InicioSociedadeProfesionais do Chuvi avalían a situación sanitaria dos usuarios das residencias

Profesionais do Chuvi avalían a situación sanitaria dos usuarios das residencias

Os profesionais reúnense cos directores e os equipos asistenciais durante as visitas para poder elaborar un informe da situación destas instalacións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Equipos compostos por médicos e enfermeiros de Atención Primaria do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) comezaron a analizar a situación sanitaria de persoas maiores usuarias de residencias e centros sociocomunitarios da zona.

Segundo trasladou a xerencia da área Sanitaria de Vigo nun comunicado, estas visitas iniciáronse este xoves e están amparadas pola tutela dos centros de maiores públicos e privados que asumiu a Xunta durante a crise sanitaria derivada da propagación do coronavirus.

Deste xeito, avalíase a situación de cada un dos 4.378 usuarios dos 71 centros da zona. Ademais, os profesionais reúnense cos directores e os equipos asistenciais durante as visitas para poder elaborar un informe da situación destas instalacións.

Así, detállanse os datos estruturais, físicos e humanos de cada centro, ademais dos medios asistenciais dos que dispón e as actividades que levan a cabo. Do mesmo xeito, examínase se as residencias e centros de maiores contan cun Plan de Continxencia para o COVID-19.

Mediante estas visitas, búscase establecer un mecanismo de comunicación que permita realizar un seguimento dos casos sospeitosos de coronavirus e as medidas que se aplican a cada paciente. Tamén se poderá coordinar o tratamento destas persoas en coordinación co servizo de Medicina Preventiva para realizar unha toma de mostras se é preciso.

Así mesmo, constituíuse un equipo denominado COVID Residencias e liderado polo Servizo de Xeriatría do Chuvi que coordinará a atención sanitaria da poboación residente nestes centros con persoal do Hospital Povisa e Atención Primaria.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...