InicioMedio Ambiente e Patrimonio"Como en Cíes non hai chalets pensamos que é un paraíso natural"

“Como en Cíes non hai chalets pensamos que é un paraíso natural”

Antón Lois (Amigos da Terra) denuncia as agresións medioambientais a Cíes ao longo da historia: plantacións de eucaliptais, pragas de coellos... Somos quen de protexer un dos nosos maiores tesouros?

PUBLICADO O

Xornal de Vigo continúa o seu repaso en profundidade ao medioambiente da man de Antón Lois, símbolo da loita ecoloxista en Vigo e a súa comarca e director de comunicación da ONG galega Amigos da Terra.

Despois dun primeiro capítulo sobre a contaminación da nosa cidade, nesta segunda entrega o tema a tratar é o estado medioambiental das Illas Cíes.

P- Estamos a voltas nos últimos tempos coa candidatura das Cíes a Patrimonio da Humanidade. Mais, non existe o perigo de acadar este título, alegrarse, pero finalmente empeorar a situación da illa sen decatarnos? Porque desde logo a afluencia de turistas non deixa de aumentar.

P- En canto ao último enfrontamento entre Concello e Xunta pola declaración de Patrimonio da Humanidade para o conxunto das Illas Atlánticas ou só para as Illas Cies, se o obxectivo final é aumentar o nivel de conservación non teño máis mínima duda, que sexa para todas. Porque se o que se busca é a protección, canto máis se protexa mellor.

Logo, se o obxectivo é a promoción turística, é irrelevante este nomeado, incluso contraproducente. A propia iniciativa e lexislación dos parques nacionais di que a súa meta principal é a conservación da natureza, pero hai moitos indicadores de que as Cíes en particular e o parque das Illas Atlánticas en xeral están retrocedendo no seu nivel de biodiversidade. Especies emblemáticas como o corvo mariño, imaxe do parque, están en perigo de extinción. É un parque absolutamente ferido.

Turismo
Paseando polas Cies/ Miguel Nuñez

P- Coido que, en realidade, a existencia destes parques a nivel global di moito de nós como especie, e non precisamente bo: ter que catalogar de forma especial un espazo como medida necesaria para retrasar o seu deterioro, porque se non non somos quen de conternos.

R- Deseñamos políticas de conservación da natureza ‘de illas’. Isto leva a un efecto perverso: a sensación de que todo o demais podemos cargárnolo sen problemas. Pero a natureza é transversal, e que un espazo estea protexido non significa destruír o de ao lado.

Debemos romper coa falacia de que a natureza soporta todo. Como podemos falar de desenvolvemento sostible nun planeta finito?

Contaminacion
Dende o aire Dehli, unha das cidades mais contaminadas do mundo / Miguel Nuñez

Cando nos referimos ás Cíes como paraíso natural podemos trazar unha liña divisoria. Da superficie da auga para abaixo si o é, pero o resto é un espazo esnaquizado polas actividades humanas.

Antón Lois, retratado por Miguel Núñez/ Miguel Núñez

Que queda dun lugar onde se plantaron eucaliptais e se soltaron coellos e cabras? Pero claro, como non hai chalets pensamos que é un paraíso natural. A propia Praia de Rodas é algo artificial. Mirade para Vigo: hai 300 anos Samil era infinitamente mellor.

Na Praia
Domingo en Samil /Miguel Nuñez

Metéronse especies invasoras de flora e fauna nunha pequeña illa… A paisaxe está esnaquizada ecoloxicamente. En tempos, Cíes non tiña vexetación apenas, ata que ‘chegaron’ os eucaliptos e acacias nos 50. Como dicía, hoxe pensamos que Cíes é un paraíso natural só por comparación co resto.

Espazo natural/ Miguel Núñez

P- Que opina entón do coñecido dito de que Rodas (nas Illas Cíes) é a mellor praia do mundo?

R- Un xornalista de The Guardian dixo que o era… Que pasa, se agora outro di que os galegos somos parvos, dámolo por certo tamén, asumirémolo do mesmo xeito ou só o facíamos por interese? Como nos fai quedar ben, falamos como se fora científico.

Cando é unha praia artificial que nace no momento en que se monta unha presa que corta o mar que pasaba entre illas, e vai sedimentando area. As praias de Cíes eran moito máis pequeñas, o mar arrastrábaas, en inverno desaparecían… Agora a que está a piques de desaparecer é a lagoa.

Espazo natural, pobo de O Foxo/ Miguel Núñez

ÚLTIMAS

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Stellantis Vigo espera que o Perte se resolva “a final de mes”

O director da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis, Ignacio Bueno, ve "difícil" superar...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...