso… Te fai parecer un pallaso, a non ser que che guste de verdade e o transmitas. Eu o que vexo na xuventude é que van ata o disco máis duro, o máis forte, buaaah, isto cómese a todo. E eu podo imitalo, toco death metal bestial bocexando, e non tes que estar todo ido, podo estar na cama quedándome durmido e tocando unha macarrada. É unha máscara”.

foto de jose Nuñez© Miguel Nuñez
José Nuñez sostén un dos seus discos de musica preferidos no Honky Tonky / Miguel Núñez

“O punk rock inglés era unha pelexa de machos sen sentido nunha rúa estreita, non criticaban nada, era a banda sonora dunha pelexa, nada máis”, censura.

É un gran amante do rock dos 50 e 60, onde non habería gravación “mala”: “É nos 70 cando aparece por primeira vez o fenómeno do grupo merdeiro, todo vai evolucionando, con grupos moi bos tamén por suposto, e agora está todo mesturado, grupos de hardcore que graban un triple álbum, ou doble, coma The Clash ou Husker Dü, cando iso era de Pink Floyd, non do punk”.

Dead Combo en Paredes de Coura / Miguel Nuñez

Os seus gustos son eclécticos, encántalle Kraftwerk, e comprou todos os seus discos a primeira vez que os escoitou, con trece anos, entráballe á primeira: “Escoitas iso na xuventude e flipas”.

Tamén Prince, que considera fabuloso: “O tema ‘Thunder’ de Prince, que guitarrazos de heavy ten. Iso hoxe en día pode facelo calquera, pero daquela, e encima para as masas, foi unha burrada. A xente intenta bailar os ritmos de Prince e non pode, porque pensan que é negro, pero é xitano. Considerábase un gran fan do rock blanco, incluso plaxiou a Radio Futura”.

Arcade Fire/ Miguel Núñez

No seu altar persoal tamén garda un lugar especial para New Order: “Nos 80 publican Blue Monday, e os Dj´s tiñan un problema, ¿quen se atrevía a poñela? Porque agora hai millóns, pero entón non existían máis temas coma ese. En 1984 era única, entón se a pinchas, que pos despois? Non existían Lcd Soundsystem, sabías que a seguinte non ía estar á altura. Tiveron que aparecer os remixes porque non a podían superar”.

A él, o único xénero musical que pode chegar a superalo é o jazz: “O rock aínda dá concesións, pero o outro día me puxen a escoitar un CD de John Coltrane, e, como empezaba? Violándote. E pensas, quen ten o momento para escoitar isto? Este tío é un agresor. O punk non é tan violento, nin o heavy metal. O jazz é desagradable. Colles un disco de rock ruidista e por moito estrondo que faga, teu cerebro o acepta. Pero o jazz non. Non é para a xuventude. Se escoitas jazz con quince anos, es un vello. Asustaríame que chegara un mozo e me dixese que escoita jazz. Que vas vivir só dez anos, quita eses discos! Xa haberá tempo, non podes meterte niso. A electrónica tamén entra moito máis fácil. O jazz ten momentos que está fodéndote vivo”.

Skepta en Paredes de Coura/ miguel Nuñez

A pesar do esforzo que supón escoitar diversos estilos, considera un erro cerrarse nun só, e detesta a simple estética, o icónico pero superficial: “Cando aparece unha banda boa de verdade non está ningún representante das tribos urbanas. Tanto punkies coma heavies apadriñaron aos peores grupos que hai no planeta. O heavy aos Scorpions, o punk aos mesmos sempre, e tes millóns de bandas, os Ramones son moi carismáticos, si, pero hai moitos outros: Dictators, Big Boys… Pasarán 20 anos, e seguirán cos Sex Pistols e os Ramones”.

E chega o momento de centrarnos no punk: “Os Sex Pistols eran unha montaxe, estaban manexados por Malcolm McLaren. E para min son máis rock and roll que punk, que tamén a tocar punk non sei que chamarlle, porque é pop afiado… Considero que é un termo máis político que musical”.

Dead Combo en Paredes de Coura / Miguel Nuñez

Como noutros aspectos da vida, José Miguel, Pepito para os amigos, que son moitos, detesta as aparencias: “O punk do 77 ten un lado estético, as cristas, as chaquetas, pero o hardcore non é un desfile de modas. A quen lle podía gustar, se vestían normais, a pesar de que deixaran o punk antigo en debuxos animados, e crearan o caldo de cultivo para Sonic Youth, Pixies ou Nirvana?”.

Primeiro tivo que estar o punk, e comezou a revolución, recalca, “pero o hardcore é moito máis. No punk é fácil meterte: pos o pelo de punta e xa está, xa formas parte. Porque cantos punkis de pastel había na época, porróns. Preocupábanse máis da moda que dos discos, logo viña calquera afeccionado e sabía máis de punk que eles. Eu con 15 anos lles preguntaba que dicían as letras dos Clash e ninguén sabía o que estaba escoitando”.

Concerto de Skepta en Paredes de Coura / Miguel Nuñez

Núñez sostén que hoxe en día “todo é estética”, e admira ó hardcore xustamente polo contrario: “Eran tíos de andar por casa, que logo subían ao escenario e eran máis violentos que Sid Vicious. Cando escoitaba a Johnny Cash a xente dicía que era unha merda”.

Dicían o mesmo de moitas das cousas que el escoitaba dende o primeiro momento, que observou na súa xestación. Espectador privilexiado, viu en directo a Green Day cando non eran “nada” aínda: “Gustábanme só as primeiras cinco cancións, despois non daba para máis porque era repetición desas cinco. Pero hai que recoñecer que tiñan ganas”.

Eran tempos diferentes aos actuais, sen Internet. En calquera caso, Núñez escoita ás veces grupos que non aparecen nin na Wikipedia, é un explorador en busca dos esquecidos: “E atopas músicos non tan famosos que pegaban un baño aos de primeira división da época, e pregúntaste as circunstancias, cales serían uns vendidos”.

Arcade Fire en Portugal/ Miguel Núñez

Ás veces resulta complexo, incluso irónico, falar do que é un erro na arte: “¿Sabes o problema dos grupos españois dos 80? Cantaban mal, pero ían á par da música. Cando os músicos aprenderon a tocar, as voces parecían penosas de repente. Coque Malla (Los Ronaldos) quedou como un mal cantante cando aprendeu a tocar máis. Foi seu propio inimigo. É coma os negros do blues, eu sempre o poño de exemplo. Equivocábanse continuamente, pero sen dúbida foron abraiantes. Os mellores riffs da historia están aí, está todo. ¿Que voces tiñan? Estaban raxados, eran fumadores, ningún portento. Pois son as mellores cancións”.

Incubus no Festival Vilar de Mouros/ Miguel Núñez

Aos ‘deuses’ do post hardocore Fugazi considéraos bos, pero uns panocos: “O que non me gustaba desa banda é que foran “straight edge”: nin fumaban, nin bebían… Musicalmente destacan, pero os odiaba por iso. Non se pode fumar un cigarro no meu concerto, que deixo de tocar. Eu pensaba que Ian, seu líder, era un completo imbécil”.

¿E cando, segundo este apaixonado, demostra un grupo que é bo? “Pois cando están abaixo, coma os Godfathers, que seguían facendo discos importantes fóra de foco”.
Pero, ao final de todo, a cuestión primeira, máis alá de bandas concretas, é claramente ¿ten futuro o rock?.

Jose Nuñez d.j.ecolecionista ©Miguel Nuñez
Jose Nuñez rodeado de discos e posters na tenda de musica Honky Tonky/ Miguel Núñez

Esta é a súa resposta: “Nunca volverá a impactar como antes, pero quedan moitos camiños por evolucionar, o problema é que a xente reduce a historia a uns nomes esenciais. Pero este xénero xa naceu con iso. Ningún seguidor de jazz di os dez mellores, sabe que hai millóns. Pero no rock si. E o que fan os roqueiros é recrear esa decena de álbums todo o tempo. Como vai evolucionar entón? É imposible. Se non o ves como algo máis amplo, morre xa. Pero existen millóns de subxéneros, estilos e maneiras de tocar e que experimentar”.

Para el, o rock and roll “de verdade” foi o a década dos 50, pero durou máis, e dura agora, grazas á xente que vai á contra: “Revívese continuamente o pasado, o britpop foi iso, pura nostalxia. E Os Ramones saíron na época da música disco, o rock sinfónico e mil cousas que non eran roqueiras. E eles erre que erre, o rock estaba morto e pasado de moda, pero foron tan frikis que o resucitaron”.

Publico
Concerto de Slowdive en Portugal/ Miguel Núñez

E os que o arruinaron, para el, foron os Sex Pistols: “Non terían ido a ningún lado, a pesar da súa creatividade, serían de culto e nada máis. Pero o seu representante os fixo famosos a costa de esnaquizalo todo. Meteu violencia, que era de mentira, pero a xente creeu o conto. Encargaron camisetas en francés, a idea era que todo fora “como París”: o lume aos Stones, a xente e a policía a golpes nos concertos de Jerry Lewis. O punk ao comezo era xovial, tiña a violencia de calquera da rúa”.

E, en definitiva, critica o misticismo: “A xente quere o non o ten diante, e pagará o que sexa, e ao pagar o que sexa dirá que é a panacea. No rock reivindícanse as cousas moi tarde e cando xa non están, entón ata a morte. ¿Cando lle fixeron caso á Velvet Underground? Cando xa non existía. O erro do rock é ese, crear lendas esaxeradas, mitificar calquera cousa. Logo fas unha viaxe, os ves e son catro borrachos, e cáese abaixo todo”.

John Cale, antigo membro da Velvet, en Vilar de Mouros/ Miguel Núñez

Detido un condutor tras cometer un delito de tráfico, escapar do control policial e fuxir a pé polo monte

0

A Policía Local de Vigo interceptou e denunciou por vía penal a un veciño da cidade, de 54 anos de idade, como presunto autor dun delito contra a seguridade do tráfico e que, ademais, fuxiu ao atoparse un control policial.

Segundo informaron fontes do 092, os feitos tiveron lugar na mañá do martes, na estrada de Valladares, onde se estableceu un control de vehículos por parte da Policía Local.

Un condutor deuse á fuga ao decatarse da presenza dos axentes. O home, de 56 anos de idade, chegou a abandonar o vehículo durante á súa huída e a seguir a fuga a pé a través do monte, aínda que foi finalmente localizado.

A Policía constatou que o condutor non só ten o carné retirado por orde xudicial, senón que o vehículo carecía do seguro obrigatorio. Así, foi denunciado por un suposto delito contra a seguridade viaria.

Por outra banda, tamén o martes interceptouse nun control a un home que circulaba pola rúa Torrecedeira. Ante a sospeita de que puidese atoparse baixo os efectos dalgunha droga, a Policía realizoulle un test, que deu positivo para anfetaminas e metaanfetaminas.

O condutor, un vigués de 54 anos de idade, enfróntase a unha multa de 1.000 euros e á retirada de 6 puntos do seu carné de conducir.

Así mesmo, na noite do martes, foi interceptada unha condutora que se viu implicada nun accidente de tráfico e que arroxou resultado positivo no test de alcoholemia (0,68 e 0,67 mg/l).

Finalmente, na madrugada deste mércores, axentes policiais deron o alto a un condutor tras cometer unha infracción de tráfico, na Avenida da Hispanidade. Ao sometelo ao test de alcoholemia, este arroxou resultado positivo (0,91 e 0,82 mg/l), polo que tamén foi denunciado por vía penal.

A fotografía que resume a situación de POVISA

Unha imaxe vale máis que mil palabras. 1.500 uniformes agardan un día máis ser utilizados, sen a seguridade de conseguilo e sen poder facer nada ao respecto. Todo está no aire.

Verbena tropical e cinema galego, a mellor combinación para poñer fin aos Play-Doc de Tui

0

Verbana tropial e música galega para pechar os Play-Doc de Tui, o festival internacional de documentais de Tui que xa vai pola súa 14ª edición. Esteban & Manuel foron os encargados de amenizar a festa no paseo fluvial.

A partir das 17.30 horas, no Teatro Municipal de Tui, houbo máis cinema galego coa obra de Ana Domínguez Os fillos da vide, onde se introduce nos ciclos da vida, das estacións, os viñedos, a vendima e o viño.

Na sesión de curtos galegos, ás 19.30 horas, proxectaronse: O salvaxe leva ou seu tempo, de Oliver Laxe; Un retrato de seres indomables, Nova Galicia, de Iván Nespereira; e O Fareiro de Sálvora, de Gloria Vilches, onde a directora recolle a historia do seu avó. E xa pola noite Ousama Sembéne, ás 21.30 horas.

O festival despediuse ás 22.30 horas coa proxección dos dous filmes que obtiveron o Premio Play-Doc desta edición: na Sala 1, The Waldheim Waltz, de Ruth Beckermann e á mesma hora, na Sala 2, Lamaland (parte I) de Pablo Sigg.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed