Inicio Blog Páxina 1620

Abel Caballero ao presentar a preestrea de Frozen 2: “Move máis xente o Nadal de Vigo que o Camiño de Santiago”

0

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou este venres un acordo alcanzado entre o Concello olívico e The Walt Disney Company Iberia, de maneira que a multinacional converterá a rúa Progreso na “Rúa Frozen”, con motivo da estrea da segunda parte desta película de animación.

Nunha rolda de prensa, o rexedor, quen asegurou que o Nadal vigués “move máis xente que o Camiño de Santiago”, avanzou que Disney encargarase da iluminación e animación desa rúa, e que Vigo acollerá a preestrea nacional de Frozen 2, o 20 de novembro nos cinemas de Praza Elíptica (ao que se poderá acudir con invitación). Ademais, o 21 de decembro haberá un pase especial para colectivos sociais de atención a “nenos desfavorecidos”.

Abel Caballero, matizou que o convenio con Disney ten custo económico “cero” para o Concello. Explicou tamén que o aceso inaugural da Rúa Frozen será o sábado 23 de novembro, unha hora despois de que se realice o acto de aceso en Pórta do Sol.

Pontón ve con “preocupación” que “non se lle plante cara á extrema dereita” en Galicia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, lamentou este xoves que a xunta electoral siga en Galicia o “camiño” do “branqueamento” da extrema dereita, ao permitir que un partido como Vox poida “irradiar” nos medios públicos o seu discurso “racista, xenófobo e antigallego”.

Así o trasladou, en declaracións aos medios, tras participar nun encontro con delegados da CIG do sector de automoción, celebrado en Vigo.

Ana Pontón expresou a súa “preocupación” por ver que “non se lle planta cara á extrema dereita” e se permite o seu “branqueamento”, a pesar de que propón “a ilegalización do Parlamento de Galicia, da Xunta e dunha formación democrática como o BNG, polo simple feito de que defende os intereses dos galegos”.

“É inaudito que en Galicia se colabore nesa dirección, e que haxa unha resolución da xunta electoral que di que un partido que ten cero concelleiros, cero deputados e ningunha representación, teña que estar nos medios públicos para seguir irradiando o seu discurso racista, xenófobo e antigalego“, proclamou a portavoz nacional do BNG.

Segundo proclamou, “ao BNG non o van calar”, e volveu apelar ao voto nacionalista como única alternativa para que Galicia teña peso político no panorama estatal, para que se defendan os intereses sociais e, ademais, “se free” á dereita “nas súas múltiples versións”. “Estamos a poucos días de dar carpetazo ao pasotismo e a discriminación dunhas forzas inútiles para defender os intereses dos galegos”, sentenciou.

Por iso, convidou aos cidadáns a que voten “con orgullo de país” o vindeiro domingo, “concentrando” ese voto de país no BNG porque “serve para defender Galicia, os dereitos sociais e para pararlle os pés á dereita”.

Ponton reunida cos delegados de automocion © Miguel Nuñez

AUTOMOCIÓN

Pontón participou este xoves, xunto aos candidatos do BNG pola provincia de Pontevedra, Carme da Silva e Xesús López, nun encontro con delegados de automoción da CIG.

Respecto diso, a portavoz nacional do BNG lembrou que este é un sector “estratéxico” que necesita “adaptarse” á nova realidade, á vez que advertiu de que “non poden pecharse os ollos” aos cambios que necesita a automoción porque pode ocorrer o que pasa agora no sector eléctrico”. “Non facer os deberes ten consecuencias”, apuntou.

Así, Pontón apostou por impulsar a competitividade desta industria cunha tarifa eléctrica galega, investindo en innovación e mellorando as condicións duns traballadores que sofren cada vez máis “precariedade”, en lugar de favorecer que se converta nun sector “low cost”.

Na mesma liña, Carme da Silva instou a non deixar “desfalecer” o sector pola “inacción” da Xunta e do Goberno central, e prometeu que se o BNG ten voz no Congreso a partir do domingo, vai “tirar” porque esta industria volva ser o “motor económico” que foi.

Os vigueses, satisfeitos cos servizos municipais públicos

O III Barómetro do Observatorio dos Servizos Urbanos (OSUR) de 2019 rexistra que os habitantes da Coruña e Vigo (as dúas cidades analizadas en Galicia) puntúan os seus servizos públicos municipais cun 61% de satisfacción, o que supón un leve descenso de dous puntos respecto ao anterior estudo realizado o ano pasado.

Esta terceira edición do barómetro baséase nunha enquisa a 5.500 persoas sobre a súa opinión dos servizos públicos municipais nas 30 poboacións máis poboadas do país, incluídas A Coruña e Vigo. De aí, USUR, plataforma pertencente á Asociación pola Excelencia dos Servizos Públicos, extrapola os resultados para analizar os servizos municipais públicos en 13 comunidades autónomas.

Na serie de análises anuais, Galicia sobe en comparación co resto de comunidades analizadas, ao pasar do sétimo lugar en 2018 á cuarta posición no actual barómetro. Así mesmo, en función dos resultados solicitados sobre A Coruña e Vigo, o observatorio OSUR conclúe que Galicia reduce o número de persoas insatisfeitas, chegando ao 22%, cunha variación do 2% respecto ao ano anterior.

A subministración de auga é o servizo mellor cualificado, cun 73% de satisfacción, mentres que o peor valorado é a conservación de espazos públicos, con 49% de satisfeitos.

ANÁLISE PORMENORIZADA

Respecto á subministración de auga, a súa avaliación sobe dous puntos respecto o anterior barómetro, pero aínda se sitúa un 2% por baixo da media, segundo OSUR. En todo caso, o número de insatisfeitos é o máis baixo de todos os servizos, rexistrando un 11%.

O máis valorado son aspectos como ausencia de cortes, presión ou continuidade do servizo, con 71% de satisfeitos, e a calidade da auga, con 64% de opinións favorables.

Respecto da recollida de lixos e residuos, o 60% dos enquisados móstrase satisfeito co servizo, aínda que se rexistra unha importante baixada de 15 puntos por baixo do resultado de 2018, pero sitúase dous puntos por encima da media. O número de insatisfeitos aumenta dous puntos e chega ao 13%.

A frecuencia do servizo de recollida de lixos é o punto máis valorado, con 70% de satisfeitos, seguido pola atención ao cliente cando hai incidencias, con 60% de opinións favorables. O servizo de transporte público aproba só cun 51% de satisfacción, un 5% menos que o ano pasado, e seis puntos por baixo da media nacional, que se sitúa en 57%. O número de persoas insatisfeitas redúcese a 21%, 15 puntos menos que no barómetro anterior.

O único aspecto que consegue o aprobado é o estado de limpeza e conservación dos vehículos de transporte público, con 69% de satisfeitos.

LIMPEZA VIARIA E CONSERVACIÓN DE ESPAZOS PÚBLICOS

En canto a limpeza viaria, o grao de satisfacción obtido é do 51%, pero OSUR matiza que o resultado “está polarizado” entre os “moi bos” datos de Vigo, coa segunda mellor cualificación nacional, e os da Coruña, que “suspende e acentúa a súa tendencia negativa, e sitúase entre os peores e baixa a media rexional”.

Non consegue o aprobado a conservación de espazos públicos e coidado de zonas verdes, con 49% de satisfacción, cinco puntos por encima da media nacional, pero un 11% menos que o anterior barómetro. O número de insatisfeitos é de 24%, un punto menos que o ano anterior.

METODOLOXÍA DO ESTUDO

As enquisas para realizar este terceiro barómetro sobre os servizos públicos municipais realizáronse en: Madrid, Barcelona, Valencia, Sevilla, Zaragoza, Málaga, Murcia, Palma de Mallorca, Las Palmas de Gran Canaria, Bilbao, Alacante, Córdoba, Valladolid, Vigo, Xixón, L’Hospitalet de Llobregat, Vitoria, A Coruña, Granada, Elxe, Oviedo, Terrassa, Badalona, Cartaxena, Jerez de la Frontera, Sabadell, Móstoles, Santa Cruz de Tenerife, Pamplona e Alcalá de Henares.

A CIG recolle sinaturas sobre a xestión hidroeléctrica e presentalas no Parlamento

0

A Confederación Intersindical Galega (CIG) comezou un proceso de recollida de firmas para presentar a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) sobre medidas para a nova xestión dos saltos e aproveitamentos hidroeléctricos no Parlamento de Galicia.

En concreto, son necesarias 10.000 firmas, que se recollerán ata o próximo 10 de maio na rúa e en centros de traballo, para permitir que esta iniciativa se debata na Cámara galega.

O secretario nacional da Federación de Industria da CIG, Xoán Xosé Bozas, e o responsable da federación na comarca de Vigo, Alberto Gonçalves, detallaron este martes en rolda de prensa que o sindicato aspira a que a Xunta participe, directamente ou mediante empresas mixtas, no aproveitamento dos recursos enerxéticos e saltos hidráulicos. Deste xeito, búscase que os beneficios derivados desta produción permitan reducir o prezo da enerxía.

Os responsables sindicais aseguraron que, mediante o retorno do beneficio derivado da produción de enerxía na comunidade, amorteceríanse o desemprego, a emigración e a “desertización industrial” que sofre Galicia.

Ademais, a CIG sinalou nun comunicado que, aínda que existen 166 centrais hidroeléctricas na Comunidade galega e esta especializouse na produción de enerxía, non se deseñou unha estratexia “propia” respecto diso. Así, denunciou que Galicia “nunca sacou proveito” da súa condición de subministradora enerxética de España.

Así mesmo, lembrou que o modelo a seguir na construción destas plantas permitía que o investidor obtivese unha concesión de explotación por un período de 75 anos tras os que esta se debía reverter á Administración. Con todo, o sindicato recalcou que se produciron modificacións lexislativas para “acomodar” as concesións aos “intereses” das empresas adxudicatarias das mesmas.

Neste sentido, denunciou que non se trasladou unha planificación para a recuperación destes activos, así como que non se informou á cidadanía das condicións das concesións nin de se prorrogaron.

Un gran operativo contra o consumo de drogas no Morrazo acabou coa detención dun veciño de Moaña

Un veciño do municipio de Moaña (Pontevedra) de 42 anos de idade, foi detido en Cangas por levar na guantera do seu vehículo 150 dose de cocaína na madrugada deste sábado.

Segundo informa a Garda Civil nun comunicado, a detención tivo lugar no marco do plan de resposta deseñado pola Secretaría de Estado e Seguridade para erradicar o tráfico comerciante polo miúdo e o consumo de drogas en zonas, lugares e locais de lecer.

Deste xeito, durante a madrugada do sábado, varias patrullas de seguridade cidadá da Garda Civil da Compañía de Pontevedra levaron a cabo un “amplo dispositivo” de prevención nas principais localidades da comarca do Morrazo.

Durante o operativo, ao redor das 1,30 horas da madrugada, foi interceptado un vehículo que resultaba “sospeitoso” cando circulaba pola estrada VG-4.6, no quilómetro 2’900, á altura da localidade de Aldán. Ao inspeccionar o turismo, e ante as “evidentes” mostras de nerviosismo do condutor, a Garda Civil localizou na guantera unha riñoneira e no seu interior unha bolsa de plástico que contiña as 150 doses de cocaína.

Así mesmo, a Garda Civil procedeu á detención do condutor por un suposto delito contra a saúde pública por tráfico de drogas. Posteriormente foi posto en liberdade coa obrigación de comparecer ante a autoridade xudicial cando sexa requirido. As dilixencias instruídas foron entregadas no Xulgado de Instrución de garda de Cangas.

Fotos e vídeos do pleno do día en Vigo: O PP fabrica unha Carmela Silva de cartón

O pleno deste mércores en Vigo estivo protagonizado por Carmela Silva, tanto pola súa ausencia como a súa presenza. O PPdeG que pedía a súa reprobación polo suposto enchufe a súa cuñada, decidiu contrarrestar a ausencia da edil cunha fotografía a tamaño real da presidenta da Deputación de Pontevedra que decidiron colocar nun dos sillóns do pleno.

Esta é a secuencia de imaxes:

 

Una edil popular saca a foto de Carmela Silva para colocala no pleno / Miguel Núñez

Outro edil recolle a foto para poñela en primeira fila do pleno / Miguel Núñez

Os concelleiros do PP, con Elena Muñzo á cabeza, sacan carteis co lema “Carmela Silva Dimisión” / Miguel Núñez

Durante a súa intervención, a voceira do PP, Elena Muñoz, criticou duramente a Silva por non estar presente no pleno extraordinario (tampouco o estivo na sesión ordinaria previa, por atoparse nun acto en Madrid), e concluíu que a concelleira socialista “está fuxida do pleno, o mesmo que tentou a súa cuñada para non comparecer no xuízo, que a tivo que ir buscar a Policía”.

Tras a súa primeira intervención, e cando empezaba a intervir o portavoz de Marea de Vigo, os concelleiros do PP colocaron un enorme cartel coa imaxe de Carmela Silva nun das cadeiras de brazos do salón de plenos, á vez que exhibían letreiros coa lema ‘Carmela Silva. Dimisión’. O cartel foi inmediatamente retirado por orde do alcalde, quen criticou o comportamento dos edís lembrándolles que estaban “no pleno do Concello”.

“Como en Cíes non hai chalets pensamos que é un paraíso natural”

Xornal de Vigo continúa o seu repaso en profundidade ao medioambiente da man de Antón Lois, símbolo da loita ecoloxista en Vigo e a súa comarca e director de comunicación da ONG galega Amigos da Terra.

Despois dun primeiro capítulo sobre a contaminación da nosa cidade, nesta segunda entrega o tema a tratar é o estado medioambiental das Illas Cíes.

P- Estamos a voltas nos últimos tempos coa candidatura das Cíes a Patrimonio da Humanidade. Mais, non existe o perigo de acadar este título, alegrarse, pero finalmente empeorar a situación da illa sen decatarnos? Porque desde logo a afluencia de turistas non deixa de aumentar.

P- En canto ao último enfrontamento entre Concello e Xunta pola declaración de Patrimonio da Humanidade para o conxunto das Illas Atlánticas ou só para as Illas Cies, se o obxectivo final é aumentar o nivel de conservación non teño máis mínima duda, que sexa para todas. Porque se o que se busca é a protección, canto máis se protexa mellor.

Logo, se o obxectivo é a promoción turística, é irrelevante este nomeado, incluso contraproducente. A propia iniciativa e lexislación dos parques nacionais di que a súa meta principal é a conservación da natureza, pero hai moitos indicadores de que as Cíes en particular e o parque das Illas Atlánticas en xeral están retrocedendo no seu nivel de biodiversidade. Especies emblemáticas como o corvo mariño, imaxe do parque, están en perigo de extinción. É un parque absolutamente ferido.

Turismo
Paseando polas Cies/ Miguel Nuñez

P- Coido que, en realidade, a existencia destes parques a nivel global di moito de nós como especie, e non precisamente bo: ter que catalogar de forma especial un espazo como medida necesaria para retrasar o seu deterioro, porque se non non somos quen de conternos.

R- Deseñamos políticas de conservación da natureza ‘de illas’. Isto leva a un efecto perverso: a sensación de que todo o demais podemos cargárnolo sen problemas. Pero a natureza é transversal, e que un espazo estea protexido non significa destruír o de ao lado.

Debemos romper coa falacia de que a natureza soporta todo. Como podemos falar de desenvolvemento sostible nun planeta finito?

Contaminacion
Dende o aire Dehli, unha das cidades mais contaminadas do mundo / Miguel Nuñez

Cando nos referimos ás Cíes como paraíso natural podemos trazar unha liña divisoria. Da superficie da auga para abaixo si o é, pero o resto é un espazo esnaquizado polas actividades humanas.

Antón Lois, retratado por Miguel Núñez/ Miguel Núñez

Que queda dun lugar onde se plantaron eucaliptais e se soltaron coellos e cabras? Pero claro, como non hai chalets pensamos que é un paraíso natural. A propia Praia de Rodas é algo artificial. Mirade para Vigo: hai 300 anos Samil era infinitamente mellor.

Na Praia
Domingo en Samil /Miguel Nuñez

Metéronse especies invasoras de flora e fauna nunha pequeña illa… A paisaxe está esnaquizada ecoloxicamente. En tempos, Cíes non tiña vexetación apenas, ata que ‘chegaron’ os eucaliptos e acacias nos 50. Como dicía, hoxe pensamos que Cíes é un paraíso natural só por comparación co resto.

Espazo natural/ Miguel Núñez

P- Que opina entón do coñecido dito de que Rodas (nas Illas Cíes) é a mellor praia do mundo?

R- Un xornalista de The Guardian dixo que o era… Que pasa, se agora outro di que os galegos somos parvos, dámolo por certo tamén, asumirémolo do mesmo xeito ou só o facíamos por interese? Como nos fai quedar ben, falamos como se fora científico.

Cando é unha praia artificial que nace no momento en que se monta unha presa que corta o mar que pasaba entre illas, e vai sedimentando area. As praias de Cíes eran moito máis pequeñas, o mar arrastrábaas, en inverno desaparecían… Agora a que está a piques de desaparecer é a lagoa.

Espazo natural, pobo de O Foxo/ Miguel Núñez

Sindicatos acusan a patronal dos elaborados do mar de boicotear a folga con traballadores de ETT

“A patronal dos elaborados do mar aposta pola represión para boicotear a folga convocada no sector co obxectivo de reclamar un convenio colectivo que mellore unhas condicións laborais escravas”. Esta é a versión dos feitos defendida polos sindicatos FGAMT-CIG, que  tamén critican a “actitude” do empresariado e a actuación das forzas de seguridade, que consideran desproporcionada.

“O terceiro día de folga do sector en Vigo, que rexistrou de novo un seguimento maioritario que paralizou a produción das principais empresas, estivo marcado pola violencia policial”, aseguran.

A tensión trasladouse dende primeira hora da mañá ás portas de Cabomar, compañía de Marín propiedade do presidente da patronal Conxemar, José Luis Freire, “onde a numerosa presenza de piquetes evitou a entrada de persoal contratado a través de ETT co fin de evitar a paralización da fábrica como consecuencia do seguimento maioritario que rexistrou o terceiro día de paro”, relatan os sindicatos.

Folga do sector do conxelado/ CIG

Como consecuencia dos enfrontamentos entre persoas en folga e a policía, dúas persoas tiveron que ser trasladas en ambulancia até o hospital pontevedrés Montecelo para que fosen atendidas das diversas contusións que presentaban. “Non se poden consentir estas agresións a mulleres indefensas que o único que fan é reclamar un convenio digno”, sinalou ao respecto o secretario comarcal da FGAMT-CIG de Pontevedra, Xabier Aboi.

O responsable sindical carga tamén contra a contratación de persoal de ETT, o cal defende que supón unha vulneración do dereito de folga. Finalmente non estes traballadores non accederon ás instalacións da empresa ante a presenza dos piquetes.

Deste xeito, a produción permaneceu paralizada, ao igual que nas outras principais compañías do sector como Mascato, en Salvaterra, ou Fandicosta, en Domaio.

O accidente no Marisquiño en Twitter: 124 chíos por minuto

O accidente no porto de Vigo que se saldou con máis de 300 feridos nun concerto do Marisquiño, converteuse esta pasada medianoite nun dos temas máis comentados e compartidos nas redes sociais en España. En Twitter, en apenas unha hora, publicáronse 7.452 chíos (124,2/minuto).

Estes máis de 7.000 tuits publicáronse entre a medianoite —cando saltou a alerta en Twitter— e a unha da madrugada. Porén, hai que subliñar que 6.861 chíos foron retuits, mentres que tan só 591 chíos foron orixinais (o 7,9 por cento). Isto quere dicir que só uns poucos informaron sobre o accidente, mentres que uns moitos redifundían esas informacións.

Deses 7.452 tuits (chíos orixinais máis retuits), 4.168 foron publicados cunha ligazón a vídeos, informacións de medios… O resto, 3.284 (44 por cento) non levaban anexo ningún enlace con información extra e ampliada.

Foi a partir das 00.30 horas cando se produciu un punto de inflexión, cun aumento considerable de chíos, como se pode observar neste gráfico.

Evolución da publicación de tuits sobre o accidente no Marisquiño na primeira hora / Elaborado por Xornal de Vigo.
Evolución da publicación de tuits sobre o accidente no Marisquiño na primeira hora / Elaborado por Xornal de Vigo.

A mensaxe máis retuiteada nesa primeira hora da catástrofe foi a publicada pola conta oficial do Marisquiño, con 1.270 retuits (foi a única mensaxe que ofreceu a organización en redes en 12 horas, até que publicou no mediodía un comunicado).

MENSAXES MÁIS RETUITEADAS NA PRIMEIRA HORA DO ACCIDENTE 

1 RT @omarisquino: O MARISQUIÑO INFORMA: Ante el accidente ocurrido en el recinto portuario, os informamos que hay un puesto de ayuda e información en la Plaza de la Estrella. Si alguien echa en falta a algún familiar o amigo puede dirigirse allí en busca de información. Gracias. https://t.co/mb9EhVQAe7 1270
2 RT @lavozdegalicia: La Policía Nacional confirma que no hay fallecidos en O Marisquiño https://t.co/I7DYkdzgd3 703
3 RT @JacoPerezM: 🛑 Se hunde parte del muelle del Puerto de Vigo durante la celebración de O Marisquiño 687
4 RT @CruzCafune: Gente del Marisquiño, desalojen la plaza para facilitar las tareas del equipo de rescate. Si pensabas venir no vengas, los conciertos están cancelados 269
5 RT @lavozdegalicia: ÚLTIMA HORA (0:25) | Cae un paseo de madera en O Marisquiño causando varios heridos 243
6 RT @tonochouza: Me dicen desde Vigo que ha habido un accidente en el Marisquiño. Se ha caído un paseo de madera. @lavozdegalicia @Farodevigo https://t.co/ZhzbcKMhnP 242
7 RT @Danipaquitof: Parece ser que se ha desplomado parte del paseo marítimo de Vigo en mitad de un concierto de O Marisquiño. Las imagenes pintan feas. Ojalá todos estéis bien. https://t.co/PzkzfwJdSp 204
8 RT @MiguelComesaa: #ULTIMAHORA Marisquiño. Esta es la plataforma que se ha desprendido en la zona del náutico en Vigo durante la celebración de O Marisquiño. Hay heridos. https://t.co/YWP2LNctdt 184
9 RT @skinnyflakk: Mucha fuerza para todos los heridos en el Marisquiño si no encontrais a alguien hay un puesto d ayuda en la Plaza de la Estrella sentimos muchisimo lo ocurrido… 163
10 RT @SOYMIGUELLAGO: Atención. Tengo varios mensajes pidiéndome que publique en mis redes que NO HAY FALLECIDOS en el accidente en O Marisquiño en Vigo. Confimado este extremo por la policía local. Stop bulos. 151
11 RT @TVGalicia: ÚLTIMA HORA | Afunde parte dun peirao no porto de Vigo durante a celebración do Marisquiño. Hai varios feridos 145
12 RT @Lausidiaz: ACCIDENTE EN EL CONCIERTO DE RELS B EN EL MARISQUIÑO 🆘🆘🆘 https://t.co/C2VZvOoKxe 143

 

A usuaria máis activa durante eses primeiros momentos foi @Solobetipaz, con 38 chíos nunha hora.

Usuarios máis activos en Twitter sobre o accidente no Marisquiño, durante a primeira hora / Elaborado por Xornal de Vigo.
Usuarios máis activos en Twitter sobre o accidente no Marisquiño, durante a primeira hora / Elaborado por Xornal de Vigo.

“O meu pai levaba días batendo na miña nai”, di a filla dun detido por violencia de xénero

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de idade, veciño da cidade e orixinario de Ghana, W.D., como presunto autor dun delito de violencia de xénero, após agredir á súa muller en presenza das súas tres fillas menores.

Os feitos ocorreron na madrugada do martes, cando unha veciña dun inmoble da rúa Coruña alertou ao 092 após escoitar golpes e berros nunha vivenda próxima. Cando os axentes chegaron atopáronse cun home na vía pública, espido, e marcas de dentadas no ombreiro e nun brazo. Segundo relatou aos policías, a súa muller causáralle as lesións nun ataque de ciumes.

Mentres un dos axentes quedou co home, o outro subiu á vivenda para entrevistarse coa muller, que presentaba lesións na cara e sangraba pola boca e o nariz. A vítima, de 36 anos de idade, explicou que recriminara ao seu marido por falar por teléfono con outra muller e que este lle respondeu propinándolle puñadas na cara, tirándoa ao chan e dándolle patadas.

O ataque produciuse en presenza do tres fillas da parella, de 2, 5 e 9 anos de idade. A máis maior das nenas corroborou aos policías que o seu pai pegara á súa nai e que “levaba días facéndoo”.

A muller foi atendida no lugar por efectivos sanitarios desprazados até alí, mentres que o home foi detido como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed